luns, 25 de marzo de 2013

As empresas privadas "fan o agosto" na Administración pola conxelación de emprego público

O Goberno cambia o modelo de administración de xeito encuberto.
 A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas administracións públicas, considera que a Oferta Pública de Emprego aprobada o 22 de marzo polo Consello de Ministros é absolutamente insuficiente e deixa a Administración Xeral do Estado nunha situación "baixo mínimos" que agravará o efecto dos recortes sobre os cidadáns.
Ademais, CSI-F considera que o Goberno está modificando o modelo de administración de xeito encuberto. A congelación da oferta pública de emprego está xerando a progresiva entrada da empresa privada, a través da externalización de servizos e postos relacionados coa xestión, que ata agora estaban reservados a empregados públicos.
A oferta pública é insuficiente de seu, pero ademais, as poucas prazas están mal distribuídas, limitándose fundamentalmente a empregados públicos de titulación superior, relegando a empregados relacionados con postos de xestión e servizos.
Na actualidade, consolidouse a tendencia a externalizar postos relacionados coa hostelería, a vixiancia ou a limpeza. Pero CSI-F ten constancia de que xa se están externalizando tamén postos estructurais de condutores e ordenanzas. Este é o caso, por exemplo, da Dirección Xeral da Seguridade Social en Barcelona, que recientemente, adxudicou a unha empresa privada os seus ordenanzas.
Tamén é novedosa este ano a externalización da vixilancia privada nos perímetros das prisións. A congelación da oferta pública tamén está deteriorando departamentos tan sensibles como o Servizo Público de Emprego Estatal, o Fondo de Garantía Salarial, ou o Imserso, coa particularidade neste último caso de que os empregados públicos realizan un labor asistencial.
Tamén é especialmente sangrante o caso da Xustiza. Pese a alcanzar un acordo cos sindicatos para ofertar 1.100 prazas, o departamento de Montoro impúxose ao de Gallardón, limitando esta a 300 (menos dunha terceira parte), o que deixa á xustiza nunha situación de absoluta precariedad de medios persoais. Capítulo separadamente merece o persoal laboral, que únicamente pode acceder a 8 prazas, destinadas iso si, a discapacitados intelectuais.

luns, 18 de marzo de 2013

Decreto que regula a Xestión Integrada de Vigo: Publicado hoxe no D.O.G.

No DOG de hoxe, luns 15 de marzo de 2013, ven de ser publicado o Decreto 46/2013, de 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo. Pódelo consultar na seguinte ligazón:  
Se queres baixar o Decreto en formato pdf, preme a continuación: 

sábado, 16 de marzo de 2013

Publicada a orde de confección de nóminas do 2013 no DOG.

Este venres, 15 de marzo, foi publicada no Diario Oficial de Galicia a Orde de 11 de marzo de 2013 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do personal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2013. Podes consultala na seguinte ligazón: orde de confección de nóminas
Podes acceder ao documento en pdf nesta outra:
orde confección nóminas pdf

venres, 15 de marzo de 2013

Sanidade 100% pública: Non aos recortes e a privatización

Onte, 14 de marzo, baixo o lema "Hospital 100 % Público, Sanidade Pública sen recortes nin privatizacións", miles de cidadáns saímos a rúa en Vigo,  na defensa dunha sanidade pública e de calidade. As mentiras, a desinformación e o oscurantismo en torno ao novo hospital, xunto cos recortes que todos sufrimos congregaron nas rúas a máis de 25000 persoas.

martes, 12 de marzo de 2013

Vigo, 14 de marzo: Manifestación contra a privatización do novo hospital e contra os recortes

O día 14 de marzo, os cidadáns da área sanitaria de Vigo estamos convocados a unha manifestación na defensa dun hospital público e contra os recortes. Dende aquí facemos un chamamento para que, como noutras ocasións, sexa masiva. Esta en xogo o futuro da asistencia sanitaria desta cidade e a súa área de influencia. A manifestación partirá as 20,00 horas da Praza de España. A Xunta de Persoal do CHUVI, presentouna hoxe en rolda de prensa. Podes ampliar esta nova na seguinte ligazón:

luns, 11 de marzo de 2013

Declaración da familia da paciente falecida en urxencias do Hospital Xeral de Vigo

A lo largo de estos seis días que han sucedido a la muerte de nuestra tía, nos hemos visto envueltos, sin haberlo pretendido, en una marea de noticias, interpretaciones y declaraciones que no siempre han sido ajustadas a la verdad.
No queremos entrar en la guerra de lo que fué, lo que pudo haber sido, de quienes son culpables, de los recortes, de los boxes o demás historias. Lo que está claro, es que nuestra tía murió en la sala de espera, sentada en una silla de ruedas ante el asombro de los demás ciudadanos que allí se encontraban.
Es muy probable que su entrada en los boxes no le hubiera librado de morir, no pretendemos luchar contra lo imposible, pero nadie desea para un ser querido que sus últimos instantes de vida ocurran así.
La incredulidad y la indignación nos llena de ira ante un sistema hospitalario al que exigimos que se ocupe de dar auxilio y atención adecuada a un enfermo, respondiendo a sus derechos básicos como ser humano.
Muy pocos de los que han hablado estos días en los medios estuvieron presentes en esa sala el martes a las diez y media de la noche. Solamente los que acompañaron a nuestra tía durante más de tres horas pueden hablar, y como ciudadanos, opinar. Entre ellos nosotros.
Ni las declaraciones de la dirección médica del Xeral, ni de la conselleira de sanidade, ni del cuadro de médicos de urgencias, se centran en lo fundamental, el derecho a morir con dignidad que todos exigimos para nuestros enfermos.
Opinamos que en un país realmente respetuoso con sus ciudadanos, los responsables de dirigir las instituciones deben poner los medios necesarios para evitar sucesos similares en el futuro, antes que perder el tiempo y el dinero tirándose al circo mediático al que, desgraciadamente, nos tienen acostumbrados.
Ningún enfrentamiento político o laboral va a resolver una situación que esperamos no vuelva a ocurrir. Nosotros no vamos a entrar en esa guerra. La fiscalía decidirá hasta donde se debe llegar ante los hechos verídicos que pueda recabar en su investigación.
Nuestra guerra es otra, por ello exigimos que:
 Nos envíen a la máxima celeridad posible el informe médico completo, tal cómo nos ha garantizado el pasado viernes la dirección del Xeral “os lo enviaremos por correo cuando esté terminado”.
 Se analicen y revisen los modelos de atención de urgencias, sus protocolos y sus indicadores médicos de tal forma que no sea el tiempo de espera el parámetro que marca la buena o mala atención sino las medidas paliativas que se aplican en la fase previa a la atención facultativa.
 El trato a los ciudadanos sea el correcto, sin respuestas fuera de lugar en momentos tan críticos para el enfermo y sus familiares.
Nada más. Nuestro afecto hacia las personas que han compartido estos días con nosotros y nuestro recuerdo a Loli.

xoves, 7 de marzo de 2013

O Consello da Xunta aproba o decreto de xestión integrada de Vigo

O Consello da Xunta aprobou este xoves, 6 de marzo, o decreto que regula a estructura organizativa de xestión integrada de Vigo, o cal será publicado próximamente no DOG. Coa xestión integrada, unha única estructura asumirá a xestión, prestacións e programas de atención sanitaria, tanto do nivel de atención primaria como especializada, así como sociosanitaria e de protección e promoción da saúde. Ademais, a estrutura de xestión integrada de Vigo será a encargada da coordinación, supervisión e seguimento dos servizos e prestacións incluidas no concerto singular vixente co Hospital Povisa, de conformidade coa sua carteira de servizos. Podes ler a nota informativa integra sobre este punto na seguinte ligazón: consello xunta

Carta aberta dos facultativos do CHUVI: Non mais recortes nin privatizacións

No xornal "Faro de Vigo" publícase hoxe unha carta aberta a cidadanía de facultativos do CHUVI. Lectura imprescindible na seguinte ligazón: carta aberta

mércores, 6 de marzo de 2013

Imprescindible explicación xa: Paciente falece en urxencias tras tres horas de espera

O xornal Faro de Vigo, Colapso en urxencias, da conta  hoxe da morte dunha paciente en urxencias mentres agardaba para ser atendida. A sus familia, en primero lugar, e  resto dos cidadáns merecen unha exhaustiva e diáfana explicación de que foi o que aconteceu.

martes, 5 de marzo de 2013

Pechada a financiación do novo hospital de Vigo, supostamente.

Segundo publica o xornal "Faro de Vigo", a UTE adxudicataria ten pechado o financiamento do novo hospital, e ven de solicitar a autorización da Xunta para mesma. Engadimos o de supostamente, por ser a terceira vez que se fai unha afirmación deste tipo. Amplia esta información na seguinte ligazón:
Financiamento

Sanidade e Servizos Sociais lideran a destrución de emprego xunto a construción

As Actividades Sanitarias e os Servizos Sociais son xa os sectores que rexistran unha maior destrución de emprego xunto á Construción, cun descenso de 171.050 afiliados (un 11,95 por cento menos), respecto de febreiro do ano pasado, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e a Seguridade Social. De feito, en termos absolutos, é o sector no que se produciu unha maior desocupación, respecto ao mesmo periodo do ano anterior, seguido do sector do ladrillo con 153.086 baixas e a industria manufacturera, con 107.358 baixas. Estes datos son froito da sangría de empregos que arrastran a Sanidade e os Servizos Sociais durante os últimos seis meses, pola amortización de prazas de persoal interino e os recortes emprendidos nas diferentes comunidades autónomas. Neste periodo, destruíronse de xeito consecutivo un total de 239.601 empregos. Os datos do Ministerio de Emprego marcan o inicio desta tendencia no pasado mes de setembro e a evolución é a seguinte: setembro 2012 (22.643 empregos menos); outubro (-43.301); novembro (-93.309); decembro (-56.223); xaneiro (-14.521) e febreiro (-9.604). Outros ámbitos, con presenza protagonista no sector público, como a Administración, Seguridade Social e Defensa, así como la Educación, rexistraron un saldo positivo de contratos durante o mes de febreiro, con 5.040 e 12.373 altas respectivamente. No entanto, en termos interanuales as cifras seguen sendo moi preocupantes, con 52.752 baixas na Administración e 28.213 na Educación. A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, lanza unha voz de alarma ante o progresivo deterioro que se está producindo nun sector fundamental do noso Estado do Benestar. Hai que ter en conta que no conxunto do sector sanitario, os empregos de persoal público representan o 80 por cento i é neste colectivo onde se está producindo a principal destrución de emprego. Se os poderes públicos non poñen freo a esta situación, en pouco tempo comprobaremos como se dilapidou un dos sistemas sanitarios que gozou de maior prestixio a nivel europeo e por extensión, a nivel mundial. Neste sentido, CSI-F reclama a convocatoria urxente da mesa sectorial do Ministerio de Sanidade para poñer en común estes datos e analizalos en coordinación cos representantes das diferentes comunidades autónomas. Chegou o momento de decidir se a sanidade pública e os servizos sociais deben ser a moeda de cambio na redución do déficit. CSI-F no ámbito da súa responsabilidade como suxeito activo da sociedade civil, desde logo, non o vai a consentir.

A Audiencia Nacional da a razón aos empregados públicos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, felicitouse hoxe pola decisión da Audiencia Nacional de suscitar unha cuestión de inconstitucionalidade pola retirada da paga extra de Nadal aos empregados públicos. O presidente de CSI-F, Miguel Borra, considera que esta decisión apoia o argumento dos sindicatos cando plantexaron ás diferentes administracións que a crise económica non era unha xustificación suficiente para retirar, con carácter confiscatorio, as retribuciones económicas e os dereitos consolidados do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Á espera de coñecer a decisión final da xustiza, o sindicato cre que a actuación da Audiencia Nacional é un paso moi importante na loita dos traballadores por recuperar a súa paga. Neste sentido, Miguel Borra advirte que tanto o Goberno, como as comunidades autónomas de Cataluña, Andalucía ou Galicia (que recentemente adoptaron medidas similares) deben tomar boa nota porque van recibir un goteo constante de resolucións xudiciais en contra dos seus recortes arbitrarios e inxustos. CSI-F e o resto dos sindicatos que forman parte da Plataforma Sindical e de Organizacións Profesionais das Administracións Públicas, suscitaron reclamaciones da paga extra en todos os niveis e sectores da Administración. Unha das últimas foi esta mesma semana, coa presentación dunha demanda para reclamar a paga dos máis de 50.000 traballadores laborais que forman parte da Administración Xeral do Estado.

domingo, 3 de marzo de 2013

Presentación do novo xerente do CHUVI: Luns, 4 de marzo

Mañá, luns 4 de marzo será presentado o novo xerente do CHUVI, Mario González. Seguindo a liña de improvisación que caracteriza ao Sergas dende sempre, ainda que mais acentuada nos últimos tempos, a sua presentación non será coma xerente da Área de xestión integrada de Vigo, senon, tal e como dixemos como xerente do CHUVI. Haberá que agardar a mediados de marzo, que será cando saia o decreto da área integrada, para que pase a ostentar aquel nombramento.

CSI-F reclama ao Goberno un catálogo básico de servizos públicos para acoutar as privatizaciones

Primeira reunión do Consello Asesor para a reforma das Administracións Públicas

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) propuxo hoxe ao Goberno a elaboración dun catálogo básico, de referencia para o conxunto das administracións, no que se determine aqueles servizos que deben ser de carácter público e, xa que logo, prestarse única e exclusivamente por empregados públicos.

CSI-F, sindicato máis representativo nas Administracións Públicas,  levou esta proposta ao Consello Asesor para a reforma das Administracións Públicas, que se reuniu hoxe por primeira vez no Palacio da Moncloa, coa misión de colaborar no deseño, ejecución e posta en marcha desta reforma, cualificada como "prioritaria" polo Executivo.
CSI-F considera que os empregados públicos deben exercer un papel central e protagonista nesta reforma; que se debe garantir a estabilidade dos postos de traballo e os servizos públicos esenciais que reciben os cidadáns e desde logo, evitar que esta reforma se produza a costa da privatización ou externalización masiva de entes e organismos e o empeoramento das condicións laborais. Ademais, a reforma debe realizarse sen imposicións e con absoluta transparencia.

Neste sentido, CSI-F entende que o Goberno debe delimitar con claridade meridiana que servizos públicos deben prestar as administracións directamente a través dos empregados públicos e cales a través doutras formas de xestión. É dicir, que deben e que non deben facer as Administracións Públicas, e prescindir de entes, gastos superfluos e empresas politizadas, coa contratación de persoal sen os adecuados controis (os criterios de igualdade, mérito capacidade e publicidade que determina o dereito público). Outra proposta nesta mesma liña pasa pola creación dun rexistro de asesores.

CSI-F espera que o Goberno aproveite esta oportunidade para alcanzar un verdadeiro pacto de Estado polas Administracións Públicas, para modernizar o sector público, mellorar en eficacia e transparencia e dignificar o papel dos empregados públicos, inxustamente maltratados na crise. Os empregados públicos son básicos para garantir a imparcialidad e a transparencia das estruturas do Estado.

CSI-F seguirá moi de preto os traballos do Consello Asesor para que o Goberno o dote de contido e estableza un calendario de traballo e advirte  que os empregados públicos non aceptarán ser convidados de pedra nesta reforma.