A CSI•F, sindicato máis representativo no conxunto das Administracións Públicas, está a promover en Galicia así como no resto das CC.AA unha campaña de comunicación para reivindicar o papel fundamental que xogan os empregados públicos na prestación de servizos e no funcionamento do noso Estado do Benestar.
Baixo o lema “Estou X ti”, CSI•F pretende ademais dignificar a imaxe e facer fronte ás mensaxes de desprestixio emprendidas por diferentes sectores de opinión contra todos os traballadores e traballadoras do sector público dende o comezo da crise económica.
Así, ao longo destes últimos anos púxose en dúbida a función, a profesionalidade e o volume do cadro de empregados públicos para xustificar os recortes económicos e laborais para con este colectivo. Consecuencia destas actuacións, levamos padecendo a perda de recursos humanos e o enorme deterioro dos servizos fundamentais como a sanidade, a educación e a xustiza, entre outros.
Por iso, dende CSI•F Galicia buscamos a vosa complicidade e o voso apoio nesta tarefa da defensa do público, mediante a difusión deste vídeo ao que podes acceder a través do seguinte enlace: http://www.csi-f.es/ content/video-campana-estou-x- ti
POR FAVOR, COLABORA E PARTICIPA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS MEDIANTE O ENVÍO MASIVO DESTE CORREO AOS TEUS COMPAÑEIROS/AS DE TRABALLO, AMIGOS/AS E FAMILIARES ASÍ COMO NA SÚA DIFUSIÓN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS.
-- CSI•F, DENDE SEMPRE E PARA SEMPRE, DEFENDENDO O PÚBLICO --
Ningún comentario:
Publicar un comentario