NOVAS SEMANAIS

venres, 27 de setembro de 2013

Actualización periódica de listas contratación Sergas: Límite 15 de outubro

Recordámosvos que ata o 15 de outubro  pódese proceder a actualización periódica de listas de selección  temporal  no  ámbito  do  Servizo  Galego  de  Saúde  entidades adscritas  á  Consellea  de Sanidade.

Neste ano 2013 pódense actualizar as listas das seguintes categoas:


•    Técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía.

•    Técnico superior en hixiene bucodental.

•    Técnico superior en laboratorio de diagnóstico cnico.

•    Técnico superior en imaxe para o diagnóstico cnico.

•    Técnico superior en radioterapia.

•    Persoal de servizos xerais (PSX).

•    Grupo auxiliar da función administrativa.

•    Celador.

•    Enfermea.

•    Matronas.


As persoas aspirantes que figuren na relación definitiva de admitidos dunha categoa nas últimas listas en vigor,  noterán  a obriga  de formalizar  unha  nova  inscrición  para participar  no seguinte  proceso  de xeración de listas que se efectúe.

Seguendo o procedemento establecido os aspirantes poderán modificar as condicións de participación no proceso de selección nos apartados de área/zona de inscrición, tempo parcial, curta duración e/ou áreas especiais, e para que sexan efectivas terán que facelo antes do 15 de outubro.

Toda  información  sobre  as  bases  do  procedemento  de  actualización,  os  supostos  de  inscrición,  a formalización  da primeira  inscrición,  o aboamento  das tasas,  os requisitos,  o acceso  polquenda  da promoción interna, poderédelas atopar na resolución publicada no DOG, dispoñible na seguinte ligazón: consulta a resolución


Ningún comentario:

Publicar un comentario