A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) valora de xeito positivo a providencia da Audiencia Nacional e, dende o respecto á independencia ao Poder Xudicial, agarda que se suscite unha cuestión de constitucionalidade. De feito, CSI-F e o resto dos sindicatos dirixíronse recentemente á Defensora do Pobo e aos Grupos Parlamentarios para que promoveran un recurso de Inconstitucionalidade nos mesmos termos que suxire agora a Audiencia Nacional. Para CSI-F, o decreto do Goberno vulnera claramente as garantías constitucionais que garanten a imposibilidade de aplicar con carácter retroactivo a retirada da paga extra. De feito considera que este decreto ten un carácter confiscatorio inadmisible nun estado de Dereito. Dende a prudencia, á espera de coñecer unha decisión definitiva por parte dos tribunais, CSI-F agarda que o Goberno tome nota e rectifique canto antes, posto que ao longo das próximas semanas vai recibir unha catarata de reclamacións por parte dos diferentes ámbitos das administracións públicas, tanto do persoal funcionario, como laboral. Grazas ás presións de CSI-F, o pasado mes de decembro, Facenda decidiu devolver aos empregados públicos as cotizaciones correspondentes á paga extra de Nadal non cobrado.
mércores, 30 de xaneiro de 2013
martes, 29 de xaneiro de 2013
Pequena guía de funcionamento das listas de espera na CCAA de Madrid.
Segundo informa o diario "El País", a sanidade madrileña presiona aos pacientes para operarse en clínicas privadas, co fin de evitar as supostas demoras da sanidade pública.
¿Cómo o fan? Se lle informa aos pacientes da demora máxima, non da que realmente existe. A modo de exemplo, se da o caso de pacientes que de non aceptar a
derivación poderían operarse no seu hospital nun plazo dun ou dous
meses, e se lles informa de que poderían tardar ata seis meses.
¿Por qué minten? Porque a entonces Presidenta de CCAA de Madrid se
comprometeu a dimitir se algún madrileño agardaba máis de 30 días para
ser operado.
Enton, ¿ningún madrileño agarda mais de 30 días para ser operado? Vaiamos por partes:
- A CCAA de Madrid modificou a xestión de listas de esperas, de tal xeito que empeza a contar o tempo cando xa teñen o preoperatorio feito e pasada a consulta de anestesia (aproximadamente un mes).
- Ofertan aos pacientes a posibilidade de ser operado nun centro privado no prazo dun mes, a contar dende entonces (xa levamos dous meses).
- De non aceptar, ese compromiso de ser operado nun mes xa non é válido, porque supostamente o sistema xa te ofreceu a posiblidade de ser intervido ciruxicamente e foi rexeitada.
Finalmente, ¿Quen chama a estes pacientes? Parece ser que no 2010, o entonces conselleiro Guemes privatizou o sistema de citas, e a empresa Indra que gañou o concurso ten un call center dende o que se fan a maioría destas chamadas.
Podes leer o artigo na seguinte ligazón:
derivación a clínicas privadasA retirada da "extra" de decembro desploma o comercio minorista
A retirada da paga extra de Nadal ao colectivo de empregados públicos repercutiu de xeito negativo sobre as vendas comerciais e por extensión no conxunto da economía do país, como veu denunciando a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, ao longo dos últimos meses.
Segundo os datos publicados hoxe polo INE, as vendas no comercio minorista esborralláronse un 10,2 no último mes do ano, respecto de decembro de 2011, acentuando en case dous puntos e medio a caída interanual de novembro (-7,8%) e encadenando así 30 meses de descensos consecutivos.
Estes datos seguen o ronsel do informe recientemente publicado polo Banco de España, segundo o cal a economía española intensificou a súa caída no cuarto trimestre de 2012 e contraeuse un 1,3 por cento no conxunto do ano.
CSI-F considera que os empregados públicos pagaron a peaxe dos obxectivos do déficit marcados polo Goberno, a través dunha medida tan inxusta e arbitraria como a retirada da paga extra de Nadal, decisión que foi recorrida, tanto a nivel administrativo como nos xulgados do social, no caso do persoal laboral.
Neste sentido, se finalmente se relaxan os obxectivos do déficit, tal e como apuntou onte o vicepresidente da Comisión e responsable de Asuntos Económicos, Olli Rehn, e se confírman os signos de estabilización as diferentes administracións deberán compensar aos empregados públicos, nun tempo razoable.
luns, 28 de xaneiro de 2013
Estulticia institucional (2): "A orde"

Non sei se teño que pedir permiso para publicar isto, é que na orde non me queda claro...
Se non ves ben a imaxe, pódela consultar na seguinte ligazón: A orde
domingo, 27 de xaneiro de 2013
Censura informativa no Sergas: "Estulticia institucional"
Segundo informa o diario "La Región", Dona Eloína Nuñez, curmá do Presidente da Xunta, e xerente da área de xestión integrada de Ourense, ven de emitir unha orde pola que o persoal sanitario non poderá atender as demandas de información dos medios sen "a debida autorización da Dirección". Esta prohibición exténdese non só á xornada laboral senon tamén o seu tempo de lecer, o que se xustifica en aras ao principio de "deferencia institucional", principio que eu calificaría, mais ben, coma de "estulticia institucional". A verdade é que esta xente agota a calquera...
Podes ampliar a información na seguinte ligazón:censura informativa
venres, 25 de xaneiro de 2013
Primeira sentenza xudicial contra a retirada da paga extra
A
Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis
representativo nas Administracións Públicas, felicítase pola primeira
sentenza xudicial contra o Real Decreto do Goberno polo que se retirou
aos empregados públicos a paga extra de Nadal.
En concreto, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid condena á Axencia de Informática e Comunicacións da Comunidade de Madrid a devolver a parte proporcional da paga extra que fora devengada os meses previos á entrada en vigor do Real Decreto (14 días).
A sentenza estima parcialmente a demanda dos traballadores, pero CSI-F (sindicato personado na demanda) entende que é un primeiro paso para que os tribunais recoñezan a inxustiza que supuxo a retirada desta retribución aos empregados públicos. Ademais, coincide coa recomendación do Defensor do Pobo.
Neste sentido, esixe ao Goberno que devolva estas cantidades ao conxunto dos empregados públicos (no caso do persoal funcionario, a parte devengada ascende a 44 días, fronte aos 14 que establece a sentenza coñecida hoxe).
CSI-F utilizou os mesmos argumentos da sentenza nas diferentes demandas presentadas en todos os niveis da Administración polo que confía en que esta devolución deberase producir a todos os traballadores. En todo caso, o sindicato advirte de que chegará ata o final para que aos empregados pú blicos se lles devolva esta retribución.

CSI-F esixe ao Goberno un Plan urxente de Ordenación de Recursos Humanos no sector público
Un total de 218.900 persoas perderon o seu emprego no sector público en
2012, o que supón un 7 por cento máis respecto ano anterior. Trátase do
segundo ano consecutivo no que se destrúen postos de traballo no sector
público, co agravante de que neste exercicio a perda de empregos foi
case sete veces superior á de 2011, cando o emprego público descendeu en
32.400 postos de traballo.
Estes datos confirman as denuncias que veu realizando CSI-F -sindicato máis representativo nas Administracións Públicas- mes a mes sobre a destrución de emprego en sectores tan sensibles como a sanidade, os servizos sociais, a educación ou a xustiza.
Ademais, poñen en evidencia que hoxe máis que nunca é necesario un plan urxente de ordenación de recursos humanos no sector público para determinar as necesidades de persoal para garantir a correcta prestación dos servizos públicos que reciben os cidadáns.
CSI-F volve a emplazar ao Goberno a impulsar un pacto de Estado nesta materia. É preciso realizar un diagnóstico obxectivo e planificado dos recursos humanos para determinar as necesidades dos diferentes servizos; realizar a convocatoria urxente dunha oferta de emprego público; desenvolver un plan de consolidación emprego e da temporalidad.
O Plan de ordenación de recursos humanos debe conter tamén os sistemas de organización do traballo, a selección formación e movilidad do persoal, os plans e itinerarios de carreiras profesionais, ou a promoción da movilidad e promoción interna.
"Estamos asistindo a un ERE encuberto de emprego público. Na actualidade, acceder ao emprego público xa non é garantía de nada. Xogámonos o futuro do Estado Social que construímos en democracia, co esforzo de todos os españois", destaca o presidente de CSI-F, Miguel Borra.

martes, 22 de xaneiro de 2013
Xestión publica ou privada dos servizos sanitarios: Interesante artigo de Sergi Jiménez
Recoméndovos a lectura deste artigo co que, como o seu título indica, se pretende "introducir elementos para un debate informado". O abeiro da situación que se está a vivir na sanidade madrileña, plantéxanse, entre outras, cuestións tales coma a necesidade de introducir "normas
de bo goberno como son a transparencia e a rendición de contas á
cidadanía, a participación dos axentes nas decisións, .... e a consideración de criterios explícitos
de eficiencia e calidade na toma de decisións, todos criterios eles
prácticamente ausentes na cultura de xestión
española".
Segundo este artigo, "os recortes indiscriminados levan a unha erosión da calidade do sistema e
o desapego dos profesionais. Políticas non xustificadas arriscan a
desafección do cidadán cara ao sistema sanitario público e cara aos seus
representantes, polo que deben adoptarse decisións intelixentes e informadas
previamente polo coñecemento científico e técnico dispoñible."
Podes consultalo na seguinte ligazón:
Proba ECOE: Acceso excepcional ao título de Médico Especialista en Medicina Familiar
CSI- SANIDADE INFÓRMAVOS QUE o prazo para solicitar o acceso á proba
ECOE, ampliarase ata o día 31 de Marzo deste ano, aínda que está
pendente de publicarse dita convocatoria.
Oficiosamente e segundo as nosas fontes do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, estase agardando un cambio normativo mínimo do RD 1753 DE 1998 ONDE SE RECOLLE Os REQUISITOS NECESARIOS A CUMPRIR, para poder presentarse á proba ECOE, estes requisitos han de ser obtidos a data de 31 de decembro de 2008.
O cambio normativo, presuponse será ao redor da segunda metade de febreiro, co que unha vez feito, seria a ultíma posibilidade de apuntarse á realización da proba ECOE, tamén nos dixeron que dada a crise económica, non será o típico formato de exame practico de 9 estacións, agora mesmo as cifras para realizar o exame son :
1100 solicitudes pendentes do ano 2011,
85 suspensos de convocatorias anteriores,
e esperan ao redor de 500 solicitudes novas
REPETIMOS, TRALA APROBACION DA MODIFICACION NORMATIVA, SERA O 31 DE MARZO, A ÚLTIMA POSIBILIDADE DE APUNTARSE, PARA A REALIZACION DA ECOE
Os requisitos para poder presentarse a devandita proba son:
- Ter polo menos 5 anos de servizos prestados antes do 1 de Xaneiro do 2008
- 300 horas de formación nos apartados que figuran no decreto, realizadas antes do 1 de Xaneiro de 2008.

Os interesados en presentarse en devandita convocatoria teñen que
solicitalo e presentar os seguintes documentos xunto á folla de
solicitude que vos achegamos na seguinte ligazón: solicitude
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia do título de Licenciado en Medicina e Cirugía Xeral.
- Certificado de servizos prestados.
- Fotocopia de títulos de cursos das materias que recollen o Decreto.
Todas as copias dos documentos deben estar compulsadas.
ESTA DOCUMENTACIÓN PÓDESE PRESENTAR EN CALQUERA REXISTRO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

luns, 21 de xaneiro de 2013
Retraso na idade de da xubilación
Achegámosvos o Real Decreto 1716/2012 e "CSI-F informa" que elaboraron os
compañeiros de Castilla-Leon, sobre a entrada en vigor da Lei 27/201. Como todos sabedes, a partir do 1 de xaneiro de 2.013 incrementásese de forma
Progresiva o periodo de computo para o cálculo da pensión de 15 a 25
anos, e atrasásese a idade de jubilacion de 65 a 67 anos. Adxuntamos, tamén, as táboas de
calculo da aplicacion.
taboa de aplicación idade xubilación
RD 1716/2012
Retraso na idade de xubilación
venres, 18 de xaneiro de 2013
O groso de empregados na Administración Xeral do Estado interpón mañá a reclamación da paga extra
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato
maioritario na Administración Xeral do Estado, e o resto de sindicatos
con representatividade neste ámbito, interporán mañá, de forma
colectiva, un recurso administrativo para a restitución da paga extra de
Nadal. Este é o paso previo á demanda xudicial pola vía do
Contencioso-Administrativo.
En concreto, presentaranse reclamaciones que afectan aos 13 ministerios que conforman o Goberno máis a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Ao longo dos próximos días faranse efectivas as reclamacións no resto dos sectores da Administración, tanto no persoal laboral como funcionario, para que se restitúa este dereito salarial consolidado.
CSI-F confía en que estes recursos, presentados de xeito individual co respaldo das centrais sindicais, prosperarán e no seu caso, solicitarase a extensión da sentenza a todos e cada un dos empregados públicos afectados pola medida. Os sindicatos consideran que a retroactividade do decreto de recortes vulnera as garantías constitucionais, ademais de quebrar o principio de seguridade xurídica.
As organizacións sindicais, en breve, tamén promoverán conflitos colectivos en todos os Convenios do ámbito da Administración Xeral do Estado cara a conseguir a nulidade do Real Decreto.
O colectivo de empregados públicos, de xeito paralelo, solicita unha reclamación parcial da parte proporcional da paga extra devengada os días previos á entrada en vigor do citado real decreto, en liña coas recomendaciones do Defensor do Pobo, que foi desatendida polo Goberno.

mércores, 16 de xaneiro de 2013
Peche no Hospital Xeral de Vigo
Continua o peche no Hospital Xeral de Vigo de traballadores e usuarios da Sanidade Pública. O peche que se iniciou onte, manterase ata maña xoves ás 11,00 horas. Ese mesmo día
estamos convocados todos os empregados pùblicos ás 19 horas diante do
MARCO, co mesmo lema: En DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS e CONTRA OS RECORTES DOS NOSOS DEREITOS.
domingo, 13 de xaneiro de 2013
sábado, 12 de xaneiro de 2013
Discrepancias nas baremacións dos aspirantes MIR
Ante a intranquilidade xenerada entre os aspirantes ás prazas de formación MIR, tras coñecerse a existencia de erros na baremacións dos seus expedientes académicos, o Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade publicou unha nota informativa na sua paxina web na que informa de que se vai proceder á revisión dos expedientes académicos de todos os aspirantes na categoría de Medicina. Recordamos que só falta 3 semanas para a citada proba. Podes consultala na seguinte ligazón:
"Tendencioso e torticero"
A ver si o entendo, un conselleiro de sanidade, chamemoslle "C", dunha CCAA, saca a concurso a adxudicación dun laboratorio. Preséntanse varias ofertas, entre as que está a da empresa "X", que obten a concesión e a empresa "Y" que non resulta adxudicataria. Co tempo ese conselleiro vai traballar a empresa "Y", e casualmente, a empresa "X", a adxudicataria, vende as accións a empresa "Y" na que traballa o conselleiro "C". Realmente, ¿cómo se pode pensar mal? Son cousas do mercado. Xa se sabe como funciona....
Amplia a información na seguinte ligazón: guemesvenres, 11 de xaneiro de 2013
Funcionarios de "antirrebaixas"
O xornal "La Nueva España" da conta da protesta de decenas de empregados públicos como consecuencia dos recortes. A iniciativa consistiu en ir polos comercios de Oviedo tan só mirando, xa que sen extra «non podemos comprar". Podes ampliar a nova na seguinte ligazón:
xoves, 10 de xaneiro de 2013
Un modelo "entrañable" de sanidade: Por Antonio Burgueño, Director Xeral de Hospitales de Madrid
Para entender o que está pasando coa sanidade madrileña nada mellor que ver este vídeo, os primeiros minutos chegan. Antonio Burgueño foi un dos promotores do Hospital de Alzira (Ribera Salud) e nese trasiego entre o público e o privado que se da na sanidade, e no que ninguén ve ningún conflicto de intereses, rematou como Director Xeral de Hospitales da comunidade autonóma de Madrid. Acúsano de ser o responsable dos plans privatizadores do goberno madrileño. Non sei que pensar....
mércores, 9 de xaneiro de 2013
As medidas do Goberno contra o absentismo están inxustificadas
As diferenzas no absentismo entre o sector público e privado xa eran mínimas o ano pasado. A porcentaxe de absentismo no sector público ao longo do último
trimestre foi do 1,75 por cento, respecto ao 1,76 do sector privado,
segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.
Para a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, estes datos demostran que as recentes medias impulsadas polo Goberno están inxustificadas e absolutamente fóra de lugar e reclama que se elimine esta penalización. De feito, no mesmo periodo do ano pasado (segundo trimestre de 2011) a diferenza entre ambos sectores xa era mínima, en concreto, 2,09 por cento no sector público respecto ao 2,04 do privado.
A instrución de Xornada e Horarios, publicada o pasado 29 de decembro, penaliza con redución de retribuciones as situacións de baixa que non comporten incapacidade temporal (as enfermidades leves, como catarros ou lesións que non requiren baixa médica).
CSI-F entende que esta orde é unha nova volta de tuerca sobre os dereitos dos empregados públicos e contribúe a difundir a idea falsa de que o absentismo é maior na administración. Por outra banda, as medidas sobre a incapacidade temporal, entraron en vigor o 15 de outubro.
Os datos do INE desmontan esta tese e evidencian que as ausencias ao traballo por enfermidade, accidente ou incapacidade temporal son moi similares en ambos sectores. Ademais, o descenso no absentismo débese fundamentalmente á situación económica que atravesa o país. Por outra banda, é preciso chamar a atención en que os novos criterios do Goberno van dar lugar a situacións indesexadas, dado que por non perder diñeiro da súa nómina, empregados públicos como médicos, policías, ou profesores van acudir ao seu posto de traballo en condicións físicas mermadas ou, por exemplo, cos síntomas dun catarro, como febre ou malestar.
Segundo CSI-F, as administracións teñen instrumentos para perseguir a aquelas persoas que de xeito inxustificada se ausentan do traballo e xa que logo, non é necesario que volvan pagar xustos por pecadores. Neste sentido, CSI-F propoñerá o impulso de criterios obxectivos para evaluar a productividade dos empregados públicos, así como un novo plan de reordenación de emprego, no marco da futura reforma da Administración Pública que prepara o Goberno.

martes, 8 de xaneiro de 2013
O Goberno incorpora aos sindicatos á reforma das Administracións, trala petición de CSI-F
CSI-F reclama o inicio da Comisión cun plan e calendario de traballo concretos
O Goberno incorporou aos sindicatos á Comisión asesora sobre a futura reforma das Administracións Públicas, trala petición formal realizada pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo no sector.
O presidente do sindicato, Miguel Borra, mantivo unha reunión o pasado 28 de decembro cos subsecretarios do Ministerio da Presidencia e de Facenda e Administracións Públicas, no Palacio da Moncloa. Nesa reunión sinalouse a necesidade de que os axentes sociais estivesen presentes na citada comisión para todos aqueles asuntos relacionados co persoal.
Neste sentido, CSI-F felicítase da constitución desta Comisión e espera que se traduza en feitos concretos que permitan mellorar as condicións e dignificar o emprego dos traballadores da Administración, eliminar duplicidades e ineficiencias e ao mesmo tempo preservar a calidade dos servizos que reciben os cidadáns.
CSI-F espera que a comisión non se quede nun xesto e advirte de que os empregados públicos non van asistir como convidados de pedra á reforma das Administracións Públicas. Xa que logo, reclama que se constitúa canto antes, cun calendario e unhas liñas de traballo que, entre outros aspectos, deberían incluír a mellora das condicións, a profesionalización e a productividad dos empregados e empregadas públicas.
CSI-F cre que se debe aproveitar esta reforma para impulsar, dunha vez por todas, un Pacto de Estado no ámbito das Administracións Públicas, que pase páxina aos recortes que sufriron durante os últimos anos os traballadores deste sector e se lles compense nun periodo de tempo razoable, cando as circunstancias económicas o permitan.

luns, 7 de xaneiro de 2013
Negocio sanitario (editorial do diario "El País"
Recoméndovos a lectura deste editorial publicado no xornal "El País" no día de hoxe.
domingo, 6 de xaneiro de 2013
SANIDADE PÚBLICA: SÍ SE PODE
Análise sinxela e CLARA sobre a privatizacion da sanidade. Tóma
5 minutos e difúndeo se crees que paga a pena.
www.youtube.com/watch?v= PAy5tOq4CFk
www.youtube.com/watch?v=
venres, 4 de xaneiro de 2013
Morte aos sindicatos: por Iñaki Gabilondo
Co voso permiso transcribo artigo de Iñaki Gabilondo:
MUERTE A LOS SINDICATOS
Nueva moda. Rajar de los sindicalistas. Algo fácil y barato, por cierto. Lo llevan en la solapa ciertos políticos, lanzando mensajes subliminales sobre su actual falta de utilidad para los trabajadores, politización, corrupción, derroche económico. Resulta curioso: Los mismos que alientan al escarnio público, suelen lanzar piedras cargadas por sus propias mezquindades.
Además, la destrucción del sindicalismo hace mucho más fácil la labor de los gobernantes, sin movilizaciones ni huelgas, especialmente la de quienes dirigen tras la cortina. Qué bien estaríamos si no existieran los sindicatos, piensan algunos.
El problema es que esa frase por la que suspiran los gobernantes "Qué bien estaríamos sin sindicatos" empieza a calar entre la gente de a pie, con un discurso cargado de improperios, gritos, oportunismo, mala leche y, sobre todo, un enorme vacío de argumentos que se resume en: "Para lo que hacen, mejor que no hagan nada", "Por mi los echaba a todos y los ponía a trabajar", "Están vendidos, no se mueven, no están con los trabajadores". Luego terminan reservándote para el final el placer de oír la raída historia de: "Conozco a uno que está de liberado sindical.".
Confesar ser liberado sindical, en estos tiempos que corren, es un auténtico pecado capital. Mejor inventar cualquier otra cosa antes de que te descubran. Te pueden acechar en cualquier esquina, a cualquier hora: sacando dinero, haciendo la compra, recogiendo a tus hijos en el colegio. Cualquier lugar y excusa es buena, para utilizar como insulto la palabra "sindicalista".
Se puede ser banquero chupasangre, se puede ser político en cualquiera de sus muchos cargos (concejal, alcalde, o delegado provincial.) y trincar todo lo que se quiera, aceptar sobornos y trajes, realizar chantajes, revender terrenos públicos, recortarle el sueldo a los trabajadores o directamente despedirlos sin indemnización. Se puede, incluso, aumentar el recibo de la luz a los pensionistas hasta asfixiarlos, o salir en fotos besando niños y ancianos mientras los colegios y asilos se caen a trozos, cobrar dos o tres sueldos en tres cargos diferentes, declarar a hacienda que se está arruinado mientras se cobra de mil chanchullos distintos, para que su hijo obtenga la beca que le permita comprarse una moto a costa del Estado.
En este maldito país se puede ser lo que se quiera, pero no sindicalista.
Nadie se acuerda ya de la última huelga, aquella en que nadie de la empresa fue, excepto los dos afiliados que perdieron el sueldo de aquel día, para que luego se firmara un acuerdo que les subió el sueldo a todos. Incluso a aquellos que escupieron sobre la huelga.
O de Luís, ese hombre que estuvo 30 años cotizando, y que gracias a la pre-jubilación que se consiguió en su momento, puede ahora, con 60 años y despedido de su puesto, tirar para adelante sin necesidad de buscar un trabajo que nadie le ofrecería.
Recuerden también a Marta, la chica de 23 años que estuvo aguantando un jefe miserable con aliento a coñac, que le obligaba a hacer más horas extras para tener un momento de intimidad donde poder acosarla mientras le recordaba cuándo le vencía el contrato. Hasta que su mejor amiga la llevó al sindicato y, gracias a una liberada sindical, ahora el tipo ha tenido que indemnizarla hasta por respirar.
Son muchos los que les deben algo a los sindicatos, y a los sindicalistas: El maestro que pudo denunciar al padre que le pegó en la puerta del colegio, los trabajadores que consiguieron que no les echaran de la RENAULT, la chica que pudo exigir el cumplimiento de su baja por maternidad en su supermercado. Porque también fue una liberada sindical la que se puso al teléfono el día en que despidieron a Julia, la chica de la tienda de fotos, y le ayudó a ser indemnizada como estipulan los convenios; y aquel otro joven que movió cielo y tierra para arreglarle los papeles al abuelo para procurarle una paga medio-decente, porque los usureros de hace 30 años no lo aseguraban en ningún trabajo. Para qué recordar las horas al teléfono escuchando con paciencia a cientos de opositores a los que no aprobaron, gritando e insultado porque en el examen no les contaron 2 décimas en la pregunta 4. O el otro compañero sindicalista, el que denunció a la constructora que se negaba a indemnizar a la viuda de su amigo Manuel, que trabajaba sin casco.
Ya nadie se acuerda de dónde salieron sus vacaciones, los aumentos de sueldo que se fueron consensuando, el derecho a una indemnización por despido, a una baja por enfermedad, o a un permiso por asuntos propios.
Esta sociedad del consumo, prefiere tirar un saco de manzanas porque una o dos están picadas, por muy sanas que estén el resto. Los precedentes televisivos: entrenadores de fútbol, famosos de la exclusiva en revistas, y demás subproductos, se convierten en clinex de usar y tirar dependiendo de las modas. Ahora, en un momento en que los trabajadores deben estar más juntos, arropados y combatientes contra quienes realmente les explotan, aparecen grietas prefabricadas en los despachos de los altos ejecutivos, ávidos de hincar más el diente en el rendimiento de la clase trabajadora.
¿Quién tirará la primera piedra?. ¿Serán los políticos gobernantes, o los banqueros quienes hablarán de dejadez o vagancia?. ¿Tendrán capacidad moral los jueces o los periodistas, de hablar de corrupción en las demás profesiones?. ¿Serán más idóneos para iniciar lapidaciones, los super-empresarios del ladrillo?. ¿En qué profesión se puede jurar que no existen vagos, corruptos, peseteros, o ladrones?. ¿Preguntamos mejor entre la Iglesia o la Monarquía.?.
Pero qué fácil resulta rajar en este país. Siembra la duda, y obtendrás fanatismo barato.
Qué bien asfaltado les estamos dejando el camino a quienes realmente nos explotan cada día. ¡Acabemos con los sindicatos!. Sí. Dejemos que la patronal y los bancos regulen los horarios, las pensiones, los sueldos, las condiciones laborales y los costes del despido. Verán cómo nos va a ir con la reforma del mercado laboral, cuando los sindicatos dejen de existir y no puedan convocarse huelgas ni manifestaciones.
Verán qué contentos se pondrán algunos cuando sepan que ya no estarán obligados a pagar las flores de los centenares de trabajadores que mueren todos los años, a costa de sus mezquindades.
Iñaki Gabilondo.
xoves, 3 de xaneiro de 2013
Instrucións para a petición do anticipo de nómina
A pesar do silencio informativo da Consellería de Facenda sobre os trámites para solicitar o anticipo de nómina anunciado polo Goberno Galego, CSIF pon a disposición dos Empregados Públicos as instrucións ditadas a tódolos habilitados de nóminas así como o anexo para formalizar a petición. Podes consultalas na ligazón que figura na parte inferior desta entrada.
O prazo máximo para solicitar dito anticipo finaliza o vindeiro 10 de xaneiro de 2013.
mércores, 2 de xaneiro de 2013
martes, 1 de xaneiro de 2013
INDECENTE E MENDAZ (V): "O ANTICIPO".
A "benevolencia" do "magnánimo" Presidente da Xunta de Galicia non ten medida, tras recoñecer durante a campaña electoral que non lle podía pedir máis sacrificios os empregados públicos galegos, a sua grande preocupación por este colectivo levouno a propor "unha mellora do 3% do noso poder adquisitivo"(Ai deses ingratos que non saber ver a botella medio chea!!). Pero non queda ahí a cousa, na sua incensante inquedanza por mellorar a nosa situación, e tras unha tormenta de ideas cos membros/as do seu gabinete, alumearon unha grande nova, imoslle permitir en recoñecemento aos seus esforzos solicitar un anticipo do 50% do 60% do 100% do que deberían cobrar na extra de xuño de 2013. NON TEÑO PALABRAS.