luns, 30 de novembro de 2015

OPE Técnicos y Diplomados SERGAS

Infórmanos o SERGAS que está previsto que mañá se publique no Diario Oficial de Galicia a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega no concurso oposición das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior e hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia.

O prazo de reclamación é de dez días hábiles e finaliza o próximo 14 de decembro.
 

martes, 6 de outubro de 2015

CSI-F agarda que o cambio en Sanidade supoña un cambio da política sanitaria da Xunta

CSI-F confía en que o cambio en Sanidade supoña un cambio das políticas sanitarias da Xunta e non só un cambio de caras.

O sindicato cre que si Feijóo “escoitou á sociedade”, como di, debe dar marcha atrás na privatización do sector.

Desde a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) valoramos positivamente a destitución de Rocío Mosquera como conselleira de Sanidade. Era unha reclamación de gran parte dos usuarios da Sanidade Pública e dos colectivos sanitarios, cos que conseguiu enfrontarse pola sua pésima dirección e escaso diálogo. A posta en marcha do novo hospital de Vigo, que conseguiu unir a máis de 200.000 persoas contra a privatización da xestión sanitaria, foi só a pinga que colmou o vaso dunhas políticas públicas caracterizadas por importantes recortes en servizos permanentes, como a hemodinámica e a radioloxía no HULA de Lugo como exemplos máis mediáticos, e en persoal.

CSI-F espera que a sustitución de Rocío Mosquera por Jesús Vázquez Almuíña supoña non só un cambio de caras, senón tamén un cambio das políticas sanitarias da Xunta de Galicia, de forma que se paralice a súa paulatina privatización e se defénda e invista realmente nunha sanidade pública de calidade.

O sindicato profesional confía en que a experiencia na xestión sanitaria do novo conselleiro facilite o diálogo cos sindicatos de forma que se poidan reconducir tanto os temas relativos á xestión do día a día da sanidade como servizo público fundamental, como aqueles temas relativos ás relacións laborais.

A central sindical cre que a rectificación das políticas adoptadas ata agora debe ser o camiño a seguir si, tal e como di o presidente Alberto Núñez Feijóo na súa explicación sobre a crise de Goberno, esta débese a que "escoitou á sociedade" e máxime sendo un presidente "que quere seguir tendo o apoio maioritario da sociedade galega e seguir interpretando ao sector maioritario de Galicia".

venres, 18 de setembro de 2015

RECUPERACIÓN DO 26,23 POR CENTO DA PAGA EXTRA

O día 15 de setembro de 2015, na MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DE EMPREGADOS PÚBLICOS, presentouse a Proposta de anteproxecto de Lei sobre a recuperación para o persoal ao servizo do sector público autonómico de Galicia do 26,23 por cento dos importes deixados de percibir da paga extraordinaria de decembro de 2012 por aplicación do Real decreto lei 12/2012.
Tamén se falou dos días de libre disposición e vacacións adicionais.
Toda información na seguinte ligazón: Proposta recuperación paga extra

xoves, 10 de setembro de 2015

CADRO RESUMO DAS MEDIDAS DE SELECCIÓN TEMPORAL CATEGORÍAS RECLASIFICADAS

CADRO-RESUMO DAS MEDIDAS DE SELECCIÓN TEMPORAL
(Plan de Ordenación Recursos Humanos EOXI VIGO)
(Medidas adoptadas na Comisión Central de Seguimento do Pacto de data 4 de setembro de 2015)
CATEGORÍAS INCLUIDAS
PINCHE
COCIÑEIRO/A
LAVANDEIRO/A
PASADOR/A DE FERRO
LIMPADOR/A
COSTUREIRO/A
PROCESO ORDINARIO DE XERACIÓN DE LISTAS
Os/as admitidos/as nalgunha destas listas da área de Vigo (Selección temporal ou Promoción Interna) deberán inscribirse en FIDES ata o 15 de outubro de 2015 se desexan formar parte das novas listas, coas seguintes particularidades:
PINCHE
Poderá inscribirse en CELADOR/A VIGO máis PINCHE ÁREA LIMÍTROFE (Pontevedra, Ourense ou Santiago)
* OPCIÓN ACTUALMENTE DISPOÑIBLE EN FIDES
COCIÑEIRO/A
Poderá inscribirse en COCIÑEIRO/A en calquera Área.
*OPCIÓN ACTUALMENTE DISPOÑIBLE EN FIDES

LAVANDEIRO/A
PASADOR/A DE FERRO
Pode inscribirse en CELADOR/A VIGO
*OPCIÓN ACTUALMENTE DISPOÑIBLE EN FIDES

Habilitarase prazo no DOG para inscrición como lavandeiro/a e pasador/a de ferro en ÁREA LIMÍTROFE (Pontevedra ou Santiago)
*OPCIÓN DISPOÑIBLE DESDE PUBLICACIÓN EN DOG ata o 15 de outubro de 2015
LIMPADOR/A
Poderá inscribirse en CELADOR/A VIGO
*OPCIÓN ACTUALMENTE DISPOÑIBLE EN FIDES
Con efectos da data de reclasificación integraranse automaticamente, sen necesidade de inscrición e coa mesma puntuación, nas LISTAS da categoría de Limpador/a, Costureiro/a na ÁREA DE PONTEVEDRA.
Efectos:
RENUNCIA a chamamento NON penalizable
COSTUREIRO/A
Poderá inscribirse en GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA VIGO
*OPCIÓN ACTUALMENTE DISPOÑIBLE EN FIDES
  • EFECTOS:

  1. Os servizos prestados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo na categoría RECLASIFICADA valoraranse como servizos prestados na categoría de RECLASIFICACIÓN aos aspirantes que se inscriban nas listas desta última categoría-área de Vigo.
  2. NOTA OPE: Valorarase a nota acadada na OPE 2009 na mesma categoría á que opta.
  3. Aqueles/as aspirantes que NON formalicen a súa inscrición en FIDES ata o 15 de outubro de 2015, NON CONSTARÁN ADMITIDOS/AS na nova lista.



TRANSITORIAMENTE, desde a data de efectos da reclasificación ata a publicación da lista definitiva do proceso ordinario de xeración, procederase de oficio, á integración das persoas aspirantes admitidas na lista de cada unha das categorías reclasificadas na correspondente á categoría de reclasificación do mesmo ámbito territorial.

FECTOS
Coa mesma puntuación obtida na lista definitiva da categoría reclasificada EXCEPTO OPE
RENUNCIA a chamamento NON PENALIZABLE



sábado, 5 de setembro de 2015

3 de setembro: Dende Vigo, gracias a todos


Dende a Central Sindical Independente e de Funcionarios queremos darvos as gracias  a todos aqueles que  participastes  na histórica manifestación do día 3 de setembro,  a todos aqueles que, non poidendo estar presentes, fixestesnos chegar  o voso apoio,  e a todos aqueles que  defendedes  a protección da saúde como un dereito de todos os cidadáns e o sistema sanitario público como o mellor garante do mesmo.

xoves, 18 de xuño de 2015

Traslado novo hospital: Nota informativa da xuntanza comisión centro CHUVI -XXI de Vigo


Comisión de Centro CHUVI
Area Sanitaria de Vigo


A TODOS OS TRABALLADORES DO CHUVI

Dende a Comisión de Centro do CHUVI queremos informar do seguinte :

  1. Entre a C.Centro e a Xerencia mantivemos dúas reunións , a última delas onte mércores 17 na cal se asinou o Documento para Asignación/Redistribución de postos de traballo con motivo do cambio da Estructura Hospitaria ( aplicable a todos os colectivos) , co obxectivo de respetar os dereitos das plantillas con consolidación de posto de traballo , polo que se fará un proceso extraordinario e previo de concurso PREVIO a o C. de Mobilidade Interna

