NOVAS SEMANAIS

domingo, 24 de novembro de 2013

Sergas: Información sobre OPE e traslados facilitada na Mesa Sectorial do 22 de novembro


Transmitimos información facilitada na mesa sectorial do día 22 de novembro en relación cos procesos selectivos e concursos de traslados en tramitación:

OPE de facultativos especialistas (FEAS) convocada polo Decreto 198/2012: na primeira quincena de decembro sacarán a lista definitiva de admitidos; os tribunais nomearanse en xaneiro, e os exames serán no primeiro trimestre de 2014. Para o vindeiro mércores (27 de novembro) está convocada a Comisión Técnica de OPE para o desenvolvemento de instrucións de funcionamento dos tribunais. 

Novas convocatorias:
  • Concurso de traslados para licenciados sanitarios, persoal sanitario diplomado e de formación profesional. Queren publicalo este ano. Para Xestión e Servizos farán outra oferta en 2014. A inscripción farase exclusivamente por FIDES. Son un total de 1670 prazas (vacantes ocupadas a 30 de setembro de 2013.
  • OPE para DUEs e Médicos de Familia de AP. O número total de prazas ofertadas saen de aplicar a taxa do 10% ás prazas vacantes no período desde novembro de 2011 (cando se convocou a OPE de FEAS) ata o 30 de setembro de 2013: 1649 prazas, das que se ofertan 165 prazas, repartidas: 125 de DUE e 40 de M. de Familia. Engadiuse unha disposición adicional pola que as prazas que se oferten serán prazas que quedaron libres tralos traslados. Preveen telo listo para publicar este ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario