luns, 25 de novembro de 2013

A devolución dun "moscoso" é un anuncio moi escaso


A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) emplazou hoxe ao Goberno a abrir a mesa de negociación para abordar a aprobación de medidas para recuperar as condicións laborais e o esforzo realizado polo conxunto dos empregados públicos desde o comezo da crise económica.

O presidente de CSI-F, Miguel Borra, valora que existe un cambio de actitude por parte do Executivo na liña do recoñecemento dos sacrificios realizados polos traballadores das administracións públicas, como indica a devolución prevista dun día de libre disposición. Borra, considera que este anuncio “vai na senda positiva” pero é “moi escaso”.
Ademais, recordou a anulación de tres días de libre disposición aos funcionarios de xustiza a semana pasada, horas logo de haberse aprobado unha instrución ministerial na que se facía efectiva esta devolución de “moscosos”. “Os empregados públicos merécense moito máis respecto que todo iso”, apostilou Borra.
“O recoñecemento ao labor dos empregados públicos debe ser proporcional ao esforzo realizado durante estes anos de crises”, destacou Miguel Borra en declaracións aos medios de comunicación, tralo anuncio realizado polo ministro de Facenda. De entrada, CSI-F entende que o Goberno debe abonar a paga extra de Nadal de 2012, en liña cos múltiples pronunciamientos xudiciais que se están producindo en todo o Estado.
Esta devolución debería producirse desde xa, a través dun crédito extraordinario nos Orzamentos Xerais do Estado para 2014, que se están tramitando nas Cortes.
Outros asuntos que deberían abordarse serían a compensación económica pola perda do 30 por cento de poder adquisitivo, ou o reforzamento do persoal, que viu reducido o seu número en preto de 400.000 efectivos desde 2011, co consiguiente deterioro na calidade dos servizos públicos que reciben os cidadáns.


domingo, 24 de novembro de 2013

Sergas: Información sobre OPE e traslados facilitada na Mesa Sectorial do 22 de novembro


Transmitimos información facilitada na mesa sectorial do día 22 de novembro en relación cos procesos selectivos e concursos de traslados en tramitación:

OPE de facultativos especialistas (FEAS) convocada polo Decreto 198/2012: na primeira quincena de decembro sacarán a lista definitiva de admitidos; os tribunais nomearanse en xaneiro, e os exames serán no primeiro trimestre de 2014. Para o vindeiro mércores (27 de novembro) está convocada a Comisión Técnica de OPE para o desenvolvemento de instrucións de funcionamento dos tribunais. 

Novas convocatorias:
  • Concurso de traslados para licenciados sanitarios, persoal sanitario diplomado e de formación profesional. Queren publicalo este ano. Para Xestión e Servizos farán outra oferta en 2014. A inscripción farase exclusivamente por FIDES. Son un total de 1670 prazas (vacantes ocupadas a 30 de setembro de 2013.
  • OPE para DUEs e Médicos de Familia de AP. O número total de prazas ofertadas saen de aplicar a taxa do 10% ás prazas vacantes no período desde novembro de 2011 (cando se convocou a OPE de FEAS) ata o 30 de setembro de 2013: 1649 prazas, das que se ofertan 165 prazas, repartidas: 125 de DUE e 40 de M. de Familia. Engadiuse unha disposición adicional pola que as prazas que se oferten serán prazas que quedaron libres tralos traslados. Preveen telo listo para publicar este ano.

xoves, 14 de novembro de 2013

CSI-F recupera os primeiros "moscosos" para os empregados públicos, tralo anuncio de Montoro



Os funcionarios dependentes do Ministerio de Xustiza gozaranos a partir de mañá

CSI-F considera que é unha medida aínda insuficiente e pide a súa extensión ao conxunto das administracións públicas

Os funcionarios da Administración de Xustiza, dependentes do territorio non transferido e gestionado polo Ministerio recuperarán a partir de mañá tres días de libre disposición (os comúnmente denominados "moscosos"), en compensación polos esforzos realizados durante a crise económica derivados dos recortes e o incremento da carga de traballo, polo déficit de persoal.

CSI-F logrou arrincar este acordo, despois de que o ministro de Facenda anunciase recientemente a vontade do Goberno de devolver os moscosos que se eliminaron o pasado ano pola vía do real decreto.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, desde xa está traballando para estender a recuperación deste dereito a todos e cada un dos empregados públicos deste país no conxunto das administracións (central, autonómica e local) e de todos os sectores afectados polos recortes.

CSI-F forzou este acordo na mesa de negociación do Ministerio de Xustiza, en compensación polo déficit de persoal e a insuficiente convocatoria de oferta pública de emprego. Estes días non serán acumulables ás vacacións, poderanse gozar a conveniencia dos interesados ao longo do ano natural e a súa concesión estará supeditada ás necesidades de servizo.

Trátase dun primeiro paso na recuperación dos dereitos perdidos, sen dúbida insuficiente, polo que CSI-F seguirá traballando para estender esta medida ao conxunto dos empregados públicos do Estado, incluído desde logo, as comunidades autónomas con competencias en materia de Xustiza.

Ao longo desta semana, CSI-F vai presentar diferentes escritos nos órganos correspondentes das comunidades autónomas para que recoñezan tamén os tres "moscosos". De feito, CSI-F xa obtivo o compromiso de estender estes días libres na Comunidade Valenciana.

CSI-F reclama ao Goberno que siga o exemplo do acordo alcanzado co Ministerio de Xustiza e convoque á Mesa Xeral das Administracións Publicas para iniciar o proceso de recuperación paulatina dos dereitos laborais, como a paga extra de Nadal, o resto dos días de libre disposición ou a eliminación dos descontos na nómina por baixa médica.

Fisioterapeuta, T. ocupacional, T.S. Documentacion, T.S Dietética, Técnico farmarcia: Lista definitivas

CSIF INFORMA……………

Hoxe, xoves, 14 de maio ven de publicarse  no D.O.G. a relación definitiva de admitidos/ excluidos e os resultados provisionais de baremación das seguintes categorías :

-       Fisioterapeuta
-       Terapeuta ocupacional
-       Tecnico sup. en documentación sanitaria
-       Tecnico sup. en dietética e nutrición
-       Tecnico de  farmacia

Podes consultalo na seguinte ligazón: Resolución

luns, 11 de novembro de 2013

Integración no réxime estatutario determinado persoal: Publicación no DOG.

A Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 5 de novembro de 2013, sobre integración no réxime estatutario de determinado persoal ao servizo das institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia será publicada no DOG, hoxe, luns 11 de novembro. Podes consultar a resolución na seguinte ligazón:

luns, 4 de novembro de 2013

Listas provisionais admitidos/excluidos enfermaría do traballo i enfermaría de saúde mental

Está previsto que mañán martes 5 de novembro se publique en DOG a resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de enfermeiro/a especialista do traballo e enfermeiro/a especialista de saúde mental.