NOVAS SEMANAIS

luns, 20 de xaneiro de 2014

Concurso de traslados de Facultativos Especialistas de Área: Publicada no DOG Resolución definitiva

Hoxe, 20 de xaneiro, ven de ser publicada no DOG  a RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado por Resolución do 10 de maio de 2012.
Podes consultala na seguinte ligazón:
Resolución concurso traslados Facultativos Especialistas de Área

Segundo as Instruccións enviadas polo Servizo Galego de Saúde, o cesamento do persoal adxudicatario producirase de oficio o último día hábil do prazo establecido para o cesamento, (tres días hábiles a partir da publicación no DOG). A partir do día seguinte ao do cesamento comenza a contar o prazo de toma de posesión, tres días hábiles se se trata da mesma área, quince días hábiles se é noutra área ou un mes se a praza desempeñada correspondía a outro servizo de saúde.

Podes consultar as instrucción na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario