NOVAS SEMANAIS

sábado, 29 de marzo de 2014

A devolución do “moscoso" vai na dirección correcta pero é "claramente insuficiente"

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, valorou hoxe de xeito positivo a devolución dun día de libre disposición adicional anunciada polo ministro de Facenda. Este anuncio vai na boa dirección, demostra que o Goberno está rectificando unha medida inxusta e ineficaz, pero é insuficiente, tendo en conta os recortes que sufriron os empregados públicos desde 2010, cando comezou a crise económica.

Neste sentido, CSI-F dirixiu unha carta ao presidente do Goberno e ao ministro de Facenda reclamando a reactivación do diálogo social nas administracións públicas, tal e como foi anunciado a nivel xeral Chegou a hora de dar carpetazo aos recortes e establecer unha folla de ruta para recuperar, de xeito paulatino, os dereitos perdidos, de xeito paralelo ao cambio de ciclo económico que segundo o Goberno xa iniciou o país.
Nesta folla de ruta, debería incluírse a recuperación de todos os días de libre disposición eliminados, a recuperación do poder adquisitivo e a paga extra de Nadal de 2012, en liña coas sentenzas xudiciais que se están producindo en todo o Estado, así como eliminar os descontos na nómina por baixa médica. Ademais, o Goberno debe impulsar un plan de recursos humanos para reforzar os persoais e os servizos públicos alí onde sexa necesario.
Si o Goberno quere agradecer aos empregados públicos o sacrificio realizado, no canto de realizar anuncios puntuales e con conta pingas, debe convocar a mesa de negociación cos representantes dos traballadores e planificar a devolución destes dereitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario