NOVAS SEMANAIS

xoves, 30 de maio de 2013

CSI-F: "O Goberno nunca nos debeu arrebatar a paga extra e débea devolver canto antes"

O Tribunal Constitucional estudará si foi legal a medida do Goberno
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, felicitouse hoxe da decisión do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade contra a supresión da paga extra aos empregados públicos en 2012.
Para CSI-F, a decisión do alto tribunal constata as xustas reivindicacións dos empregados públicos contra unha medida de carácter confiscatorio e xa que logo inxusta e de dubidosa aplicación, tal e como sinalou tamén a Defensora do Pobo nunha recente resolución.
O Goberno nunca debeu suprimir a paga extra de xeito retroactiva e non debe perder máis tempo en sentarse a negociar cos sindicatos para determinar as canles para a súa devolución, porque cada día que pasa medra o agravio cara a un colectivo injustamente maltratado desde o comezo da crise.
De feito, o pasado 7 de maio, as centrais sindicais ofreceronse a negociar a devolución para evitar que os múltiples contenciosos iniciados en toda España colapsen o funcionamento da xustiza e supoñan un custo engadido ao Estado. CSI-F, no ámbito da súa responsabilidade, non vai parar ata que os empregados públicos recuperen o cento por cento da paga extra, ata o último euro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario