venres, 28 de febreiro de 2014
xoves, 27 de febreiro de 2014
CSI-F denuncia que os recortes están deteriorando o sistema MIR
CSI-F quere denunciar, tras unha enquisa
realizada a 1236 médic@s e enfermer@s internos residentes en todo o
territorio nacional, que o deterioro que, como consecuencia dos recortes, se
está a producir no Sistema Nacional de Saúde, está afectando tamén e de
xeito moi grave ao sistema MIR de formación de residentes.
Hai un incumprimento cada vez maior do lexislado
no Estatuto do MIR, lei que, por certo, apenas algunhas comunidades autónomas,
han trasposto e desenvolvido á súa normativa vixente.
Reduciuse nalgunhas rexións, como Cataluña, o
número de horas de atención continuada (gardas), co que o desenvolvemento
práctico dos coñecementos que ha de adquirir o médico queda moi mermado. Non só
non se tutoriza o labor do residente por falta de facultativos (aos que xubilaron ou están de baixa e non se substituíron) senon que, ainda
por riba, utilizase ao residente como responsable da asistencia en solitario.
Nalgunhas especialidades , só está de presenza física o médico interno
residente mentras o seu médico adxunto está de garda localizada.
Suprimíronse a oferta de cursos , algúns dos
cales débense realizar durante o programa de formación por estar incluidos nos programas da especialidade. Obrígase á realización dun exceso de horas non
retribuidas , por exemplo para cubrir os sábados, as ausencias e/ou
potenciar servizos, no canto de contratar persoal.
En definitiva, estase alterando o "estatus
quo" dos hospitais e centros de saúde, baixando a calidade
asistencial e mermando a formación dos especialistas que deberían exercer
nun futuro próximo no Sistema Nacional de Saúde.
CSI-F esixe ao Ministerio de Sanidade e ás
Administracións Sanitarias Autonómicas, que respecten dunha vez por todas liñas
vermellas marcadas por necesidades sociais e por toda lóxica, e en consecuencia
respectar formulacións que viñan de atrás funcionando correctamente.
Que segue habendo e cada vez máis, moito marxe
para recortes, sobre todo si recortamos en actuacións con interese político e
partidista, que non sociais, e que son un despilfarro continuo.
mércores, 26 de febreiro de 2014
Sanidade nega a privatización de esterilización, pero fóra de Galicia presumen do seu modelo.
Sanidade nega que se vaia a privatizar a
esterilización, pero fóra de Galicia presumen do seu modelo.
Un alto cargo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) presentarao nun congreso internacional.
Do 14 ao 16 de maio celebrarase en Cartagena o XXI Congreso Internacional do CEDEST (Club Español de Esterilización). No programa científico provisional anúnciase un relatorio titulado “O Modelo do SERGAS de externalización da esterilización”. O ponente de devandito relatorio será D. Pablo Torres Arroxo, Director Xeral de Recursos Económicos do SERGAS.
A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, defendeu que a adjudicación a unha empresa, por 160 millóns, dos labores de esterilización do material sanitario "non é exactamente unha externalización", senón que constitúe "outro xeito de gestionar".
O goberno do PP de Madrid, ante a enorme presión cidadá, fracasou no seu intento de privatización de varios hospitais. Para evitalo, en Galicia intentan unha nova estratexia: privatizar a sanidade por parcelas.
Desde CSI·F, sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, seguimos denunciando calquera intento de privatización dos servizos públicos. E iso malia que sigan ocultando e negando información aos traballadores e á poboación en xeral a través dos medios de comunicación.

OPE facultativos :Publicada no DOG de hoxe a composición dos tribunais
Hoxe, 26 de febreiro de 2014 vense de publicar no DOG as Resolucións polas que se nomean os tribunais cualifcadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área e da categoría de médico de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saude.
Podes consultalas Resolucións nas seguintes ligazóns:
Resolución Facultativos Especialistas de ÁreasResolución Médico de urxencias hospitalarias
xoves, 20 de febreiro de 2014
Publicación listas definitivas de técnicos sanitarios
Infórmase que hoxe xoves, 20 de febreiro, ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de tecnicos sanitarios. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na paxina web do Servizo Galego de Saude (www.sergas.es).
Ademáis o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expediente-e/sección de procesos. A data da súa entrada en vigor será o 24 de febreiro.
Podes cosultar a Resolución na seguinte ligazón: Resolución listas definitivas técnicos sanitarios

luns, 17 de febreiro de 2014
Concurso de traslados: Corrección de erros e novo prazo de participación en determinadas categorías
Transcribimos información enviada pola Subdirección Xeral de Selección e Políticas de Persoal do Servizo Galego de Saúde:
Infórmase que logo de que finalice o prazo de inscrición no concurso de traslados convocado por Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 8 de xaneiro de 2014 publicarase no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros do Anexo III (Prazas ofertadas por categoría) e Anexo IV (Prazas a resultas) das respectivas convocatorias e pola que se reabrirán os prazos de participación no concurso polo período dun mes, nas seguintes categorías:
- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a)
- Médico/a de familia
- Pediatra de Atención Primaria
- Técnico/a de anatomía patolóxica e citoloxía
- Fisioterapeuta
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.
xoves, 13 de febreiro de 2014
Vigo 13 de febreiro de 2014: Contra o desmantelamento da sanidade pública
Hoxe, manifestámonos en Vigo, contra a nova distribución das referencias sanitarias, os recortes en sanidad, a privatización silenciosa pero continua dos servicios sanitarios, en definitiva contra o desmantelamento da sanidade pública que está a provocar o goberno da Xunta de Galicia, e que en Vigo adquire xa tintes dramáticos. A un hospital en estado terminal, o Hospital Xeral, se engade a situación na que se atopa o Hospital do Meixoeiro, co peche de camas por mor do abandono a que leva sometido nos últimos anos. Ademais disto, o novo hospital de Vigo vai nacer, non se sabe cando, recortado en tamaño e medios e en mans dunha empresa privada. E, finalmente, para rematar a faena, 300.000 pacientes para os que a área sanitaria de Vigo era referencia son derivados a outras áreas, con todo o que elo conleva. ¿Non son éstes, suficientes motivos para estar hoxe na rúa?
.jpg)