xoves, 12 de xuño de 2014

Publicación notas provisionais OPE Facultativos: Venres, 13 de xuño

Infórmase que está previsto que mañá se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos relativa á publicación da plantilla definitiva de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área e médico de urxencias hospitalarias, convocado por Resolución do 30 de abril de 2013.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes a súa publicación, únicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

mércores, 11 de xuño de 2014

“Estou X ti”



A CSI•F, sindicato máis representativo no conxunto das Administracións Públicas, está a promover en Galicia así como no resto das CC.AA unha campaña de comunicación para reivindicar o papel fundamental que xogan os empregados públicos na prestación de servizos e no funcionamento do noso Estado do Benestar.

Baixo o lema “Estou X ti”, CSI•F pretende ademais dignificar a imaxe e facer fronte ás mensaxes de desprestixio emprendidas por diferentes sectores de opinión contra todos os traballadores e traballadoras do sector público dende o comezo da crise económica. 
Así, ao longo destes últimos anos púxose en dúbida a  función, a  profesionalidade e o volume do cadro de empregados públicos para xustificar os recortes económicos e laborais para con este colectivo. Consecuencia destas actuacións, levamos padecendo a perda de recursos humanos e o enorme deterioro dos servizos fundamentais como a sanidade, a educación e a xustiza, entre outros.

Por iso, dende CSI•F Galicia buscamos a vosa complicidade e o voso apoio nesta tarefa da defensa do público, mediante a difusión deste vídeo ao que  podes acceder a través do seguinte enlace:    http://www.csi-f.es/content/video-campana-estou-x-ti

POR FAVOR, COLABORA E PARTICIPA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS MEDIANTE O ENVÍO MASIVO DESTE CORREO AOS TEUS COMPAÑEIROS/AS DE TRABALLO, AMIGOS/AS E FAMILIARES ASÍ COMO NA SÚA DIFUSIÓN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS.

-- CSI•F, DENDE SEMPRE E PARA SEMPRE, DEFENDENDO O PÚBLICO --

mércores, 4 de xuño de 2014

Concentración o 3 de xuño frente á Consellería de Sanidade contra o maior peche de camas no verán que nunca ten habido.


¿Non sería máis sensato aproveitar estes meses para rebaixar a Lista de Espera, que no caso de Vigo é a maior de Galicia e das máis grandes de toda España?