Dende hoxe, 3 de decembro, e ata o 2 de xaneiro de 2015, podes formalizar a tua solicitude para participar no concurso de traslados de personal de xestión e servizos.
Publicada no DOG do 2 de decembro a RESOLUCIÓN do 19 de
novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca
concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal
estatutario de xestión e servizos, así como as bases e baremo de méritos
que rexerán a convocatoria
SOLICITUDES: A formalización das solicitudes de
participación así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración
será efectuada polas persoas concursantes a través do currículo do profesional
habilitado electronicamente (FIDES/expedient-e), ao que se accederá na forma
que se indica no anexo VI.
PRAZO: O prazo de inscrición será dun mes
contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario
Oficial de Galicia. Iniciaras o mércores 3 de decembro e finalizará o 2 de xaneiro
de 2015, ambos incluídos.
MÉRITOS: Serán valorados unicamente os
méritos causados polo concursante ata o día inmediatamente anterior, inclusive,
ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario
Oficial de Galicia. En caso de empate na puntuación final, resolverase a
favor do concursante que acredite máis tempo traballado como persoal
estatutario fixo nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. De
persistir o empate resolverase a favor do concursante que acade a maior
puntuación no punto de experiencia profesional. Por último, decidirá a maior
idade.
Co obxecto de facilitar a selección de prazas polos
profesionais en situación de reingreso provisional incorporouse o campo de
“área sanitaria” como información adicional nos Anexos III e IV “ Prazas
ofertadas por categoría” e “Centros nos que poden existir prazas a
resultas”.
Para
efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación a este
procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico concurso.traslados@sergas.es
Podedes
consultar toda a información da convocatoria, as bases e as prazas, no seguinte
enlace: Convocatoria concurso de traslado
Ningún comentario:
Publicar un comentario