Comisión de Centro CHUVI
Area
Sanitaria de Vigo
A
TODOS OS TRABALLADORES DO CHUVI
Dende
a Comisión de Centro do CHUVI queremos informar do seguinte :
- Entre a C.Centro e a Xerencia mantivemos dúas reunións , a última delas onte mércores 17 na cal se asinou o Documento para Asignación/Redistribución de postos de traballo con motivo do cambio da Estructura Hospitaria ( aplicable a todos os colectivos) , co obxectivo de respetar os dereitos das plantillas con consolidación de posto de traballo , polo que se fará un proceso extraordinario e previo de concurso PREVIO a o C. de Mobilidade Interna
- En relación a o colectivo de celadores clarificar que :
- A dirección non cumpre o compromiso de darnos o listado da plantilla completa
- Que temos a distribución de postos de traballo / centro e servizos que queda como vedes:
- Que informan que os celadores que teñen contrato de servizo determiñado ( 30 ) serán cesados polo traslado a o NHV , e que dous destes ocos se reconvirten en dúas interinidades
- Informan tamén a Dirección que as reclasificacións das plantillas dos servizos que se privatizan se farán de xeito aulatino e pendentes da autorización da C.Facenda
- Que sabemos que entre a Dirección da EOXI-Vigo e a Concesionaria Privada , teñen reunións todos os venres e polas presións exercidas pola C.Centro , mañán falarán do tema do parking
- Dende a Comisión de Centro informarvos tamén que temos un cronograma de xuntanzas entre a Xerencia e a parte social todos os mércores ás 12,30 horas , polo que se queredes podedes trasladarnos todas vosas inquedanzas para tratalas oportunamente
RECORDARVOS
QUE TEMOS MANIFESTACIÓNS OS DÍAS 23 e 30 ás 11,00 h dende ENTRADA
PRINCIPAL do H.XERAL co MESMO PERCORRIDO que a ANTERIOR
Vigo
, a 18 de xuño 2015
Ningún comentario:
Publicar un comentario