NOVAS SEMANAIS

xoves, 14 de novembro de 2013

CSI-F recupera os primeiros "moscosos" para os empregados públicos, tralo anuncio de Montoro



Os funcionarios dependentes do Ministerio de Xustiza gozaranos a partir de mañá

CSI-F considera que é unha medida aínda insuficiente e pide a súa extensión ao conxunto das administracións públicas

Os funcionarios da Administración de Xustiza, dependentes do territorio non transferido e gestionado polo Ministerio recuperarán a partir de mañá tres días de libre disposición (os comúnmente denominados "moscosos"), en compensación polos esforzos realizados durante a crise económica derivados dos recortes e o incremento da carga de traballo, polo déficit de persoal.

CSI-F logrou arrincar este acordo, despois de que o ministro de Facenda anunciase recientemente a vontade do Goberno de devolver os moscosos que se eliminaron o pasado ano pola vía do real decreto.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, desde xa está traballando para estender a recuperación deste dereito a todos e cada un dos empregados públicos deste país no conxunto das administracións (central, autonómica e local) e de todos os sectores afectados polos recortes.

CSI-F forzou este acordo na mesa de negociación do Ministerio de Xustiza, en compensación polo déficit de persoal e a insuficiente convocatoria de oferta pública de emprego. Estes días non serán acumulables ás vacacións, poderanse gozar a conveniencia dos interesados ao longo do ano natural e a súa concesión estará supeditada ás necesidades de servizo.

Trátase dun primeiro paso na recuperación dos dereitos perdidos, sen dúbida insuficiente, polo que CSI-F seguirá traballando para estender esta medida ao conxunto dos empregados públicos do Estado, incluído desde logo, as comunidades autónomas con competencias en materia de Xustiza.

Ao longo desta semana, CSI-F vai presentar diferentes escritos nos órganos correspondentes das comunidades autónomas para que recoñezan tamén os tres "moscosos". De feito, CSI-F xa obtivo o compromiso de estender estes días libres na Comunidade Valenciana.

CSI-F reclama ao Goberno que siga o exemplo do acordo alcanzado co Ministerio de Xustiza e convoque á Mesa Xeral das Administracións Publicas para iniciar o proceso de recuperación paulatina dos dereitos laborais, como a paga extra de Nadal, o resto dos días de libre disposición ou a eliminación dos descontos na nómina por baixa médica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario