NOVAS SEMANAIS

sábado, 22 de novembro de 2014

Taller de manexo de inhaladores: O 3 de decembro segunda edición para DUE.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios, CSI-F, sindicato mais representativo dos empregados públicos, organiza unha nova edición do Taller de Manexo de Inhaladores para Diplomados/as en Enfermería. Ésta terá lugar o día 3 de decembro, de 16,30 a 20,30 horas en Vigo.
O lugar de celebración será a a Aula de Formación da XAP de Vigo, na Rúa Rosalía de Castro, 21-23, planta 7. 
Está acreditado con 1 crédito polo sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.
O número de prazas ofertadas é un máximo de 20, e a preinscripción pode facerse ata o 26 de novembro.  
Máis información nos teléfonos 667517706 e 620771408.
Preme na seguinte ligazón para acceder ao programa e a folla de inscripción: Taller manexo inhaladores

Ningún comentario:

Publicar un comentario