xoves, 27 de setembro de 2012

Listas de contratación SERGAS: Ábrese o prazo de inscrición do resto de categorías sanitarias

O  venres, 28 de setembro,  publicarase a Resolución pola que se abre o prazo de inscrición das seguintes categorías sanitarias:


1.       Farmacéutico/a de Atención Primaria.
2.       Odontólogo/a.
3.       Fisioterapeuta.
4.       Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
5.       Enfermeiro/a especialista en saúde mental.
6.       Terapeuta ocupacional.
7.       Técnico/a superior en documentación sanitaria.
8.       Técnico/a superior en dietética e nutrición.
9.       Técnico/a en farmacia.
10.   Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería.

 Podes consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

Presupostos Xerais do Estado 2013: Conxelación salarial e das OPE.

No día de onte, CSI-F estivo presente na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, onde se nos informou do proxecto de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013. No referente aos empregados público EE.PP, sinalaros a seguiente información:

CONXELACIÓN SALARIAL PARA O ANO 2013, co nivel salarial establecido nos anteriores presupostos (cobraránse as pagas extras de xuño e decembro,  correspondentes ao exercicio 2013)
CONXELACIÓN DAS OPE. Tasa de reposición cero, excepto para os servizos esenciais que poderán ser de ata o 10% (mesmos servizos que os determinados no anterior presupuesto, educación, sanidade, forzas e corpos de seguridade do Estado……)

Podedes ampliar esta información na seguinte ligazón:.

mércores, 26 de setembro de 2012

Iniciativa en relación á Extra de Nadal

A continuación transcribo unha iniciativa  coa finalidade de recuperar a extra de Nadal.  Básicamente, consiste en trasladar unha queixa á "defensora do pobo", quen  debería actuar ante un número importante de queixas. 

Para rellenar la queja pinchar en el enlace:
<http://www.defensordelpueblo.es/>

Primero.- Pinchar en “Tu queja online”
Segundo.- Modalidad: Sin certificado digital / Persona física (ciudadano) – SIGUIENTE
Tercero.- Rellenar datos – SIGUIENTE
Cuarto.-  Poner el siguiente texto:
“El 14 de julio de 2012 fue publicado en el Boletín Oficial del Estado el Real Decreto-Ley 20/2012, convalidado en el Congreso el 19 de julio. Mediante este Real Decreto-Ley se procedía a la supresión de la paga extraordinaria de diciembre de 2012 a los empleados públicos. Como empleado de EMPRESA A LA QUE SE PERTENECE, directamente afectado, solicito de la Defensora del Pueblo que proceda a presentar recurso de inconstitucionalidad del citado Decreto-Ley, en base al artículo 14 de la Constitución Española, puesto que se ha procedido a discriminar a un sector de la población por sus circunstancias laborales y sociales, siendo dicho artículo susceptible asimismo de recurso de amparo.”
Quinto.- ENVIAR.

Si quieres tener constancia de tu petición, puedes solicitarlo y, a continuación, te genera un justificante con un número de registro, en formato “.pdf”.

¡ÁNIMO! Ya está bien que destruyan nuestros derechos en beneficio de los más privilegiados. 

martes, 25 de setembro de 2012

Cursos de Formación para Auxiliar Enfermaría e DUE: Derradeira semana para inscribirse

Recordamos que o día 30 remata o prazo para inscribirse nos cursos de Formación Continua  para as categorías de TCAE e DUE. Estes cursos esta acreditados e organizados en colaboración coa Escola de Xestión Sanitaria. Os afiliados teñen un desconto no precio dos cursos. Podes consultar máis información na seguinte ligazón:

xoves, 20 de setembro de 2012

Examen para Especialistas Residentes 2013



EXAMEN  PARA ESPECIALISTAS RESIDENTES 2013


INFORMACIÓN IMPORTANTE

Segundo fontes do Ministerio de  Sanidade. Probablemente no  Boletín Oficial do  Estado  do 22 de setembro de 2012, sábado, publicarase a convocatoria única para Médicos, Farmacéuticos y otros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física, así como para os graduados/diplomados en Enfermería 2012.
A información encontrarase dispoñible a partir do día 24 de setembro no apartado Información Xeral da Convocatoria, na Web do Ministerio, www.msc.es

O MODELO DE SOLICITUDE 790, NON ESTARÁ DISPOÑIBLE ATA O 25 DE SETEMBRO DE 2012, DÍA NO QUE COMENZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.




mércores, 19 de setembro de 2012

Ofertas de emprego público de distintas Administracións, do 18 ao 24 de setembro


Adxunto ficheiro a esta entrada que contén  relativa ás convocatorias de emprego público da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas, da Unión Europea, de Organismos Internacionais e, da Administración Local, os anuncios que se teñan insertado no Boletín Oficial do Estado (BOE), correspondentes aos concellos das capitais de provincia, os Concellos de máis de 100.000 habitantes e de todos aqueles que convoquen alo menos 3 prazas. Oferta de Emprego Público da semana do 18 de setembro ao 24 de setembro de  2012 , para o que esté  interesado.



Fisioterapeuta: Convocadas 146 prazas no Servizo Madrileño de Saúde

O luns 18 de setembro de 2012 ven de ser publicada a RESOLUCIÓN de 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de RRHH do "Servicio Madrileño de Salud", pola que se convocan probas selectivas para o acceso á condición de personal estatutario fixo na categoría de Fisioterapeuta do Servicio de Saúde da Comunidade de Madrid. Convócanse 146 prazas, das cales 131 corresponden ao turno libre e 15 a promoción interna.

Podes consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

Convocadas 1.300 prazas de Auxiliar de Enfermería no Servizo de Saúde da Comunidade de Madrid


O luns 18 de setembro de 2012 ven de ser publicada a RESOLUCIÓN de 3 de septiembre de 2012, da Dirección General de Recursos Humanos do "Servicio Madrileño de Salud", pola que se convocan probas selectivas para o acceso á condición de personal estatutario fixo na categoría de Auxiliar de Enfermería do Servicio de Saúde da Comunidade de Madrid. Convócanse 1300 prazas, das cales 1170 corresponden ao turno libre e 130 a promoción interna.
Podes consultar a convocatoria na seguinte ligazón:

luns, 17 de setembro de 2012

Listas de contratación: Cronograma facilitado polo SERGAS

INFORMACIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓNS CELEBRADA O XOVES 13 DE SETEMBRO. AVANCE DO CRONOGRAMA PROBABLE DAS LISTAS DE CONTRATACIÓNS FACILITADO POLO SERGAS.

CATEGORÍAS CONVOCADAS NO 1º PROCESO: 
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR
Persoal técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, en radioterapia, en hixiene bucodental, en imaxe para o diagnóstico clínico (antes ter), T. en laboratorio de diagnóstico clínico.
Listas definitivas: 17 de setembro
Entrada en vigor: 1 de outubro

CATEGORÍAS CONVOCADAS NO 2º PROCESO: 
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS, CELADOR/A.
Listas definitivas: outubro
Entrada en vigor: outubro

CATEGORÍAS CONVOCADAS NO 3º PROCESO: 
PSICÓLOGOS, TRABALLADORES SOCIAIS, LOGOPEDAS, ENFERMEIROS, MATRONAS…
baremación provisional: outubro

CATEGORÍAS CONVOCADAS NO 4º PROCESO: 
MÉDICOS DE FAMILIA, PEDIATRAS DE ATENCIÓN PRIMARIA, MÉDICOS E ENFERMEIROS DO 061 …
Baremación provisional: outubro/novembro

CATEGORÍAS SANITARIAS PENDENTES DE SAIR (TCAE, FISIOTERAPEUTAS, TERAPEUTAS…)
Publicación das convocatorias: outubro

CATEGORÍAS RESTANTES DE XESTIÓN E SERVIZOS E OFICIOS
Publicación das convocatorias: novembro

sábado, 15 de setembro de 2012

CSI-F protagonista na manifestación do 15 de setembro

CSI-F foi protagonista hoxe, na manifestación do 15 de setembro en Madrid. Unha vez máis, a defensa dos empregados públicos e da calidade dos  servizos congregou a presencia de multitude de delegados, afiliados e simpatizantes  chegados de todas as comunidades. Non pasamos desapercibidos para ninguén, tal e como recolle a prensa e podes comprobar na seguinte presentación:




Aqueimadasanidade

xoves, 13 de setembro de 2012

Publicada a convocatoria de 100 prazas de MATRONA no Servizo Madrileño de Saúde

Con data 11 de setembro de 2012 ven de ser publicada no Boletín oficial da Comunidade de Madrid a Resolución da Direción Xeral de RR.HH. do Servizo Madrileño de Saúde, pola que se convocan probas selectivas para a cobertura de 100 prazas de persoal estatutario fixo na categoría de MATRONA do Servizo Madrileño de Saúde da Comunidade de Madrid. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid.
Podes acceder a convocatoria na seguinte ligazón:

mércores, 12 de setembro de 2012

CSI-F agarda centos de miles de empregados públicos na marcha a Madrid do día 15.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios, CSI-F, calcula que varios centos de miles de empregados públicos de toda España participarán o próximo sábado na Marcha a Madrid para trasladar ao  Goberno e ao conxunto das administracións o seu rechazo aos recortes inxustos e ineficaces sobre a sociedade española i en particular, no colectivo dos empregados públicos. Mobilizámonos para loitar polas nosas condicións laborais e taménpor todos e cada undos cidadáns españois defendendo os servizos públicos do noso pais.
Amplía esta nova noa seguinte ligazón:

Convocadas 1600 prazas de enfermeiro/a no "Servicio Madrileño de Salud"


Con data 10 de setembro de 2012 ven de publicarse no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid a Resolución da Dirección Xeral de RRHH do "Servicio Madrileño de Salud", pola que se convocan probas selectivas para a cobertura de 1600 prazas de persoal estatutario fixo na categoría de Enfermeiro/a. 
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid. Podes consultar a convocatoria na seguinte ligazón:


A sanidade española segue en declive segundo o Indice de Consumidores da Sanidade Europea

O 15 de maio de 2012 publicouse o Índice de Consumidores da Sanidade Europea, a posición de España neste ranking ven empeorando dende o ano 2005. Este índice realiza un ranking de 34 sistemas nacionais de sanidade de toda Europa en relación con cinco áreas clave para a saúde do consumidor: Os dereitos e a información dos pacientes, tempos de espera para tratamentos, resultados, prevención/variedad e alcance dos servizos proporcionados e productos farmacéuticos. 
Para o responsable do equipo do EHCI 2012 a crise económica é demasiado recente para poder explicar o continuo deterioro da sanidade española. O principal motivo dos largos tempos de espera non é a falta de recursos, senon unha cuestión de actitudes e organización. Por outra banda, a sanidade española carece de transparencia e de participación dos pacientes. A pesar de tratarse dun sistema que conta con financiación pública, a desigualdade está aumentando e o acceso ao cuidado bucodental ou á vacuna tetravírica é mediocre. O feito de que España encabece a lista en canto ao atrasplante de órganos, non compensa os muitos puntos débiles do tratamento sanitario. Amplia esta información no seguinte enlace: 

Seis de cada dez cidadáns prefiren a Sanidade Pública.


Segundo o Barómetro Sanitario 2011 feito publico polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a Sanidade é o área de maior interés para os cidadáns.  Os españois califican o sistema sanitario público coa nota máis alta dos últimos anos: 6,9 puntos. Seis de cada dez optaría polos servizos públicos en Primaria, Pediatría ingresos hospitalarios e Urxencias. Podes ampliar esta información premendo na seguinte ligazón. 

luns, 10 de setembro de 2012

Rotundo éxito da manifestación do 8 de setembro en Santiago


O sábado 8 de setembro, milleiros de cidadans manifestámonos en Santiago, na defensa dos servizos públicos i en contra dos recortes de dereitos. Unha vez máis a resposta foi exemplar e evindeciu o divorcio entre as políticas dos gobernos  e o sentir da cidadanía. Aqueles que ainda non entenderon que a solución a esta crise non pasa por rematar con trinta anos de conquistas sociais son demasiado soberbios. Non teñen amplitude de miras para entender que hai outras políticas que poden facer que o precio desta crise non recaía nos máis desfavorecidos. Os servizos públicos sempre foron garantía de equidade e xustiza redistributiva. Hoxe, tanto aqueles coma os principios que os inspiran están en perigo. Por elo, máis que nunca, é necesario que saiban que ninguén nos vai parar na sua defensa.

venres, 7 de setembro de 2012

Convocadas 360 prazas de Médico de Familia no servizo de saúde da CCAA de Madrid



A Comunidade Autónoma de Madrid ven de publicar con data 6 de setembro de 2012, a Resolución de 28 de agosto de 2012 pola que se convocan probas selectivas para o acceso a condición de persoal estatutario fixo na categoría de Médico de Familia de Atención Primaria do "Servicio de Salud de la Comunidad de Madrid". Convócanse 360 prazas.
Podes acceder á convocatoria premendo na seguinte ligazón:

Aprobada a oferta de formación sanitaria especializada

O Pleno de la Comisión de Recursos Humanos del SNS fixou na sua xuntanza do 6 de setembro de 2012 a oferta  de prazas de Formación Sanitaria Especializada da convocatoria 2012-2013. Son 7.845 as prazas convocadas. Por titulacións, ésta é a distribución de prazas:

  1. Médicos (MIR): 6389, das que 6.240 se ofrecen en réxime de residencia, y 149 de alumnado.
  2. Enfermeros (EIR): 963 prazas.
  3. Farmacéuticos (FIR): 229 prazas, 44 en réxime de alumnado.
  4. Psicólogos (PIR): 128 prazas.
  5. Biológos (BIR): 39 prazas.
  6. Radiofísicos (RFIR): 31 prazas.
  7. Químicos (QIR): 22 prazas.

