NOVAS SEMANAIS

luns, 10 de setembro de 2012

Rotundo éxito da manifestación do 8 de setembro en Santiago


O sábado 8 de setembro, milleiros de cidadans manifestámonos en Santiago, na defensa dos servizos públicos i en contra dos recortes de dereitos. Unha vez máis a resposta foi exemplar e evindeciu o divorcio entre as políticas dos gobernos  e o sentir da cidadanía. Aqueles que ainda non entenderon que a solución a esta crise non pasa por rematar con trinta anos de conquistas sociais son demasiado soberbios. Non teñen amplitude de miras para entender que hai outras políticas que poden facer que o precio desta crise non recaía nos máis desfavorecidos. Os servizos públicos sempre foron garantía de equidade e xustiza redistributiva. Hoxe, tanto aqueles coma os principios que os inspiran están en perigo. Por elo, máis que nunca, é necesario que saiban que ninguén nos vai parar na sua defensa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario