Falando dos politicos que nos gobernan, recomendo a lectura de este interesante artigo publicado no xornal "El País". Entre outras cousas se explica como "a clase política española é produto de varios
factores entre os que destaca o sistema electoral proporcional, con
listas pechadas e bloqueadas confeccionadas polas cúpulas dos partidos
políticos. Este sistema dá un poder inmenso aos dirixentes dos partidos e
acabou producindo unha clase política disfuncional." Pode que nos axude entender o que nos está a pasar.
domingo, 30 de decembro de 2012
INDECENTE E MENDAZ (4): O axuste salarial manterase ata acadar a Xunta os ingresos do 2009
Segundo publica o xornal "Faro de Vigo", "A Xunta ve "necesario" manter o axuste salarial que aplicará o próximo
ano (un 4% menos de soldo ao ano de media, un axuste que se reparte
recortando as pagas extra de verán e Nadal) ata recuperar o nivel de
ingresos que tiñan as arcas autonómicas en 2009. Os fondos da Xunta
terán que crecer, e levan catro exercicios de recortes continuados, un
34,6% con respecto aos 8.479 millóns previstos para 2013".
Por si alguén non o tiña claro é evidente tras esta nova e tras coñecerse que o equipo económico do Goberno da Xunta seguiu traballando nos presupostos durante o periodo electoral, que habería novos recortes en materia salarial, o que casa moi mal con algunhas declaracións do candidato a Presidente da Xunta polo Partido Popular.
O distanciamento entre o povo e a sua clase política cada vez é maior. Quen goberna (máis ben desgoberna) este país non está a altura do mesmo. Quen é capaz de mentir co único fin de acadar o poder, para unha vez nel, facer o contrario do que predicou na campaña electoral, perde calquer tipo de lexitimidade que as urnas lle poideran dar.
venres, 28 de decembro de 2012
CSI-F reitera o adianto da paga extra ata 2015 e anima a todas as CC.AA. a seguir este modelo
A
Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) pediu ao
Goberno, nunha reunión mantida en *Moncloa cos subsecretarios de
Presidencia e Facenda , que se adiante a paga extra de xullo de 2013 a
xaneiro de 2013, e así de xeito sistemático ata 2015, seguindo o modelo
que aprobou este xoves a Xunta de Estremadura.
A Xunta de Galicia tamén acordou onte o adianto do 50 por cento da paga extra, mentres que o Parlamento Vasco aprobará hoxe unha medida na mesma liña, para compensar aos empregados públicos pola anulación da extra de Nadal. Neste sentido, *CSI-*F aplaude a vontade política destas autonomías, especialmente as gobernadas polo PP que contraveñen as directrices do Goberno central, e anima ao resto das administracións a seguir este exemplo.
Para *CSI-F, sindicato máis representativo das Administracións Públicas, esta fórmula non é gravosa en relación aos obxectivos de déficit. Ademais, parece razoable que o conxunto dos empregados públicos de todo o Estado se réxan polos mesmos criterios, sen diferenzas entre territorios administrativos.
Por outra banda, CSI-F obtivo onte o compromiso do Goberno de abrir unha liña de negociación cos axentes sociais no marco da reforma das Administracións Públicas, para todas aquelas cuestións que afecten ao persoal administrativo.

xoves, 27 de decembro de 2012
Ampliación prazo reclamación Enfermeiro/a, Enf. 061, Matrón/a, Logopeda e Traballador Social
Transcribimos información enviada pola S.X. de Xestión e Políticas de Persoal do Servizo Galego de Saúde:
Informamos que o prazo de reclamacións das listas seguintes, ampliarase ata o 4 de xaneiro (inclusive). O Acordo que se xunta será publicado previsiblemente o día 31 /12/2012 no DOG. Indicarémosvos a data exacta da publicación no DOG en canto dispoñamos dela.
Listas:
· Enfermeiro/a.
· Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
· Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).
· Logopeda.
· Traballador/a Social.
Recorte salarial: Escrito a Consellería de Facenda
CSI•F solicítalle á Conselleira de Facenda que retire da orde do día do Consello da Xunta de Galicia que se vai celebrar o día 27 de decembro de 2012, o punto relativo á supresión do complemento específico.