Como novidades a resaltar están o establecemento de unha nota de corte (igual ou superior ao 30 por cento da media aritmética obtida polos dez mellores exames); igualase o número de preguntas en 225 máis 10 de reserva nos exercicios das demáis titulacións incluidas na convocatoria xeral (farmacéuticos, químicos, biólogos, psicólogos e físicos), mantendose o tempo de cinco horas, para a sua resolución, mentras que en enfemaría pasan a 160, máis 10 de reserva, en tres horas e media; resérvanse un 7% das prazas para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 por cento; o cupo de extracomunitarios limitarase a un 8 por cento en unha primeira volta. Finalmente en canto o calendario, está previsto que as probas de acceso se celebren o sábado 2 de febreiro de 2013.
Podes ampliar esta información premendo na seguinte ligazón:

xoves, 6 de setembro de 2012

Sábado, 15 de setembro: Manifestación en Madrid. Seguimos defendendo o público.


O Goberno Central segue insistindo en que sexamos nós, os empregados públicos, os paganos de esta crise. Unha crise creada directamente por banqueiros, políticos...e agravada por unha pésima xestión dos gobernos de turno. As medidas que se están tomando realízanse de forma unilateral i enfocada sempre ao mesmo colectivo. Debemos decir BASTA XA! dun xeito claro, contundente e enérxico. Por todo elo convocamosvos a unha manifestación conxunta co resto de sindicatos para o próximo día 15 de setembro en Madrid.
Este goberno non pode cargarse máis de 30 anos de avances sociais para salvar a unha banca caduca, responsable de unha crise da que queren que nós soportemos as pérdidas.
Non podemos fallar. Debemos estar todos e deixar claro que a loita pola dignidade dos empregados públicos e a calidade dos servizos vai seguir ata que rectifiquen a sua política.
CSI-F porá autobuses que sairán de Pontevedra e Vigo. Se queres asistir ponte en contacto coas sedes do sindicato, (tfno. Pontevedra: 986896900, tfno Vigo: 886138288) para reservar a tua plaza (gratuita para afiliadas/os e con unha aportación de 10 euros para non afiliados).
CONTAMOS CONTIGO.

mércores, 5 de setembro de 2012

Máis de 170000 baixas na Seguridade Social en Administración, Defensa, Educación e Sanidade.

Un total de 170.869 personas causaron baixa no Réxime Xeral da Seguridade Social no que vai de ano, nos sectores de Administración Pública e Defensa, Educación, actividades sanitarias e servicios sociais.
Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o sector de Administración Pública rexistra unha caída do 7,71 por ciento, respecto ao mesmo periodo do ano anterior, co que se convirte no cuarto sector con unha maior perda porcentual de afiliados, por detrás da Construcción, as Industrias extractivas, e o Campo.
Podes ampliar esta nova seguinte ligazón: 
http://goo.gl/ygYzV





martes, 4 de setembro de 2012

Asembleas 6 de setembro no CHUVI: Paralización novo hospital, recortes, mobilizacións.

A Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, na su xuntanza de hoxe, acordou convocar asembleas informativas para informar da situación na que se atopa a construcción do novo hospital de Vigo . Ao mesmo tempo darase conta das  novas mobilizacións a levar a cabo en contra dos recortes que estamos a sufrir. Finalmente, tamén se decidiu convocar conxuntamente coa plataforma SOS Galicia unha manifestación o día 3 de outubro, en Vigo, para denunciar as mentiras, os recortes e a privatización do novo hospital de Vigo.



luns, 3 de setembro de 2012

Manifestación sábado 8 de setembro en Santiago

Como todos sabedes, o día 8 de setembro, as 11,30 horas da mañá, en Santiago,  está convocada unha gran manifestación na  DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS. Haberá autobuses para o desplazamento. Pedírase unha aportación de cinco euros como axuda. Para anotarse podedes chamar, ademáis dos teléfonos que figuran no cartaz á sede comarcal de CSI-F en Vigo, TFNO: 886138288, de 9,00 horas a 14,00 horas. Recordade que o prazo remata o 5 de setembro.