venres, 27 de decembro de 2013

Instrucións da directora xeral de Recursos Humanos relativas á aplicación do cuarto LD.

Xa están dispoñibles as Instrucións da directora xeral de Recursos Humanos relativas á aplicación do día de libre disposición introducido pola disposición adicional cuarta da Lei Orgánica 9/2013. Segundo éstas o periodo de disfrute deste cuarto día de libre disposición exténdese ata o 31 de marzo do 2014.
Podes consulta a instrucción na seguinte ligazón: Instrucción Sergas cuarto LD.

mércores, 25 de decembro de 2013

O BOE publica os novos recortes de MUFACE na sanidade dos funcionarios.

CSI-F reclama garantías para a viabilidade da mutua, trala saída de Sanitas
O Boletín Oficial do Estado publicou hoxe o concerto subscrito entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e as entidades de seguro para a prestación sanitaria na Mutualidad de Xeneral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) ao longo de 2014.

Este concerto é froito da ruptura unilateral do convenio subscrito coas aseguradoras sanitarias o pasado mes de xuño e que se saldou coa saída de Sanitas. Os funcionarios teñen o mes de xaneiro para cambiarse a unha das catro aseguradoras que se manteñen: Asisa, Adeslas, DVK e Igualatorio de Cantabria.
Así como recortes en diferentes prestaciones sanitarias, como a periodoncia (tratamentos dentales para enfermidades das encías e do óso). Ademais, Muface fai extensivos os recortes na sanidade pública, como é o caso do copago en medicamentos hospitalarios (incluído algúns tratamentos contra o cancro), o copago no transporte sanitario non urxente ou a reprodución asistida.
O Goberno xa recortou este ano nun 22 por cento as prestaciones aos funcionarios. De feito, suprimíronse programas como axudas á dependencia, podología e termalismo social para maiores, programas de becas de estudo e residencia para mutualista, ou o programa para a adquisición de vivenda propia.
Tamén se recortaron o subsidio de xubilación (reduciuse á cuarta parte) e o subsidio por defunción. Todos estes recortes mantéñense. Ademais, as contas de Muface víronse reducidas en máis de 100 millóns ao longo dos últimos cinco anos, entre 2009 e 2013, como consecuencia das redución das achegas do Ministerio de Facenda, a utilización do remanente de tesorería e a congelación das ofertas de emprego público, o que impediu a entrada de novos titulares e beneficiarios no sistema.
Esta situación pode comprometer a medio prazo o futuro da mutualidad. De feito, no presente exercicio, o remanente de tesorería reduciuse nun 68,47 por cento, ata os 71,6 millóns de euros.
Por todo iso, CSI-F esixe ao Goberno que renove o compromiso cun plan de viabilidad de Muface, unha mutua que ao longo da súa existencia foi modelo de atención sanitaria, de calidade e de eficiencia, como o demostra o feito de que está ao día no pago ás aseguradoras, aos hospitais e as farmacias e que libera ao sistema sanitario público dunha considerable presión asistencial, atendendo a máis de 1,5 millóns de persoas.

luns, 23 de decembro de 2013

Recuperación do cuarto día de libre disposición: Efectos xurídicos e condicións de aplicación

En relación coa publicación no Boletín Oficial do Estado (núm. 305) da Lei Orgánica 9/2013, do 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público, na que se recollen catro días ao ano por asuntos particulares, e segundo informan da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, ao longo desta mesma semana comunicaranse formalmente ás estruturas organizativas de xestión integrada e entidades adscritas á Consellería de Sanidade os efectos xurídicos e condicións da súa aplicación ao exercicio 2013 (así como o seu desfrute no ano 2014).

sábado, 21 de decembro de 2013

Publicada no BOE a Lei que devolve un día de libre disposición aos empregados públicos


Hoxe, sábado, 21 de decembro, ven de ser publicado no BOE a Lei de Control da Débeda Comercial. Ésta foi aprobada no Pleno do Congreso  este xoves, e persegue erradicar a morosidade das administracións públicas. Ademáis, inclúe na sua disposición adicional cuarta a devolución aos funcionarios dun dos días de asuntos propios --os chamados 'moscosos'-- que se nos quitou en 2012. Dado que a citada Lei entra en vigor o día seguinte da súa publicación pódese solicitar o seu desfrute, dende xa. CSI-F, sindicato máis representativo entre os empregados públicos pedirá ao Goberno que este día de libre disposición recuperado se poida desfrutar tamén ao longo do 2014.
Preme nas imaxes baixo estas liñas para ver o contido da disposición adicional cuarta:






