En relación á Enquisa de
Estrutura Salarial 2010 publicada 0 26 de outubro polo Instituto Nacional de
Estatística, segundo a cal "O salario anual no sector público foi un
30,8 por cento máis que o salario medio", CSI-F quere realizar as seguintes puntualizacións:
- O groso dos traballadores do sector público ten un salario inferior á media do resto das empresas do sector privado.
- O resultado da enquisa do INE
está distorsionada polos soldos dos directivos das empresas do sector
público, en moitos casos superior á dos cargos públicos, como é o caso
do propio Presidente do Goberno, e polo tanto non pode tomarse como
referencia do conxunto de empregados públicos.
- A inmensa maioría
dos traballadores da Administración Pública, Defensa e Seguridade Social
son Administrativos e Auxiliares Administrativos e polo tanto, sen
titulación superior, e o seu salario encóntrase igualmente por debaixo
da media do sector privado.
- A enquisa establece unha
media sobre realidades moi dispares, categorías, corpos, escalas,
destinos e tipos de empregados públicos que impide realizar unha
comparación obxectiva e moito menos unha afirmación xeral sobre a media
dos salarios no sector público.
- Lonxe de cobrar un soldo un 30 por
cento superior ao salario medio, os empregados públicos experimentaron
unha perda do poder adquisitivo, esta si, do 30 por cento durante os
últimos tres anos, como consecuencia dos sucesivos recortes, incluído
unha rebaixa salarial do 5 por cento, tres conxelacións consecutivas e a
detracción da Paga de Nadal deste ano.
- Polo tanto, CSI-F considera que os datos da enquisa do CIS
ofrecen unha imaxe distorsionada da realidade dos 2,6 millóns de
empregados públicos deste país e as súas familias e se non fose polo
rigor e a profesionalidade que sempre caracterizou o INE, poderíase dicir que é malintencionada.
- Dende CSI-F
vimos denunciado a campaña de desprestixio emprendida contra o
colectivo de empregados públicos, aos que se nos chegou a situar como
unha das causas da crise, cuestionando a nosa función, os equipos e a
nosa profesionalidade.
O problema das AA.PP.
non é o tamaño do gasto público senón a súa eficiencia. Xerouse un
gasto ineficaz, ineficiente e innecesario. A crise viuse agravada pola
politización das administracións e a xestión irresponsable de políticos
que crearon unha administración paralela con entes, fundacións e
empresas públicas, algunhas delas non necesarias, para ocultar o déficit
e escapar ao control administrativo.
- Do mesmo xeito,
multiplicáronse os asesores, os postos de libre designación e os gastos
superfluos asociados a estes postos, o ten que servido para confundir de
xeito interesado á sociedade, desprestixiando a imaxe e a
profesionalidade dos empregados públicos. Estes postos son os que elevan
a estrutura salarial que sinala o INE.