Despois de demostrar que, contrariamente ao que asegurou o Presidente da Xunta de Galicia, a medida é regresiva e non proporcional.
CSI•F solicita do goberno de Galicia, a través da súa Conselleira de Facenda, que retire da orde do Consello da Xunta de Galicia, previsto para o día de hoxe, a supresión do complemento específico ou concepto similar das pagas extraordinarias, e que se abra unha Mesa de Negociación real e efectiva, dando cumprimento ao disposto no Estatuto Básico do Empregado Público.
Tamén esta organización sindical presente en dita Mesa, solicitamos que se nos facilite a documentación e informes económicos pertinentes, podamos estudar, debater e negociar sobre as medidas propostas polo executivo e as alternativas ou alegacións que se poida efectuar coma representantes lexítimos dos empregados públicos.
Todo elo, coa única intención de evitar que os empregados públicos galegos non volvamos ser, unha vez máis, as vítimas innecesariasdunha crise económica que non provocamos pero na que xa amosamos con fartura a nosa capacidade de sacrificio e de solidariedade cos problemas do noso pais.
CSI•F, 27 de decembro de 2012.
Podes consultar o escrito na seguinte ligazón:
luns, 24 de decembro de 2012
INDECENTE E MENDAZ (3): A SUPOSTA PROGRESIVIDADE
Logo
das dúas reunións que a Xunta mantivo o venres cos sindicatos para
anunciarlles a rebaixa do soldo dos funcionarios, os representantes dos
traballadores comezaron a botar as súas contas. 'Eu non vexo a
progresividad que di a Xunta no recorte e tampouco souberon explicala',
afirma José Francisco Sánchez-Brunete, secretario de acción sindical do
CSIF, un dos representantes dos funcionarios que asistiu á Mesa de
Negociación con José María Barreiro, director de Función Pública.
Consulta a información completa na seguinte ligazón ao diario "La Región": recorte salarial
Consulta a información completa na seguinte ligazón ao diario "La Región": recorte salarial
INDECENTE E MENDAZ (2): OU COMO INTENTAR ENGANAR A TODO O MUNDO
O venres 21 os sindicatos estabamos convocados a unha Mesa da Función Pública na que o Goberno indecente e mendaz que padecemos ía explicar os recortes que, antes das eleccións, negou se foran a producir . Como xa sabedes, aplicarase un recorte medio do catro por cento, (entre o 2 e o 6% segundo as retribucións). Para elo suprimen o complemento específico que cobramos coas extras de xuño e decembro, o que roman paladín ven supoñer un 40% menos en cada unha das citadas extras. Se sumamos a isto a explicación de que iamos cobrar un tres por cento máis que o ano anterior, quizais se podan comprender situacións coma a que ilustra o seguinte vídeo.
venres, 21 de decembro de 2012
INDECENTE E MENDAZ
DIARIO EL MUNDO: 10 DE SEPTIEMBRE DE 2012
POLÍTICA
|
Se muestra partidario de no subir impuestos
Feijóo, sobre Hollande: 'Hizo lo que dijo que no haría; esto ocurre últimamente'
Alberto Núñez Feijóo, con el ex presidente gallego Gerardo Fernández Albor. | Efe- Afirma que la UE tiene 'los líderes menos sólidos de los últimos años'
- 'Los que nos gobiernan en Europa deberían de ser un poco más serios', dice
EL PAIS: 20 DE JULIO DE 2012
Feijóo: "Ya no podemos pedir más esfuerzos a los funcionarios"
La Xunta se compromete a reintegrar la extra a los funcionarios en el caso de que la economía mejore pero sin concretar fechas
martes, 18 de decembro de 2012
Incidencias nas listas de contratación de DUE, DUE 061, matrón/a, logopeda e traballador/a social.
COMUNICACIÓN DO SERGAS EN RELACIÓN COAS ÚLTIMAS LISTAS PUBLICADAS:
Por Resolución de 3 de Decembro publicada no DOG de 18 de Decembro de 2012, ordenase a publicación das listas definitivas de admitidos/excluídos e baremación provisional con número de orde, estando prevista a visibilidade dos resultados no FIDES/ expedient-e, apartado de procesos e tamén as listas completas na páxina web no día de hoxe.
A baremación de cada aspirante admitido/a resultou visible no expediente electrónico dende as 8 horas deste día 18 de decembro, si ben as listas previstas no anuncio anterior non foron xeradas por incidencias técnicas que impidieron a súa publicación.
Neste intre, están a resolver as incidencias, e está prevista unha nova execución de listas que conlevará a suspensión da visibilidade dos resultados no expediente-e/procesos. Por tal motivo, a xeración e publicación das listas completas está previsto que se realicen ao longo do día 21 de Decembro. A nova publicación, será publicada no DOG e levará a unha ampliación dos prazos de reclamación e de recurso.
Desculpade as molesias.
luns, 17 de decembro de 2012
Listas definitivas: Enfermeiro/a, Enfermeiro/a 061, Matron/a, Logopeda, Traballador Social
Mañá, martes, 18 de decembro está prevista á publicación en DOG da Resolución de 3 de Decembro pola se da publicidade as listas definitivas de persoas admitidas e excluidas e baremación provisional con número de orde nas categorías seguintes, convocadas por sendas resolucións do 14 de marzo de 2012 publicadas no DOG do 26 de marzo de 2012:
- Enfermeiro/a.
- Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).
- Logopeda.
- Traballador/a Social.
As persoas que resultaron admitidas e non estén de acordo coa puntuación obtida, poderán presentar unha reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos no prazo de 10 días naturais dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Na seguinte ligazón tes a túa disposición un modelo de reclamación.
As persoas que presentaron a súa solicitude trala data do 26/04/2012, non figurará nestas listas. Daquela, a resolución da súa solicitude sairá na seguinte xeración que se formalice.
xoves, 13 de decembro de 2012
E agora, copago no transporte sanitario non urxente
Segundo informa o Ministerio de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade, éste xunto as Comunidades Autónomas, veñen de elaborar un borrador de orde ministerial que
regula a achega do usuario en transporte sanitario non urxente. Ou o que é o mesmo, a partir de agora tamén teremos que pagar por esta prestación. Esta
prestación está incluída dentro da carteira común suplementaria. Supostamente o
transporte sanitario urxente queda "blindado" e non terá ningunha achega
por parte do usuario.
Xustifican esta orde como un sistema para unificar a achega dos usuarios en toda España, que todos acheguen o mesmo con independencia da Comunidade Autónoma onde residan, e segundo dín vanse a establecer criterios de equidad en función da renda e da cronicidade da enfermidade. A achega non se establece en función de patoloxías concretas, pois se avaliará o estado do paciente. Para os enfermos con tratamentos prolongados establecerase a achega mínima.
O texto establece un prezo único por traxecto: 50 euros. Esta medida tómase para evitar penalizar a pacientes de zonas afastadas dos centros sanitarios ou rurais. Como norma xeral, terán achega reducida, polo que o usuario achegará o 10% (5 euros).
Establécense límites mensuais de 60 euros para as rendas superiores aos 100.000 euros anuais; 20 euros para quen gañan 18.000 a 100.000 (activos e pensionistas); e 10 euros para o resto.
Estes límites serán semestrais no caso de tratamentos periódicos superiores a seis meses, co que se protexe aos enfermos crónicos, que pagarán 1,6 ou 3,3 euros ao mes para a maior parte da poboación.
Estarán exentos os mesmos grupos que en farmacia (síndrome tóxica, rendas de inserción, parados de longa duración, etc.) e persoas que requiran tratamento derivado dun accidente laboral (cubrirao a mutua de accidentes, o INSS ou o Instituto Social da Mariña).
Non se considera transporte sanitario non urxente o traslado entre centros, polo que tamén estará exento de achega.
Os menores, persoas con discapacidade cognitiva, sensorial ou visual ou cando o seu estado de saúde así o requira poderán levar acompañante nos traxectos. Non terá ningún custo.

En relación coa extensión ata o 31 de marzo do desfrute de vacación e LDs: Nota de RRHH Sergas
Transcribimos a continuación comunicación remitida dende a Dirección de RRHH do Servizo Galegode Saúde:
"Boa
tarde, en relación co escrito procedente da Dirección Xeral da Función
Pública do 7/12/2012 sobre a extensión ata o 31/03/2013 do desfrute de
vacacións e días de libre disposición correspondentes a 2012 cómpre
aclarar –perante as diversas dúbidas plantexadas ao respecto- que o
réxime de desfrute de vacacións e días de libre disposición nas
Institucións Sanitarias do Servizo Galego de Saúde atópase regulado por
normativa específica pactada cos axentes sociais e plenamente vixente.
Por
iso a citada extensión non é de directa e xeneralizada aplicación no
noso ámbito, sen prexuízo dos pactos, acordos e mesmo prácticas
pacificamente aceptadas que, no marco da nosa lexislación, existen nos
diversos centros do organismo.
Esta mesma información ven de ser remitida aos diversos centros do Organismo".
martes, 11 de decembro de 2012
Auxiliar Administrativo Servizo Cantabro de Saúde: Nomeamento e adxudicación destinos (OPE 2007)
Con data
10 de decembro de 2012, ven de ser publicada no Boletín Oficial de Cantabria a Resolución
do Servizo Cantabro de Saúde mediante a cal se fai publico o nomeamento como
persoal estatutario fixo na categoría estatutaria de grupo auxiliar da función
administrativa de institucións sanitarias da comunidade autónoma de Cantabria e
adxudícanse os destinos ofertados.
O prazo
da toma de posesión, que deberá efectuarse na Dirección Xerencia á que se atope
adscrita a praza adxudicada, será dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación desta Resolución no Boletín Oficial de Cantabria.
Publicada OPE en Cantabria para determinadas categorías de persoal estatutario do grupo A
Onte, 10 de decembro de 2012 publicouse no Boletín Oficial de Cantabria o Decreto
polo que se aproba a Oferta Publica de Emprego do 2012 para
determinadas categorías de personal estatutario del Grupo A
(Subgrupo A1). As prazas incluidas nesta OPE son as seguintes:
- Facultativo Especialista de Área de Cirugía Cardiovascular (Prazas 1)
- Facultativo Especialista de Área de Urología ( Prazas 3)
- Facultativo Especialista de Área de Neumología (Prazas 3)
- Facultativo Especialista de Área de Alergología (Prazas 1)
- Facultativo Especialista de Área de Análisis Clínicos (Prazas 1)
- Facultativo Especialista de Área de Endocrinoloxía e Nutrición. (Prazas 2)
- Psicólogo Clínico (Prazas 6).
CONCURSO-OPOSICIÓN AUXILIAR ENFERMERIA CANTABRIA (OEP-2007)
Auxiliar de enfermería: Aprobados do proceso e oferta de vacantes.
Ábrese un prazo de VINTE DÍAS NATURAIS, contados a partir do día seguinte a esta publicación, para que os aspirantes que superaron o procesos selectivo elixan por orde de preferencia os destinos ofertados.
¡¡¡SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡¡
luns, 10 de decembro de 2012
Sanidade pública vs Sanidade privada
O xornal "El País" recolle na sua edición do domingo 9 de decembro un interesante artigo sobre as presuntas bondades da xestión privada da sanidade frente a xestión pública. Éste é o argumento principal utilizado polo conselleiro de sanidade da comunidade autónoma de Madrid para xustificar o desmantelamento da sanidade pública madrileña. A falta de datos fiables en España, recúrrese a estudios comparativos noutros países e o resultado non é precisamente favorable aos plantexamentos do goberno madrileño. Podes leer o artigo completo na seguinte ligazón:
sábado, 8 de decembro de 2012
Rafael Bengoa: 'É un mito que a xestión privada da sanidade sexa mellor que a pública'
O conselleiro vasco de Sanidade en funcións, Rafael Bengoa, foi entrevistado onte, día 7 de decembro, no programa "Herrera en la onda", de Onda Cero. Como todos sabedes, acaba de ser fichado pola administración Obama como asesor para a reforma da sanidade norteamericana. Tras explicar os obxectivos que se persiguen coa citada reforma e comentar algunhas cuestións da sanidade dos Estados Unidos, falou da reforma
da sanidade española, e dixo que "é un mito que a xestión privada da sanidade
sexa mellor que a pública" destacando a "fantástica produtividade da
sanidade pública española e o que ofrece cun 8% de PIB".
Podes escoitar a entrevista premendo no reproductor de audio que figura a continuación:
Podes escoitar a entrevista premendo no reproductor de audio que figura a continuación:
Más audios en Onda Cero
mércores, 5 de decembro de 2012
CSI-F reclama a volta á XESTIÓN PÚBLICA da SANIDADE
O sector de Sanidade da Central Sindical Independente e de Funcionarios
(CSI-F) reafírmase na súa aposta polo público e reclama a volta ao
sistema sanitario con orzamentos finalistas, unha xestión profesional e
unha xestión pública. Estas son as conclusións das V Xornadas de Debate
do Sector Nacional de Sanidade do sindicato, celebradas a semana pasada en
Madrid:
1.- CSIF reafírmase na súa aposta polo público.
2.- CSIF considera que o incremento do modelo de xestión coñecido como Colaboración Público-Privada ten a súa orixe nunha desafortunada combinación de mala xestión non profesionalizada, e orzamentos sanitarios non finalistas, polo que reitera a súa antiga e permanente solicitude da profesionalización da xestión e o carácter finalista dos orzamentos.
3.- CSIF considera viable o sistema tradicional, polo que avoga polos cambios citados que o fagan posible.
4.- Ante a súa imposibilidade para determinar as novas formas de Xestión, CSIF esixe a participación e información sindical previa á adopción de medidas, o respecto aos dereitos adquiridos dos empregados públicos, un observatorio que monitorice o gasto e a calidade do servizo, así como a creación dun marco regulatorio estatal unificado para as CCAA.
Madrid a 30 de novembro 2012

martes, 4 de decembro de 2012
O sector sanitario e servizos sociais lidera a perda de afiliación a Seguridade Social en novembro
Un total de 192.385 persoas déronse de baixa na Seguridade Social nos
sectores de Administración Pública e Defensa, Seguridade Social,
Educación, Actividades Sanitarias e Servizos Sociais no último ano,
segundo datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade
Social, correspondentes ao mes de novembro.
A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato máis representativo nas Administracións Públicas, quere chamar a atención pola perda de afiliados no sector sanitario e servizos sociais, concretamente 93.309 baixas en novembro, o que lle sitúa como o sector con maior número de baixas neste mes.
Deste xeito, encadéanse tres trimestres consecutivos de descensos (43.301 baixas en outubro e 22.643 en setembro) o que está directamente relacionado coa política de recortes impulsada polo Goberno e as diferentes administracións nun sector básico do noso estado do benestar.
Por sectores, os datos interanuais (novembro 2012, respecto de novembro de 2011) son os seguintes: Administración Pública, Defensa e Seguridade Social (63.880 persoas menos), Educación (22.415 persoas menos) e Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (106.090).
O presidente de CSI-F, Miguel Borra, trasladará mañá ao presidente do Congreso dos Deputados a súa preocupación pola destrución de emprego público ao longo do último ano, derivado da non reposición de xubilacións e un "ERE encuberto" sobre persoal interino e laboral.
Neste sentido, Borra reclamará a Jesús Posada, o seu apoio para impulsar un Pacto de Estado nas Administracións Públicas, que inclúa unha correcta planificación dos recursos humanos, en función das necesidades do sistema.
CSI-F quere chamar a atención de PP e PSOE para que xuntos poñan fin a esta sangría que pon en perigo un sistema público que con tanto esforzo construímos os españois ao longo dos últimos anos.
Por encima de todo, CSI-F quere recalcar que a nova marca de paro rexistrado no mes de novembro, evidencia o fracaso máis absoluto das reformas laborais do PP e PSOE que está minando o sistema produtivo e os dereitos laborais dos traballadores españois.
Copago para os medicamentos de dispensación hospitalaria a non ingresados.
O Real Decreto-Lei 28/2012 de medidas de consolidación e garantia do sistema da Seguridade Social, publicado o pasado venres e no que se modificaban as pensións, inclúe "regalo sorpresa". Na súa disposición adicional primeira establece unha modificación do artigo 94 bis da Lei 29/2006, na que equipara os medicamentos de dispensación hospitalaria a pacientes non ingresados aos de receta médica, o que de feito ven a significar que poderán ser obxecto de copago farmacéutico. Velahí a transcripción da devandita disposición adicional:
Disposición final primeira. Modificación da Lei 29/2006, de 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios.
Modifícase o apartado 1 do artigo 94 bis da Lei 29/2006, de 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, que queda redactado do seguinte modo:
«1. Enténdese por prestación farmacéutica ambulatoria a que se dispensa ao paciente mediante receita médica ou orde de dispensación hospitalaria a través de oficinas ou servizos de farmacia.»
Ante o emplazamento para un "gran acordo" entre PP e PSOE para a reforma das Administracións
O pasado 26 de xuño, CSI-F, sindicato máis representativo nas
Administracións Públicas, emprazou aos poderes públicos a alcanzar un
Pacto de Estado para
reformar as Administracións Públicas, evitar duplicidades e mellorar a
súa eficiencia, en liña coas reivindicacións expostas por esta
organización.
Esta proposta para modernizar as diferentes
administracións ,
racionalizar e consolidar o emprego público, racionalizar as estruturas
administrativas, avaliar a produtividade e garantir o mantemento da
calidade foi trasladada formalmente ao secretario xeral do PSOE
(nunha reunión mantida o pasado 1 de agosto), á propia María Dores De
Cospedal (12 de setembro), ao Rei Don Juan Carlos (24 de outubro) e o
vindeiro mércores, 5 de decembro, trasladarase ao presidente do
Congreso no marco dun encontro en sede parlamentaria.
CSI-F considera que xa chegou o momento de "pasar páxina" aos recortes fáciles sobre os empregados públicos e adoptar dunha vez por todas as medidas necesarias para lograr a eficiencia do gasto. Este sindicato aposta por un pacto que garanta a neutralidade e independencia das administraciones e permita preservar os acenos de identidade que as caracterizaron durante estes anos de democracia.
CSI-F cre que a crise viuse agravada pola politización das administracións e a xestión irresponsable de políticos que crearon unha administración paralela con entes, fundacións e empresas públicas, algunhas delas non necesarias, para ocultar o déficit e escapar ao control administrativo.
Do mesma xeito, advirte de que se multiplicaron os asesores, os postos de libre designación e os gastos superfluos asociados a estes postos, o que ten servido para confundir de xeito interesado á sociedade, desprestixiando a imaxe e a profesionalidade dos empregados públicos.
Para rematar, CSI-F tamén reclama que este gran acordo permita compensar aos empregados públicos polos sacrificios realizados durante os últimos anos para alcanzar os obxectivos do déficit.

luns, 3 de decembro de 2012
Oferta de emprego público 2012 do consorcio "Hospital General Universitario de Valencia"
Os compañeiros de Sanidade de Valencia remítennos información sobre a oferta de emprego público do consorcio "Hospital General Universitario de Valencia". Ofértanse en total 30 prazas de Facultativo Especialista de Área de distintas especialidades, e 25 (11 de turno libre, 11 de promoción interna e catro do turno de discapacitados) de DUE. Podes consultar a oferta na seguinte ligazón:
domingo, 2 de decembro de 2012
Fase de concurso procesos selectivos persoal sanitario funcionario da Lei 17: Baremación provisional
Publicadas no DOG do luns 26 de novembro
distintas resolucións sobre a OPE do persoal sanitario funcionario da Lei 17
relativas ás baremacións provisionais da fase de concurso:
Ligazóns:
Inspector/a médico/a
Ligazóns:
Inspector/a médico/a
Prazo de reclamación: quince
días hábiles.
Concurso de traslados de FEA de Uroloxía (DOG, 29 de novembro)
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e
excluídos e resultados provisionais de baremación coa adxudicación
provisional de destinos acadados na categoría de facultativo
especialista de área de Uroloxía.
RESOLUCIÓN do
19 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a
relación definitiva de admitidos e excluídos e se resolve, con carácter
provisional, o concurso de traslados para a provisión de prazas básicas de
persoal licenciado sanitario na categoría de facultativo especialista de área
de Uroloxía.
Ligazón: Concurso de traslados FEA Uroloxía
As listas coa
relación definitiva de admitidos e excluídos, así como as puntuacións e
destinos provisionais atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de
Saúde (www.sergas.es) e tamén se poden
con-sultar a través do FIDES/Expedient-e/sección de procesos.