NOVAS SEMANAIS

luns, 29 de abril de 2013

A destrución de emprego público reduce o persoal da Administración a niveis de 2005

CSIF esixe un plan de recursos humanos para evitar o colapso da Administración
A ocupación no sector público diminuíu en 71.400 persoas durante o primeiro trimestre do ano, continuando a tendencia á destrución de postos de traballo iniciada desde 2008, cando comezou a crise, segundo os datos da derradeira  Enquisa de Poboación Activa publicada, correspondentes ao primeiro trimestre do ano.
Se se observa a variación interanual, comprobamos que a evolución é aínda máis dramática. No último ano destruíronse 258.300 empregos públicos, un 8,32 por cento menos respecto ao mesmo periodo do ano anterior, o que sitúa a ocupación ao mesmo nivel que no mesmo trimestre de 2005.
A destrución de emprego respecto ao ano pasado multiplicouse por tres (no primeiro trimestre de 2012 destruíronse 81.800 postos de traballo) e xa é máis do dobre que a destrución de emprego no sector privado (-8.32 fronte ao 3.77). A destrución de emprego débese fundamentalmente á amortización de prazas (empregados públicos que se xubilan sen que se cubra o seu posto) e polo despedimento encuberto de miles de interinos, fundamentalmente no sector do ensino e o da sanidade.
Neste sentido, a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) denuncia un plan premeditado para cambiar o modelo de administración, deixándoa caer polo seu propio peso e externalizando os servizos estructurales á empresa privada: sanidade, hostelería, condutores, ordenanzas, limpeza.
Todo iso únese á caza de bruxas que sufriron os empregados públicos nas súas carnes durante os últimos anos, co recorte das súas condicións laborais e unha inxusta campaña de desprestixio.
Por isto, CSI-F emplaza ao Goberno a impulsar un plan de recursos humanos, antes de que sexa demasiado tarde. A Administración atópase ao bordo do colapso e nos próximos anos, o sistema farase insostenible, dado que o 50 por cento dos empregados públicos da AGE son maiores de 50 anos e un de cada dez supera xa os 60.
No caso concreto da AGE, a falta de efectivos afecta á maioría dos organismos e de xeito especial, a algúns que realizan as súas tarefas cara ao público, como son o SEPE, o Fogasa e o Imserso.
Os dous primeiros, en moitos casos, tratan con persoas con serios problemas pola desesperación que leva consigo a situación de desemprego, mentres que o Imserso viu seriamente mermado a súa calidade asistencial pola redución de efectivos.
CSI-F esixe canto antes un pacto de Estado en materia de Administracións Públicas. É preciso realizar un diagnóstico obxectivo e planificado dos recursos humanos para determinar as necesidades dos servizos, unha convocatoria urxente de emprego público; evaluar o desempeño e promover a consolidación dos postos e a carreira profesional. 

As recentes cifras de déficit e os datos de desemprego demostran que as políticas do Goberno están equivocadas. Para CSI-F, os responsables da crise son os bancos e o malgasto realizando en infraestructuras, gastos superfluos, asesores e empresas públicas para colocar persoas afins aos políticos.
En contra do que nos queren facer ver, o gasto nos servizos que demandan os nosos cidadáns é necesario. Os servizos públicos xeran riqueza, emprego e calidade de vida aos cidadáns; pola contra, os gastos superfluos xeran débeda e colocáronnos na situación que todos coñecemos. Nestes momentos España gástase infinitamente máis en pagar os intereses da débeda que nos soldos dos nosos empregados públicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario