NOVAS SEMANAIS

luns, 8 de abril de 2013

CSI-F reclama ao Goberno que tome nota do Constitucional portugués e devolva a paga extra confiscada aos empregados públicos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) reclamou hoxe ao Goberno que tome boa nota da decisión adoptada polo Tribunal Constitucional de Portugal e devolva a paga extra confiscada aos empregados públicos españois o pasado mes de decembro.

CSI-F manifestou a súa satisfacción pola sentenza do alto tribunal portugués desde a confianza en que os tribunais españois tamén darán a razón aos empregados públicos do noso país nas diferentes reclamaciones presentadas.
En boa parte, os argumentos esgrimidos polos sindicatos españois veñen recollidos na sentenza do tribunal portugués, dado que a retirada da paga extra vulnera o principio de igualdade á hora de afrontar os sacrificios nas medidas adoptadas para a saída da crise, como ocorreu en España.

De feito, atendendo ás razóns dos sindicatos, a Audiencia Nacional elevou unha cuestión de inconstitucionalidade contra o decreto de recortes do Goberno, neste caso, porque as medidas aplicadas polo Executivo vulneran as garantías constitucionais que impiden aplicar unha norma con carácter retroactivo e confiscatorio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario