xoves, 30 de maio de 2013

CSI-F: "O Goberno nunca nos debeu arrebatar a paga extra e débea devolver canto antes"

O Tribunal Constitucional estudará si foi legal a medida do Goberno
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, felicitouse hoxe da decisión do Tribunal Constitucional de admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade contra a supresión da paga extra aos empregados públicos en 2012.
Para CSI-F, a decisión do alto tribunal constata as xustas reivindicacións dos empregados públicos contra unha medida de carácter confiscatorio e xa que logo inxusta e de dubidosa aplicación, tal e como sinalou tamén a Defensora do Pobo nunha recente resolución.
O Goberno nunca debeu suprimir a paga extra de xeito retroactiva e non debe perder máis tempo en sentarse a negociar cos sindicatos para determinar as canles para a súa devolución, porque cada día que pasa medra o agravio cara a un colectivo injustamente maltratado desde o comezo da crise.
De feito, o pasado 7 de maio, as centrais sindicais ofreceronse a negociar a devolución para evitar que os múltiples contenciosos iniciados en toda España colapsen o funcionamento da xustiza e supoñan un custo engadido ao Estado. CSI-F, no ámbito da súa responsabilidade, non vai parar ata que os empregados públicos recuperen o cento por cento da paga extra, ata o último euro.

mércores, 29 de maio de 2013

Mobilidade interna CHUVI

Na xuntanza de hoxe coa comisión de centro do CHUVI, o Xerente da EOXI de Vigo ven de convocarnos a unha reunión o día 12 de xuño para negociar as bases e baremos do vindeiro proceso de mobilidade interna no CHUVI 

martes, 28 de maio de 2013

Publicación nomeamentos persoal Lei 17/1989

Hoxe, martes 28 de maio está prevista a publicación no DOG da Resolución de 16 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se procede ao nomeamento como funcionarios de carreira das clases de farmacéutico inspector de saúde pública, inspector farmacéutico, inspector médico e subinspector sanitario das persoas aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por Resolución do 27 de xullo de 2010.

martes, 21 de maio de 2013

Xeración listas celador, aux. administrativo e PSX tras recurso reposición e listas definitivas 061

Infórmase que o vindeiro xoves, 23 de maio está previsto que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as listas definitivas de baremación das persoas aspirantes admitidas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061.
Así mesmo, poñemos no seu coñecemento que hoxe se procederá á xeración da nova lista nas categorías de celador, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais, para incorporar as modificacións derivadas da estimación dos recursos de reposición interpostos.

Prazas OPE Licenciados Sanitarios


Na seguinte taboa figuran as prazas de licenciados sanitarios que se ofertan nesta OPE. Como podedes observar só figura o número de prazas correspondente a cada especialidade e o desglose destas nas diferentes quendas: promoción interna, discapacidade e acceso libre. A pesar das reiteradas peticións de CSI-F e as demais organizacións sindicais, o Servizo Galego de Saúde, coa "transparencia" que o caracteriza de seu, non foi quen de facilitarnos  a distribución destas vacantes por centros de gasto. Para ampliar a taboa preme nela, abrirase unha nova páxina, sitúando o cursor sobre aquela poderas facer "zoom" na imaxe.


mércores, 15 de maio de 2013

Organigrama Estructura Xestión Integrada Vigo


Na seguinte ligazón podes acceder ao organigrama da Estructura de Xestión Integrada de Vigo:
organigrama EOXI Vigo



martes, 14 de maio de 2013

Muller, española e traballadora pública: Novo perfil de risco por desemprego

Os datos da EPA do primeiro trimestre de 2013 revelan  o novo perfil de risco por desemprego. Este non é outro que o de  muller, de nacionalidade española e traballadora pública. Na seguinte ligazón podes consultar o artigo do xornal ABC nos que se analizan os factores de risco de desemprego   en base aos datos do  último Observatorio Laboral de Fedea:
Risco de desemprego segundo FEDEA

Convocado concurso-oposición nas categorías de FEA e médico de urxencias hospitalarias.


Infórmase que hoxe día 14 de maio, veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia as convocatorias de concurso-oposición para a selección de persoal estatutario fixo nas categorías de facultativo/a especialista de área e médico/a de urxencias hospitalarias. A inscrición no proceso, que se efectuará a través de FIDES/expedient-e , iniciarase o 15 de maio e finalizará o 14 de xuño.
Podes consultar as convocatorias nas seguintes ligazóns:


martes, 7 de maio de 2013

Reunión informativa integración APD y persoal de cupo y zona




INTEGRACIÓN APD Y PERSONAL DE CUPO Y ZONA
REUNION INFORMATIVA
JUEVES, 9 DE MAYO DE 2013
Hora: 17,00 H.
Lugar: Sede CSI-F en Vigo.
Travesía de Vigo, 10, entreplanta
(entrada por Travesía do Pino, 2)

Publicación listas definitivas de enfermaría

Queremos informarvos de que hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas de enfermeiro/a.

As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas na categoría citada atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es )

Podedes ver a resolución completa no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130507/AnuncioG0003-300413-0001_gl.html