NOVAS SEMANAIS

sábado, 21 de decembro de 2013

Publicada no BOE a Lei que devolve un día de libre disposición aos empregados públicos


Hoxe, sábado, 21 de decembro, ven de ser publicado no BOE a Lei de Control da Débeda Comercial. Ésta foi aprobada no Pleno do Congreso  este xoves, e persegue erradicar a morosidade das administracións públicas. Ademáis, inclúe na sua disposición adicional cuarta a devolución aos funcionarios dun dos días de asuntos propios --os chamados 'moscosos'-- que se nos quitou en 2012. Dado que a citada Lei entra en vigor o día seguinte da súa publicación pódese solicitar o seu desfrute, dende xa. CSI-F, sindicato máis representativo entre os empregados públicos pedirá ao Goberno que este día de libre disposición recuperado se poida desfrutar tamén ao longo do 2014.
Preme nas imaxes baixo estas liñas para ver o contido da disposición adicional cuarta:






Ningún comentario:

Publicar un comentario