NOVAS SEMANAIS

martes, 1 de abril de 2014

O Decreto de Xestión Clínica é contrario ao ordenamento xurídico

No informe que Consello Consultivo de Galicia entregou  ao goberno  o 23 de xaneiro  afirma de forma rotunda o seguinte:

 “O Pleno do Consello, por unanimidade dos seus membros con dereito a voto, ditamina que o proxecto de decreto polo que se regulan as AXC do Sergas resulta contrario ao ordenamento xurídico”.

ANTECEDENTES:

Según consta no ditamen do citado organismo, “Con data 20 de decembro de 2013, tivo entrada no Consello Consultivo escrito do señor presidente da Xunta solicitando a emisión do preceptivo ditame polo trámite de urxencia sobre o proxecto de decreto polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde”.

Para que o sepades, o Consello Consultivo é un órgano de carácter técnico xurídico, “ao servizo das administracións públicas e ten como fin último velar pola legalidade dos actos e as disposicións administrativas”. Ainda que as súas decisións non son vinculantes resulta abraiante que o goberno galego non tivese en conta o seu ditame e as súas consideracións.

E nós preguntámonos: por qué a Xunta non acatou o informe contrario do Consello Consultivo? Por qué aprobaron este decreto sen ter en conta as achegas da CSIF e os outros sindicatos?

A continuación deixámosvos algunhas das consideracións máis importantes que se recollen no ditame emitido polo Consello Consultivo:
*       Rexeita o mecanismo de incentivación (plus que a Consellería de Sanidade lles pagará aos médicos por aforrar), xa que -afirma o texto- “a regulación destes mecanismos non resulta suficientemente clara..., e podería interpretarse que se terán en conta unicamente indicadores relativos á eficiencia na utilización dos recursos, cando o obxectivo primordial deste novo modelo sería, de acordo co indicado no preámbulo da norma, a mellora dos resultados en saúde da poboación".

*   Pronúnciase en contra da designación do director polo procedemento de libre designación. Según o ditame “sería máis preciso indicar que o director será designado libremente entre o persoal da propia área de xestión, logo dunha convocatoria pública, na que se fixarán os requisitos e criterios para a súa selección”. 

*       Advirten un certo grao de indefinición do sistema e de falta de claridade nalgunha das súas previsións, que poden suscitar dúbidas sobre a afectación final que este novo modelo de xestión dos servizos sanitarios pode producir na estrutura organizativa do sistema, cuestión á que fan referencia moitas das alegacións efectuadas polas organizacións representativas dos profesionais sanitarios.


*       Bótase a faltar que para a autorización das áreas de xestión clínica non sexa necesaria a avaliación das vantaxes e inconvenientes que esta estrutura poida ter para os pacientes, a diferenza do establecido noutras comunidades autónomas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario