NOVAS SEMANAIS

mércores, 17 de xuño de 2015

CSI-F rexeita o proxecto de implantación das Unidades Clínicas de Xestión do SNS

O Comité Executivo Nacional do Sector de Sanidade de CSI-F, en xuntanza do 10 de xuño do 2015, rexeitou o proxecto de Real Decreto de implantación das Unidades Clínicas de Xestión dos Servizos de Saúde.

O proxecto de Real Decreto é unha proposta non consensuada nin participada na sua elaboración polos lexítimos representantes dos traballadores, xa que non foi sometido á audiencia das Organizacións Sindicais.

CSI-F oponse, ademais, pola experiencia negativa que supon a futura privatización encuberta que enmascara a creación de Unidades de Xestión Clínica ao amparo da suposta autonomía de xestión e económica do novo modelo, baseado nos principios de eficacia e de efectividade, non coñecidos nas experiencas actuais ; e que, pola contra sí priva aos traballadores dos seus representantes sindicais e das melloras das condicións laborais e económicas que se conseguiron ao longo dos anos. 

CSI-F tamén rexeita este proxecto de Real Decreto, entre outras cousas,  porque:
  • Favorece a competencia e a non cooperación, que é clave na continuidade asistencial.
  • Desaparecen os criterios básicos de xestión pública: Niveis de saúde de calidade e satisfacción para todos, non de rendibilidade e de aforro.
  • Desaparece o criterio básico de equidade social da Administración Pública ao non garantizarse a accesibilidade en condicións de igualdade para todos.
  • Os incentivos básanse no aforro e non na busca da calidade e da mellora do Servizo.
  • Postúlase como positivo un maior compromiso dos profesionais e unha maior autonomía, sen embargo, a realidade da experiencia das Unidades de Xestión Clínica das CCAA onde xa funcionan dinos que iso é falso.
  • Muda a relación xurídica do Personal Estatutario cara unha relación laboral.


Por todo o antedito, CSI-F REXEITA NA SUA TOTALIDADE O DOCUMENTO DE UNIDADES DE XESTIÓN CLÍNICA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario