martes, 25 de xuño de 2013

Grupos Técnico e de Xestión da función administrativa e Enxeñeiro Técnico: Inscrición listas.

Infórmase que está previsto que o mércores 26 de xuño se publique en DOG a resolución pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías seguintes:

1.       Grupo Técnico da función administrativa.
2.       Grupo de Xestión da función administrativa.
3.       Enxeñeira/o Técnica/o.

CSI-F esixe a apertura inmediata de negociación

CSI-F reclama unha reunión urxente da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas para abordar a reforma.
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) reclamou hoxe unha convocatoria urxente da Mesa Xeral das Administracións Públicas para coñecer de primeira man o informe sobre a reforma que prepara o Goberno e garantir os dereitos os empregados públicos.

A fusión e extinción de organismos prevista na reforma das Administracións Públicas provocará, de entrada, o despedimento de persoal eventual. O resto de persoal, tratará de ser recolocado noutros destinos do conxunto das Administracións Públicas, ata noutra comunidade autónoma e no caso de que non sexa posible a súa estabilidade queda no aire.
CSI-F considera que os empregados públicos xa cubriron o coubo de despedimentos (máis de 370.000 no último ano e medio) polo que non aceptará unha nova volta de tuerca con esta medida, incluída a reforma da Administración Local que engade un novo hándicap á estabilidade de decenas de miles de laborais empregados públicos da administración local.

CSI-F recorda que detrás das cifras están os rostros con nomes e apelidos de miles de empregados públicos e non é de recibo que unha medida desta natureza se anuncie desde a mesa do Consello de Ministros, sen negociala cos representantes dos traballadores.

O sindicato lamenta que o Goberno aínda non traslade as liñas da súa reforma aos sindicatos e pola contra si que o fixo aos medios de comunicación, onte mesmo, nunha reunión no Palacio da Moncloa. Esta actitude está xerando preocupación e indefensión no colectivo de empregados públicos deste país que se han ter que decatar polas noticias de cuestións básicas que afectan ás súas condicións de traballo e ao seu futuro profesional.

Ante esta situación, CSI-F entende que se deben convocar as mesas de negociación cos representantes dos traballadores en todos os ámbitos do Estado para evitar a súa indefensión.

xoves, 13 de xuño de 2013

Listas provisionais de admitidos/excluidos cocineiro, pinche e técnicos sistemas de información

Infórmase que no día de hoxe ven de publicarse no DOG a resolución pola que se  fan públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos das seguintes categorías:


1.    Técnica/o superior de sistemas y tecnologías de la información.
2.    Técnica/o de gestión de sistemas y tecnologías de la información.
3.    Técnica/o especialista de sistemas y tecnologías de la información.
4.    Cocinera/o.
5.    Pinche.

Podes consultar a Resolución premendo na seguinte ligazón: Resolución 

martes, 11 de xuño de 2013

Pacto de contratación: Próximas publicacións

Próximas publicacións:

Segunda quincena de xuño:  Publicación dos listados provisionais de admitidos de:

- COCIÑEIROS, PINCHES e TÉCNICOS SUPERIORES DE XESTIÓN e ESPECIALISTAS EN SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN.
- Publicación das listas definitivas de admitidos i excluidos e provisionais de baremación de TCAE, TERAPEUTAS OCUPACIONALES, FISIOTERAPEUTAS, TÉCNICOS SUPERIORES EN DOCUMENTACIÓN SANITARIA, TÉCNICOS SUPERIORES EN DIETÉTICA E NUTRICIÓN E TÉCNICOS DE FARMACIA.

- Así mesmo, esperan publicar as convocatorias pendentes de carácter autonómico de: GRUPO TÉCNICO E GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A.

No mes de xullo publicaranse:

- A baremación definitiva dos TÉCNICOS SUPERIORES E DE GRADO MEDIO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.
- Intentarán sacar as listas definitivas de admitidos e baremación provisional das categorías de licenciados sanitarios, que están ralentizadas debido aos cambios previstos para inclusión de méritos en FIDES. As que non saian en xullo quedarán para setembro.

EN AGOSTO NON PUBLICARÁN NINGUNHA LISTA
En setembro sacarán as listas das categorías pendentes de persoal non sanitario, tras consultar as prioridades cos centros.

luns, 10 de xuño de 2013

CSI-F apoia a a ampliación nun ano do período de residencia dos MIR galegos de Oncoloxía Médica

CSI-F Sanidade Vigo, suscribe a petición da Comisión de Centro de Atención Especializada do Complexo Hospitalario de Vigo na que se esixe ao Servizo Galego Saúde que amplíe nun ano o período de residencia dos actualis MIR galegos de Oncoloxía Médica, requisito imprescindíbel para que o seu futuro título de especialistas poidan ser homologábel na Unión Europea.
Podes consulta a petición na seguinte ligazón:
Resolución MIR Oncoloxia

luns, 3 de xuño de 2013

Unha funcionaria da Deputación de Palencia percibirá parte da paga extra de decembro

Segundo informa o xornal "El Norte de Castilla", o Xulgado Contencioso Administrativo de Palencia emitiu unha sentenza na que obriga á Diputación Provincial a abonar a unha funcionaria a parte proporcional da paga extra de Nadal do ano pasado que corresponde a un mes e medio. Este periodo transcorre desde o 1 de xuño ao 14 de xullo de 2012, data ésta na que se publicou o Real Decreto do Goberno español que regulou a supresión da extraordinaria aos empregados públicos. Podes ampliar esta nova na seguinte ligazón:
sentencia paga extra

domingo, 2 de xuño de 2013

Os sindicatos do sector público analizan o Programa Nacional de Reformas 2013

A Plataforma Sindical e de Asociacións de Empregadas e Empregados Públicos manterá o vindeiro luns unha reunión para analizar o Programa Nacional de Reformas enviado polo Goberno á Comisión Europea e as súas eventuales consecuencias sobre o emprego, as condicións laborais do persoal ao servizo da Administración e os servizos públicos que reciben os cidadáns.En concreto, a Plataforma valorará as reformas que o Goberno ten previsto emprender a curto prazo sobre as Administracións Públicas e a Administración Local. Así mesmo, os sindicatos do sector público estudarán a recente admisión a trámite da cuestión de inconstitucionalidade contra a retirada da paga extra, e as medidas de presión que se adoptarán nas próximas datas.
Día: 3 de xuño de 2013
Hora: 12.30
Lugar: Sé de CSI-F. C/Fernando o Santo, 17. 2º Madrid