A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, traslada as súas condolencias, todo o seu apoio e solidariedade ás vítimas e familiares do tráxico accidente de ferrocarril sucedido onte nas proximidades de Santiago de Compostela.
Así mesmo, CSI-F quere valorar a profesionalidade dos servizos de urxencias que, desde o primeiro momento, trasladáronse ao lugar do sinistro.
Como sempre, nestas circunstancias, policías, bombeiros, técnicos en infraestructuras, profesionais médicos, de enfermería, psicólogos, todos eles estiveron á altura das circunstancias atendendo ás persoas afectadas. CSI-F considera que nestes momentos é necesario manter a prudencia e evitar as especulacións sobre as causas do accidente, á espera de coñecer os resultados da investigación.
Os sindicatos do Ministerio de Fomento convocaron esta mañá, ás 12.00 horas, a todo o persoal do ministerio, a participar nunha concentración silenciosa de tres minutos, en apoio ás vítimas. A concentración terá lugar nos xardíns do complexo de Novos Ministerios.
venres, 26 de xullo de 2013
xoves, 11 de xullo de 2013
Previsións OPE Servizo Galego de Saude
Na última xuntanza da Mesa Sectorial de sanidade a administración sanitaria facilitou as seguintes previsións:
- OPE licenciados sanitarios: lista provisional de admitidos i excluidos sairá en setembro (2223 inscripcións).
- Concurso de traslados de outras categorías sanitarias, publicarase no últímo trimestre de este ano. O de Xestión e Servizos será en 2014, sen especificar en que trimestre.
- OPE para DUEs e TCAEs, publicarase a finais deste ano.
- En outubro de 2013 farase pública a oferta de traslados para a Lei 17 das clases que xa tiveron OPE.
venres, 5 de xullo de 2013
CSI-F organiza unha nova quenda de cursos de formación
CSI-F, sindicato máis representativo entre os empregados públicos ven de abrir a unha nova quenda de cursos de formación continua, tanto on line coma presenciais. O prazo para solicitalos remata dez días antes do comenzo de cada curso. Podes consultalos na seguinte ligazón:
Se estás interesado en algún, descarga o modelo de solicitude, cubréo e despois entregao na Unión Provincial de Pontevedra ou ben na sede de Vigo. Tamén podes fácelo chegar aos delegados de CSI-F na túa Área Sanitaria e eles se encargarán de entregalo.
martes, 2 de xullo de 2013
TCAE: listas definitivas de admitidos/excluidos e baremación provisional.
Hoxe, martes día 2 de xullo, ven de ser publicado no DOG a Resolución do 25 de xuño de 2013, da
Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación
definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais
de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a
formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo
Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na
categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.
Podes consultala na seguinte ligazón: Resolución listas TCAE
As listas definitivas de excluídos/as e a
lista definitiva de admitidos/as coa asignación da puntuación
provisional e mais o número de orde acadados atópanse publicadas, á
disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de
Saúde (www.sergas.es).
Ademais, o estado de cada solicitude
pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico
persoal en «Fides/expedient-e/sección de procesos».
