NOVAS SEMANAIS

mércores, 12 de setembro de 2012

A sanidade española segue en declive segundo o Indice de Consumidores da Sanidade Europea

O 15 de maio de 2012 publicouse o Índice de Consumidores da Sanidade Europea, a posición de España neste ranking ven empeorando dende o ano 2005. Este índice realiza un ranking de 34 sistemas nacionais de sanidade de toda Europa en relación con cinco áreas clave para a saúde do consumidor: Os dereitos e a información dos pacientes, tempos de espera para tratamentos, resultados, prevención/variedad e alcance dos servizos proporcionados e productos farmacéuticos. 
Para o responsable do equipo do EHCI 2012 a crise económica é demasiado recente para poder explicar o continuo deterioro da sanidade española. O principal motivo dos largos tempos de espera non é a falta de recursos, senon unha cuestión de actitudes e organización. Por outra banda, a sanidade española carece de transparencia e de participación dos pacientes. A pesar de tratarse dun sistema que conta con financiación pública, a desigualdade está aumentando e o acceso ao cuidado bucodental ou á vacuna tetravírica é mediocre. O feito de que España encabece a lista en canto ao atrasplante de órganos, non compensa os muitos puntos débiles do tratamento sanitario. Amplia esta información no seguinte enlace: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario