NOVAS SEMANAIS

martes, 2 de xullo de 2013

TCAE: listas definitivas de admitidos/excluidos e baremación provisional.


Hoxe,  martes día 2 de xullo, ven de ser publicado no DOG a Resolución  do 25 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.
Podes consultala na seguinte ligazón: Resolución listas TCAE
As listas definitivas de excluídos/as e a lista definitiva de admitidos/as coa asignación da puntuación provisional e mais o número de orde acadados atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en «Fides/expedient-e/sección de procesos».


Ningún comentario:

Publicar un comentario