venres, 30 de novembro de 2012

Demanda nos tribunais para reclamar a devolución da paga extra

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), UXT, CC.OO, e o resto de organizacións presentes na Plataforma Sindical e de Asociacións de Empregadas e Empregados Públicos presentarán unha demanda nos tribunais para que se lles devolva a paga de Nadal retirado polo "decreto de recortes" do Goberno.
Esta Plataforma, que agrupa a 33 organizacións presentes no conxunto do sector público español, emprenderá a partir de xaneiro, cando se consume a retirada da paga, dous procedementos paralelos: un ante a Audiencia Nacional (no caso do persoal laboral que se rexe polo Estatuto dos Traballadores) e outro pola vía do Contencioso Administrativo nos casos de persoal funcionario. 
Por outra banda, os sindicatos decidiron acudir á Defensora do Pobo para que promova un recurso de inconstitucionalidade contra a "Lei de Taxas Xudiciais" por vulneración do artigo 24 da Constitución e xa que logo, a tutela xudicial efectiva que consagra a nosa Carta Magna. 
Para rematar, a Plataforma trasladou o seu apoio ás mobilizacións realizadas na Comunidade de Madrid contra o plan de privatización da Sanidade e advertiron que deben de servir de aviso ao resto de comunidades autónomas, no caso de que queiran seguir os pasos do goberno madrileño.



xoves, 15 de novembro de 2012

Auxiliar Administrativo, PSX e celadores: Publicada modificación listas definitvas.


Confirmamos que hoxe 15 de novembro, publicouse a Resolución de 12 de novembro que modifica a Resolución do 8 de outubro de 2012 pola que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número e orde de puntuación, para selección temporal e promoción profesional de Grupo Auxiliar da Función Administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celador/a, tras detectarse unha incidencia que levou a xerar de novo as listas definitivas. As novas listas definitivas están xa publicadas na  página WEB e na  Intranet, así como tamén dispoñibles en LICOT para entrar en vigor hoxe, tal como estaba previsto.