sábado, 29 de marzo de 2014

A devolución do “moscoso" vai na dirección correcta pero é "claramente insuficiente"

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, valorou hoxe de xeito positivo a devolución dun día de libre disposición adicional anunciada polo ministro de Facenda. Este anuncio vai na boa dirección, demostra que o Goberno está rectificando unha medida inxusta e ineficaz, pero é insuficiente, tendo en conta os recortes que sufriron os empregados públicos desde 2010, cando comezou a crise económica.

Neste sentido, CSI-F dirixiu unha carta ao presidente do Goberno e ao ministro de Facenda reclamando a reactivación do diálogo social nas administracións públicas, tal e como foi anunciado a nivel xeral Chegou a hora de dar carpetazo aos recortes e establecer unha folla de ruta para recuperar, de xeito paulatino, os dereitos perdidos, de xeito paralelo ao cambio de ciclo económico que segundo o Goberno xa iniciou o país.
Nesta folla de ruta, debería incluírse a recuperación de todos os días de libre disposición eliminados, a recuperación do poder adquisitivo e a paga extra de Nadal de 2012, en liña coas sentenzas xudiciais que se están producindo en todo o Estado, así como eliminar os descontos na nómina por baixa médica. Ademais, o Goberno debe impulsar un plan de recursos humanos para reforzar os persoais e os servizos públicos alí onde sexa necesario.
Si o Goberno quere agradecer aos empregados públicos o sacrificio realizado, no canto de realizar anuncios puntuales e con conta pingas, debe convocar a mesa de negociación cos representantes dos traballadores e planificar a devolución destes dereitos.

O ministro de Facenda e Administracións Públicas anuncia a devolución doutro moscoso.

No pleno do Congreso do día 27 e marzo, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, anunciou que devolverá outro día de libre disposición aos funcionarios a través dunha enmenda que o Grupo Popular presentará ao proxecto de lei de Racionalización da Administración, de modo que cando conclúa a tramitación da norma  poderá gozarse dese novo “Moscoso”. 


A previsión é de que o proxecto de lei de Racionalización da Administración non quede aprobado polo menos ata o verán, polo que o Ministerio deberá definir ata cando se pode usar o día recuperado.

Recorda que non se trata de ningún agasallo: estarían devolvéndonos algo que nos quitaron inxustamente.

martes, 25 de marzo de 2014

Nova edición do Taller de Manexo de Inhaladores para TCAE organizado por CSI-F Sanidade


A Central Sindical Independente e de Funcionarios, CSI-F, sindicato mais representativo dos empregados públicos, organiza un Taller de Manexo de Inhaladores para Técnicos en Cuidados Auxiliares de Enfermería (TCAE) o día 10  de abril  de 2014, en horario de 16,30 a 20,30 horas en Vigo.

O lugar de celebración será a  Sala de Formación da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, na Rua Rosalía de Castro, 21-23, planta 7.

Está acreditado con 0,7 créditos polo sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número de prazas ofertadas é un máximo de 20, e a preinscripción pode facerse ata o 3 de abril
Máis información nos locais sindicais de CSI-F no Hospital Xeral e no Hospital do Meixoeiro ou nos teléfonos  667517706 e 620771408.

Podes descargar a folla de inscripción na seguinte ligazón: inscripción taller manexo inhaladores





Mércores, 26 de marzo, Por unha sanidade pública, universal e gratuita. Manifestación cidadá


Contra os recortes nas prestacións, contra os copagos, contra as privaticacións, en definitiva contra o desmantelamento da sanidade pública.
Por unha sanidade pública, universal e gratuita. TODOS á manifestación do mércores 26 de marzo.