"Estoy por ti" (Estou por tí): CSI-F felicita as festas cunha campaña que reivindica a nosa función social

"Estoy por ti" (Estou por tí): CSI-F felicita as festas cunha campaña estatal, que reivindica a función social do empregado público durante a crise



"Somos empregados públicos. Somos profesionais. Somos necesarios. Facemos máis fácil a túa vida"
- A devolución dun Moscoso debe ser o punto de inflexión para a progresiva recuperación dos dereitos perdidos
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, lanzou unha campaña, coincidindo coa celebración do Nadal, na que felicita as festas reivindicando a función social do empregado público. Baixo o lema “EstoyXti” (Estou por ti), CSI-F quere poñer en valor o papel dos traballadoras e traballadores das diferentes administracións públicas que, especialmente desde o comezo da crise, víronse afectados, por unha banda, polos diferentes recortes sobre as súas condicións laborais e, por outro, por unha inxusta campaña de descrédito por parte dalgúns sectores interesados.

O Congreso dos Deputados hoxe mesmo aprobou a devolución aos empregados públicos dun dos moscosos que o Goberno retiroulles en 2012. Pois ben, este xesto, positivo pero insuficiente, debe ser un punto de inflexión para a progresiva recuperación dos dereitos perdidos. CSI-F centrará todos os seus esforzos en lograr este obxectivo ao longo do próximo ano. ESTOU X TI

“Somos empregados públicos. Somos profesionais. Somos necesarios. Facemos máis fácil a túa vida” son algúns das mensaxes que pretende trasladar esta campaña, que se divulgará a través dun vídeo en web (www.estoyxti.es e www.csi-f.es), redes sociais e medios de comunicación, ademais de folletos e cartelería nos centros de traballo aos que acoden os cidadáns. Carteiros, sanitarios, bombeiros, empregados da limpeza, persoal administrativo, policías, funcionarios de xustiza, profesores conforman a cara humana e profesional que permiten o funcionamento dos nosos servizos públicos e por extensión do noso Estado do Benestar, que foi e é un dos alicerces básicos da nosa democracia.

Pese ás dificultades, os recortes e as mensaxes negativas dirixidos desde diferentes ámbitos, CSI-F sempre defenderá ante as diferentes administracións os intereses e o prestixio e recuperar as condicións de traballo dos nosos empregados públicos que, nestes anos de crises, deron a talla con profesionalidade para salvagardar os servizos que reciben os nosos cidadáns.

martes, 17 de decembro de 2013

Listas Técnicos Superiores Sanitarios: Relación admitidos/excluidos e baremación provisional.

Está previsto que o 20 de decembro se publique a Resolución coa relación provisional de admitidos/as e excluidos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización de listas nas categorías de:
  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía 
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental,
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico,
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico clínico 
  • Técnico/a superior en radioterapia.

Listas Farmacéuticos de A.P e Pediatra de A.P.: Orden de prelación e puntuación definitva

Está previsto que esta semana se publique no Diario Oficial de Galicia a seguinte resolución relativa a procesos de selección:

Xoves, 19 de decembro:

o    Orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polos aspirantes admitidos nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de Farmacéutico de A.P. e Pediatra de A.P.

luns, 16 de decembro de 2013

LISTAS TEC. SUP. SANIT, ENFERMEIRAS, MATRONAS, AUX. ADTIVOS, PSX e CELADORES

Segundo a Consellería o venres 20 de decembro, publicaranse os resultados da baremación provisional das categorías do primeiro proceso de actualización de listas de contratación:

  • Técnicos Superiores Sanitarios
  • Enfermeiras/os e matronas
  • Auxiliares administrativas/os
  • PSX
  • Celadoras/es.

venres, 13 de decembro de 2013

Listas médicos urxencias hospitalarias: Relación definitiva admitidos e baremación provisional

Publicada no DOG de 11 de decembro a Resolución do 26 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/excluidos e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoriía de médico/a de urxencias hospitalarias.
Podes consultala na seguinte ligazón:   Resolución


Listaxes definitivas de admitidos e excluidos OPE FEAS e Médicos Urxencias Hospitalarias

No DOG de xoves 12 de decembro de 2013 veñen  de publicarse dúas  Resolucións do 4 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área  e médico de urxencias hospitalarias convocados pola Resolución do 30 de abril de 2013.
Nas seguintes ligazóns podes consultar as Resolucións:

Facultativo Especialista de Área

Médico de Urxencias Hospitalarias