mércores, 8 de agosto de 2012

Aumenta a preocupación pola sanidade entre os cidadáns.

Segundo reflexa o barómetro do mes de xullo, elaborado por o Centro de Investigacións Sociolóxicas a sanidade representa, tras os recortes anunciados polo goberno do Estado, un dos maiores problemas do país para un de cada dez españois. Ocupa así, o quinto lugar en orde de importancia para os encuestados e o terceiro se se lles pregunta que problemas lles afectan de forma máis directa. Podes obter máis información na seguinte ligazón:


luns, 6 de agosto de 2012

Regularización IRPF: información da Dirección Xeral de RRHH do Sergas.

Como todos sabedes tras a entrada en vigor do Real Decreto-Lei 20/2012 de 13 de xullo, modificouse o importe anual das retribucións a percibir  por mor da supresión da paga extra de decembro. Noutra entrada deste blog publicouse un modelo de reclamación elaborado por un compañeiro da Axencia Tributaria para que se nos aplicara o tipo de retención correspondente a este novo importe. Pois ben, segundo informa a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, o novo tipo de retención do IRPF terá en conta este novo importe anual. e preven que se poida aplicar no mes de agosto. Mais información premendo no seguinte link.

mércores, 1 de agosto de 2012

Concentración Xoves 2 de agosto ás 22,00 horas fronte a Urxencias do Hospital Xeral.

Tódolos sindicatos que conformamos a Xunta de Persoal  e as traballadoras e traballadores do SERGAS, convocamos unha concentración o  Xoves 2 de Agosto ás 10 da NOITE, na rúa Pizarro fronte ás Urxencias do Hospital Xeral, coa idea de ir con roupas de cor negra e con velas, lanternas ou outros obxectos luminosos, contra os recortes na sanidade e por un Hospital sen recortes, Público e para toda a cidadanía.