NOVAS SEMANAIS

martes, 4 de setembro de 2012

Asembleas 6 de setembro no CHUVI: Paralización novo hospital, recortes, mobilizacións.

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, na su xuntanza de hoxe, acordou convocar asembleas informativas para informar da situación na que se atopa a construcción do novo hospital de Vigo . Ao mesmo tempo darase conta das  novas mobilizacións a levar a cabo en contra dos recortes que estamos a sufrir. Finalmente, tamén se decidiu convocar conxuntamente coa plataforma SOS Galicia unha manifestación o día 3 de outubro, en Vigo, para denunciar as mentiras, os recortes e a privatización do novo hospital de Vigo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario