NOVAS SEMANAIS

martes, 25 de xuño de 2013

CSI-F esixe a apertura inmediata de negociación

CSI-F reclama unha reunión urxente da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas para abordar a reforma.
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) reclamou hoxe unha convocatoria urxente da Mesa Xeral das Administracións Públicas para coñecer de primeira man o informe sobre a reforma que prepara o Goberno e garantir os dereitos os empregados públicos.

A fusión e extinción de organismos prevista na reforma das Administracións Públicas provocará, de entrada, o despedimento de persoal eventual. O resto de persoal, tratará de ser recolocado noutros destinos do conxunto das Administracións Públicas, ata noutra comunidade autónoma e no caso de que non sexa posible a súa estabilidade queda no aire.
CSI-F considera que os empregados públicos xa cubriron o coubo de despedimentos (máis de 370.000 no último ano e medio) polo que non aceptará unha nova volta de tuerca con esta medida, incluída a reforma da Administración Local que engade un novo hándicap á estabilidade de decenas de miles de laborais empregados públicos da administración local.

CSI-F recorda que detrás das cifras están os rostros con nomes e apelidos de miles de empregados públicos e non é de recibo que unha medida desta natureza se anuncie desde a mesa do Consello de Ministros, sen negociala cos representantes dos traballadores.

O sindicato lamenta que o Goberno aínda non traslade as liñas da súa reforma aos sindicatos e pola contra si que o fixo aos medios de comunicación, onte mesmo, nunha reunión no Palacio da Moncloa. Esta actitude está xerando preocupación e indefensión no colectivo de empregados públicos deste país que se han ter que decatar polas noticias de cuestións básicas que afectan ás súas condicións de traballo e ao seu futuro profesional.

Ante esta situación, CSI-F entende que se deben convocar as mesas de negociación cos representantes dos traballadores en todos os ámbitos do Estado para evitar a súa indefensión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario