venres, 19 de decembro de 2014

Concurso traslado PSX, grupo administrativo e condutor: Próxima semana publicación corrección erros

Infórmase que está previsto que a próxima semana se publique no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do concurso de traslados de persoal de xestión e servizos que afectará exclusivamente ás categorías de persoal de servizos xerais e grupo administrativo da función administrativa (anexo III) e condutor (Anexo IV). Para estas categorías, e so para estas categorías, ampliarase o prazo de presentación de solicitudes nun mes máis contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Publicado Decreto polo que se aproba a OPE 2014 do Sergas

 
Hoxe publícase no DOG o Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público das categorías seguintes:


Categoría profesional
nº prazas
Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía
7
Fisioterapeuta
5
Logopeda
2
Terapeuta ocupacional
2
Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía
2
Técnico/a superior en Hixiene Bucodental
2
Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico
6
Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico
11
Técnico/a superior en Radioterapia
2
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
64
total…..
103



A resolución completa podedes atopala no seguinte enlace: 

xoves, 18 de decembro de 2014

Publicadas as convocatorias do concurso oposición de enfermeiro/a e médico/a de familia.

Publicada no D.O.G de hoxe, 18 de decembro a RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a e médico de familia.
O prazo de inscrición estará aberto desde o día 19 de decembro ata o 30 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
Podes consultas nas seguintes ligazóns: 



mércores, 3 de decembro de 2014

Concurso de traslados para persoal estatutario de xestión e servizos do SERGAS

Dende hoxe, 3 de decembro,  e ata o 2 de xaneiro de 2015, podes formalizar a tua solicitude para participar no concurso de traslados de personal de xestión e servizos.

Publicada no DOG do 2 de decembro a RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, así como as bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria
SOLICITUDES: A formalización das solicitudes de participación así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración será efectuada polas persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES/expedient-e), ao que se accederá na forma que se indica no anexo VI.
PRAZO: O prazo de inscrición será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Iniciaras o mércores 3 de decembro e finalizará o 2 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
MÉRITOS: Serán valorados unicamente os méritos causados polo concursante ata o día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En caso de empate na puntuación final, resolverase a favor do concursante que acredite máis tempo traballado como persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. De persistir o empate resolverase a favor do concursante que acade a maior puntuación no punto de experiencia profesional. Por último, decidirá a maior idade.
Co obxecto de facilitar a selección de prazas polos profesionais en situación de reingreso provisional incorporouse o campo de “área sanitaria” como información adicional nos Anexos III e IV “ Prazas ofertadas por categoría”  e “Centros nos que poden existir prazas a resultas”.
Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación a este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico concurso.traslados@sergas.es
Podedes consultar toda a información da convocatoria, as bases e as prazas, no seguinte enlace: Convocatoria concurso de traslado

luns, 1 de decembro de 2014

Convocatoria concurso de traslados para persoal de xestión e servizos no DOG.

Está previsto que mañá se publique no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso de traslados das categorías de persoal de xestión e servizos.

O prazo de inscrición iniciarase o 3 de decembro e finalizará o 2 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.

Co obxecto de facilitar a selección de prazas polos/as profesionais en situación de reingreso provisional incorporouse o campo de “área sanitaria” como información adicional nos Anexos III e IV “ Prazas ofertadas por categoría”  e “Centros nos que poden existir prazas a resultas”.