  1. En relación a o colectivo de celadores clarificar que :

  • A dirección non cumpre o compromiso de darnos o listado da plantilla completa
  • Que temos a distribución de postos de traballo / centro e servizos que queda como vedes:


  • Que informan que os celadores que teñen contrato de servizo determiñado ( 30 ) serán cesados polo traslado a o NHV , e que dous destes ocos se reconvirten en dúas interinidades

  1. Informan tamén a Dirección que as reclasificacións das plantillas dos servizos que se privatizan se farán de xeito aulatino e pendentes da autorización da C.Facenda
  2. Que sabemos que entre a Dirección da EOXI-Vigo e a Concesionaria Privada , teñen reunións todos os venres e polas presións exercidas pola C.Centro , mañán falarán do tema do parking
  3. Dende a Comisión de Centro informarvos tamén que temos un cronograma de xuntanzas entre a Xerencia e a parte social todos os mércores ás 12,30 horas , polo que se queredes podedes trasladarnos todas vosas inquedanzas para tratalas oportunamente


RECORDARVOS QUE TEMOS MANIFESTACIÓNS OS DÍAS 23 e 30 ás 11,00 h dende ENTRADA PRINCIPAL do H.XERAL co MESMO PERCORRIDO que a ANTERIOR



Vigo , a 18 de xuño 2015

23 de xuño: Manifestación contra o peche de camas e os recortes.


O martes 23 de xuño, movilizámonos de novo, contra os recortes en sanidade e para amosar o noso rexeitamento ao peche de camas. Agardamosvos a todos.


Acordo asignación/redistribución postos de traballo novo hospital de Vigo

A Comiisón de Centro do CHUVI e maila Xerencia de Xestión Integrada asinaron no día de onte o Acordo para a asignación/redistribución de postos de traballo, por mor da apertura do novo hospital de Vigo.



guinte ligazon:

mércores, 17 de xuño de 2015

CSI-F rexeita o proxecto de implantación das Unidades Clínicas de Xestión do SNS

O Comité Executivo Nacional do Sector de Sanidade de CSI-F, en xuntanza do 10 de xuño do 2015, rexeitou o proxecto de Real Decreto de implantación das Unidades Clínicas de Xestión dos Servizos de Saúde.

O proxecto de Real Decreto é unha proposta non consensuada nin participada na sua elaboración polos lexítimos representantes dos traballadores, xa que non foi sometido á audiencia das Organizacións Sindicais.

CSI-F oponse, ademais, pola experiencia negativa que supon a futura privatización encuberta que enmascara a creación de Unidades de Xestión Clínica ao amparo da suposta autonomía de xestión e económica do novo modelo, baseado nos principios de eficacia e de efectividade, non coñecidos nas experiencas actuais ; e que, pola contra sí priva aos traballadores dos seus representantes sindicais e das melloras das condicións laborais e económicas que se conseguiron ao longo dos anos. 

CSI-F tamén rexeita este proxecto de Real Decreto, entre outras cousas,  porque:
  • Favorece a competencia e a non cooperación, que é clave na continuidade asistencial.
  • Desaparecen os criterios básicos de xestión pública: Niveis de saúde de calidade e satisfacción para todos, non de rendibilidade e de aforro.
  • Desaparece o criterio básico de equidade social da Administración Pública ao non garantizarse a accesibilidade en condicións de igualdade para todos.
  • Os incentivos básanse no aforro e non na busca da calidade e da mellora do Servizo.
  • Postúlase como positivo un maior compromiso dos profesionais e unha maior autonomía, sen embargo, a realidade da experiencia das Unidades de Xestión Clínica das CCAA onde xa funcionan dinos que iso é falso.
  • Muda a relación xurídica do Personal Estatutario cara unha relación laboral.


Por todo o antedito, CSI-F REXEITA NA SUA TOTALIDADE O DOCUMENTO DE UNIDADES DE XESTIÓN CLÍNICA.