luns, 29 de abril de 2013

A destrución de emprego público reduce o persoal da Administración a niveis de 2005

CSIF esixe un plan de recursos humanos para evitar o colapso da Administración
A ocupación no sector público diminuíu en 71.400 persoas durante o primeiro trimestre do ano, continuando a tendencia á destrución de postos de traballo iniciada desde 2008, cando comezou a crise, segundo os datos da derradeira  Enquisa de Poboación Activa publicada, correspondentes ao primeiro trimestre do ano.
Se se observa a variación interanual, comprobamos que a evolución é aínda máis dramática. No último ano destruíronse 258.300 empregos públicos, un 8,32 por cento menos respecto ao mesmo periodo do ano anterior, o que sitúa a ocupación ao mesmo nivel que no mesmo trimestre de 2005.
A destrución de emprego respecto ao ano pasado multiplicouse por tres (no primeiro trimestre de 2012 destruíronse 81.800 postos de traballo) e xa é máis do dobre que a destrución de emprego no sector privado (-8.32 fronte ao 3.77). A destrución de emprego débese fundamentalmente á amortización de prazas (empregados públicos que se xubilan sen que se cubra o seu posto) e polo despedimento encuberto de miles de interinos, fundamentalmente no sector do ensino e o da sanidade.
Neste sentido, a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) denuncia un plan premeditado para cambiar o modelo de administración, deixándoa caer polo seu propio peso e externalizando os servizos estructurales á empresa privada: sanidade, hostelería, condutores, ordenanzas, limpeza.
Todo iso únese á caza de bruxas que sufriron os empregados públicos nas súas carnes durante os últimos anos, co recorte das súas condicións laborais e unha inxusta campaña de desprestixio.
Por isto, CSI-F emplaza ao Goberno a impulsar un plan de recursos humanos, antes de que sexa demasiado tarde. A Administración atópase ao bordo do colapso e nos próximos anos, o sistema farase insostenible, dado que o 50 por cento dos empregados públicos da AGE son maiores de 50 anos e un de cada dez supera xa os 60.
No caso concreto da AGE, a falta de efectivos afecta á maioría dos organismos e de xeito especial, a algúns que realizan as súas tarefas cara ao público, como son o SEPE, o Fogasa e o Imserso.
Os dous primeiros, en moitos casos, tratan con persoas con serios problemas pola desesperación que leva consigo a situación de desemprego, mentres que o Imserso viu seriamente mermado a súa calidade asistencial pola redución de efectivos.
CSI-F esixe canto antes un pacto de Estado en materia de Administracións Públicas. É preciso realizar un diagnóstico obxectivo e planificado dos recursos humanos para determinar as necesidades dos servizos, unha convocatoria urxente de emprego público; evaluar o desempeño e promover a consolidación dos postos e a carreira profesional. 

As recentes cifras de déficit e os datos de desemprego demostran que as políticas do Goberno están equivocadas. Para CSI-F, os responsables da crise son os bancos e o malgasto realizando en infraestructuras, gastos superfluos, asesores e empresas públicas para colocar persoas afins aos políticos.
En contra do que nos queren facer ver, o gasto nos servizos que demandan os nosos cidadáns é necesario. Os servizos públicos xeran riqueza, emprego e calidade de vida aos cidadáns; pola contra, os gastos superfluos xeran débeda e colocáronnos na situación que todos coñecemos. Nestes momentos España gástase infinitamente máis en pagar os intereses da débeda que nos soldos dos nosos empregados públicos.

mércores, 24 de abril de 2013

Pacto de contratación: Publicadas as listas de admitidos e excluidos de distintas categorías.



Hoxe, mércores 24 publicouse no DOG a Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias, convocadas por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de 21 de setembro de 2012. As categorías son:

  1. Farmacéutica/o de atención primaria.
  2. Odontóloga/o de atención primaria
  3. Fisioterapeuta.
  4. Terapeuta ocupacional.
  5. Técnica/o superior en documentación sanitaria.
  6. Técnica/o superior en dietética e nutrición.
  7. Técnica/o en farmacia.
  8. Técnica/o en coidados auxiliares de enfermaría. 
     
 Podes consulta as listas na páxina web do Servizo Galego de Saúde:




martes, 9 de abril de 2013

Resumo instruccións vacacións CHUVI 2013


INSTRUCIÓNS VACACIÓNS CHUVI 2013

DÍAS VIS

Nas instrucións enviadas polo Servizo Galego de Saúde, contémplase a posibilidade de solicitar ata 6 días de vacacións de xeito independente, co carácter de días de libre disposición. VIS (vacacións independentes e separadas). 
 
Características:
Límite: Ata 6 días como máximo ao ano. 
Carácter: Como os días de Libre Disposición.
Acumulación ao resto das vacacións: - Como regla xeral non, no caso de acumulación non se poden substituír
Periodo de goce: Ata o 15 de xaneiro

MODALIDADES DE GOCE DAS VACACIÓNS
 
PERIODO ORDINARIO (Comprende os meses de xuño a setembro)
  •  Por quincenas (empezando o 1 ou o 16) ou por mes natural.
  •  Pódense coller por días hábiles pero éstes han de adecuarse a unha quincena ou a un mes natural. Como consecuencia desta adecuación, pode suceder que non se poidan gozar os 22 días hábiles no mes, polo que os días sobrantes terán o carácter de "VIS" (Vacacións Independentes e Separadas).
  • No caso de gozar 6 días de vacacións como VIS,  restan 16 días hábiles de vacacións. No periodo ordinario, en base aos puntos anteriores, só se pode coller unha quincena. Si ésta quincena só inclúe 10 días hábiles (como pode suceder no mes de agosto) quedarían 6 días por gozar. 5 pódense coller  nunha semana fora do periodo ordinario. O día solto que resta non permiten que se goce de xeito independente, polo que a única posibilidade que deixan e xuntalo con 4 VIS para completar outra semana ou 3 se nesa semana hai algún festivo.

PERIODO NON ORDINARIO (Os restantes meses do ano)
  • Por meses naturais ou periodos de 30 días contados de data a data.
  • Por quincenas naturais ou periodos de 15 días contados de data a data.
  • Por semanas naturais ou periodos de 7 días contados de data a data.
 Podes consultar o documento do CHUVI na seguinte ligazón: Instrucións vacacións CHUVI


luns, 8 de abril de 2013

CSI-F reclama ao Goberno que tome nota do Constitucional portugués e devolva a paga extra confiscada aos empregados públicos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) reclamou hoxe ao Goberno que tome boa nota da decisión adoptada polo Tribunal Constitucional de Portugal e devolva a paga extra confiscada aos empregados públicos españois o pasado mes de decembro.

CSI-F manifestou a súa satisfacción pola sentenza do alto tribunal portugués desde a confianza en que os tribunais españois tamén darán a razón aos empregados públicos do noso país nas diferentes reclamaciones presentadas.
En boa parte, os argumentos esgrimidos polos sindicatos españois veñen recollidos na sentenza do tribunal portugués, dado que a retirada da paga extra vulnera o principio de igualdade á hora de afrontar os sacrificios nas medidas adoptadas para a saída da crise, como ocorreu en España.

De feito, atendendo ás razóns dos sindicatos, a Audiencia Nacional elevou unha cuestión de inconstitucionalidade contra o decreto de recortes do Goberno, neste caso, porque as medidas aplicadas polo Executivo vulneran as garantías constitucionais que impiden aplicar unha norma con carácter retroactivo e confiscatorio.

xoves, 4 de abril de 2013

Os sindicatos sanitarios anuncian medidas de presión en defensa dos profesionais


As organizacións sindicais no ámbito do Sistema Nacional de Saúde presentaron este 3 de abril, un calendario de movilizacións, acompañado de diferentes medidas de presión no conxunto do Estado para defender os intereses dos profesionais da sanidade pública, fronte ás imposicións do Ministerio de Sanidade. Desde que asumiu a súa responsabilidade na carteira de Sanidade, a ministra Ana Mato non realizou ningunha convocatoria dos órganos de negociación sindical, pese a que se están levando a cabo actuacións e modificacións normativas que afectan directamente ás condicións laborais dos profesionais.Todas estas actuacións estanse levando a cabo sen información, consulta e negociación, o que se observa con razoable inquietude por parte dos traballadores da sanidade. Ante esta situación,os sindicatos vense obrigados a actuar. 
Intervintes -
CSI-F. Fernando Molina, presidente do Sector Sanidade.-
CC.OO. Antonio Cabrera, secretario xeral da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios.-
UGT. Alicerce Navarro, secretaria do sector de Saúde, Servizos Sociosanitarios e de Dependencia.-
SATSE. Alejandro Lagoa, secretario xeral.- USAE. Antonio Díez, secretario de Acción Sindical.

martes, 2 de abril de 2013

Listas definitivas matrón/a, logopeda, traballador/a social e provisionais baremación prevención riscos

Informamos que o vindeiro xoves  4 de abril está previsto que se publiquen no DOG as listas definitivas das seguintes categorías:

  •  Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a).
  •  Logopeda.
  •  Traballador/a social.

 Publicaránse ademáis as listas definitivas de admitidos e excluidos e as provisionais de baremación das categorías:

Ø  Técnico/a superior en prevención de riscos laborais.
                        Ø  Técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais

Publicada a Orde que desenvolve a estrutura da Xestión Integrada de Vigo

No DOG do 1 de abril ven de ser publicada a Orde do 25 de marzo de 2013 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Vigo.
Podes consultala na seguinte ligazón: