martes, 31 de xullo de 2012

Manifestacións dos empregados públicos 30 de xullo e novas mobilizacións

Milleiros de persoas manifestámonos en toda Galicia onte, na defensa dos servizos públicos i en contra dos recortes dos gobernos autonómico e central. Unha vez máis a resposta dos empregados públicos e da cidadanía foi exemplar, acudindo masivamente a convocatoria. Na ligazón da parte inferior desta entrada podes ampliar información sobre a manifestación de Vigo. 
Por outra banda, a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), UXT, CCOO e o resto das organizacións do sector público teñen previsto máis mobilizacións durante os meses de agosto e setembro, para manter e intensificar a presión sobre o Executivo por mor dos recortes, no que resta de vran. O calendario foi pactado por máis de unha veintena de colectivos da Plataforma Sindical e de Asociacións Profesionais de Empregadas e Empregados Públicos, presentes en todos os sectores da Administración (Ensino, Sandidade, Seguridade, Correos, Xustiza, Facenda, entre outros).


luns, 30 de xullo de 2012

Bolsa de contratación temporal para Licenciados Sanitarios

Con data 25 de xullo de 2012, publícanse no D.O.G as Resolucións das Xerencias do Complexo Hospitalario de A Coruña e do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo polo que se convocan para contratacións temporais, por concurso de méritos, prazas de distintas especialidades de Licenciados Sanitarios, podes consultalas na seguinte ligazón:








CONTRA OS RECORTES: HOXE MANIFESTACIÓN NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA

Hoxe, 30 de xuño, nova xornada de protesta en contra dos recortes e pola dignidade de todos os traballadores. En Vigo, a manifestación partirá as 20,30 horas de Vía Norte, en Pontevedra, a mesma hora, 20,30 h., dende a Praza da Ferrería. Non pode faltar ninguén.

mércores, 25 de xullo de 2012

XOVES, 26, AS 11,00 H.: CONCENTRACIONS NA ENTRADA DOS CENTROS DE TRABALLO.

Mañá, 26 de xullo, todas as organizacións sindicais presentes na Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, continúan coas mobilizacións en contra dos recortes. Por elo, convocan a todos os traballadores a concentrarse na entrada dos centros de traballo ás 11,00 horas da mañá. Contra os recortes, acude á concentración.

martes, 24 de xullo de 2012

Admitidos dous recursos de inconstitucionalidade contra os recortes en sanidade i educación.

No BOE do martes 24 de xullo de 2012 veñen de publicarse os recursos de inconstitucionalidad promovidos polo Parlamento de Navarra, contra o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril no que se establecían recortes en materia de educación e sanidade. Podes consultalo na seguinte ligazón:

luns, 23 de xullo de 2012

Os empregados públicos galegos recuperaremos a extra de forma directa.

Os empregados públicos galegos recuperaremos a extra de 2012 en exercicios futuros e de forma directa, no marco dos parámetros fixados pola Lei de Disciplina e Sostibilidade Orzamentaria, e non a través de plans de pensións. Así figura establecido no proxecto de lei de adaptación das disposicións básicas do Real Decreto Lei 20/2012, de 13 de xullo.
Podes ampliar esta información premendo no seguinte enlace:

CSI-F e as organizacións sindicais do sector público constituen unha plataforma contra os recortes

CSI-F, sindicato maioritario das administracións públicas,  xunto máis de 20 organizacións presentes no sector público no conxunto do estado, constituiron o día 19 de xullo unha plataforma sindical e de asociacións profesionais para facer frente común aos recortes do goberno con diferentes medidas de presión.
Estas organizacións promoverán plataformas similares nas comunidades autónomas e porán ao servizo dos traballadores os seus servizos xurídicos para interpoñer recursos contra calquera dos danos causados directamente aos seus intereses pola promulgación do Real Decreto. Ademáis instan a todos os empregados públicos a participar nas manifestacións convocadas "frente as agresións perpetradas contra a cidadanía que non teñen precedentes na historia da democracia.
Podes ampliar información premendo no seguinte enlace:

venres, 20 de xullo de 2012

O Sergas pecha unha planta do Meixoeiro pola presencia de Aspergillus

A dirección do CHUVI, tomou a decisión de pechar unha planta do Hospital do Meixoeiro tras a detección de elevados niveis de Aspergillus. Na planta en cuestión,  planta 7, ala 2, eran atendidos os pacientes de hematoloxía, inmunodeprimidos, polo que o risco de infección é maior. Podes ampliar esta nova na seguinte ligazón:

http://smlk.es/aspergillus

Empregados públicos e o conxunto da cidadanía, unidos contra os recortes.

A Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSI-F) saliu na tarde de onte ás rúas das principais cidades de toda España, xunto CC.OO., UXT e o resto de organizacións sindicais do conxunto do Estado, para dirixir ao Goberno un NON rotundo aos recortes, avalados onte polo Congreso dos deputados, co único voto do Partido Popular. O Goberno quedouse só. En Pontevedra e Vigo, ao igual que no resto do país a resposta dos cidadans foi masiva.












Listas de vinculacións temporais de Enfermeiro/a e Enfermeiro/a do 061: Admitidos/excluídos.

Con data 19 de xullo de 2012 ven de ser publicada no DOG a Resolución pola que se modifican as listas de aspirantes admitidos/excluídos ás listas de vinculacións temporais de Enfermeiro/a e Enfermeiro/a da fundación pública urxencias sanitarias 061, publicadas anteriormente polo DOG nº 131 de 10 de Xullo. O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. Ás persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir á unidade de validación á cal dirixisen a solicitude de participación no concurso.
Se queres consultar a Resolución preme na seguinte ligazón:

xoves, 19 de xullo de 2012

Que non nos rouben máis: Regularización retencións adaptada ao CHUVI

Como ben sabedes a disminución na cuantia das retribución do ano 2012 establecida no RD-Lei 20/2012, determina a obriga de regularizar  o tipo de retención que se nos ven aplicando hasta este momento (artigo 87.2.3º do Reglamento do IRPF), debendo efectuarse non cando lle veña en gaña ao pagador, senon cando sinala o artigo 87.4 do mesmo Reglamento. Polo tanto, deben comezar a aplicar os novos tipos de retención , que serán mais baixos que os actuais, como moi tarde, na nómina do mes de outubro.
Adxuntamos o texto completo desta iniciativa dos compañeiros da AEAT e o final desta entrada figura o  escrito adaptado ao CHUVI  para reclamar se proceda de inmediato á regularización do tipo de retención a conta do IRPF. De non levarse a cabo, poderíamos presentar unha reclamación económico-administrativa contras as retencións aplicadas:

 Espoleado por la indignación ante la supresión de la paga extraordinaria de diciembre acordada por el Gobierno el pasado viernes, he decidido pergeñar y poner en circulación la iniciativa que paso a comentaros, para que, si os parece adecuada, contribuyáis a su difusión dentro y fuera de la Agencia.

La disminución en la cuantía de nuestras retribuciones del año 2012 establecida en el Real Decreto-ley 20/2012, determina la obligación de regularizar el tipo de retención que se nos ha venido aplicando hasta este momento (artículo 87.2.3.º del Reglamento del IRPF), debiendo efectuarse dicha regularización no cuando le venga en gana al pagador, sino cuando señala el artículo 87.4 del mismo Reglamento. Ello quiere decir, en resumen, que se nos deben comenzar a aplicar los nuevos tipos de retención, que serán más bajos que los acuales, como muy tarde, en la nómina del mes de octubre.


Así las cosas, es posible que los autores de la sustracción de nuestra paga extraordinaria no hayan previsto una de las consecuencias de su mala acción: el desfase temporal que provocará en el Tesoro el cumplimiento de las comentadas normas de regularización de las retenciones del IRPF, ya que los ingresos por retenciones de todo el personal al servicio de las AA.PP. disminuirán respecto de los actuales al menos dos meses antes de que obtengan el botín de nuestra paga de diciembre.


Como, al advertir la situación, pueden tener la tentación de retrasar hasta el mismo mes de diciembre la regularización de nuestras retenciones, resultaría oportuno y conveniente que, desde ya, todos los afectados nos dirijamos individualmente por escrito al máximo responsable de la Administración pública concreta en la que cada uno presta sus servicios (Departamento ministerial, Ente, Organismo, Consejería, etc.), recordando lo que disponen al respecto las normas reguladoras del sistema de retenciones sobre los rendimientos del trabajo y solicitando el puntual y exacto cumplimiento de las mismas. (Hay que tener en cuenta al respecto que, si en la nómina de octubre no se hubiera producido la preceptiva regularización del tipo de retención, tendríamos derecho a interponer reclamaciones económico-administrativas contra las retenciones practicadas, por excesivas, y a instar la rectificación de las autoliquidaciones, modelo 111, en las que se hubieran ingresado las mismas. El lío sería histórico).


A estos efectos, se adjunta un modelo de escrito específicamente redactado para el caso de los funcionarios y demás empleados de la Agencia. No obstante, como creo que esta iniciativa debería ser extendida a todos los ámbitos posibles dentro de las diferentes Administraciones públicas, sería conveniente la adaptación del mismo para su generalización.


Finalmente, una última reflexión: nuestro conocimiento de las normas sustantivas y procedimentales del derecho público puede ser un arma muy valiosa en estos momentos. Somos profesionales de la burocracia (bien entendida) y tenemos en nuestra mano la posibilidad de utilizarla inteligentemente para responder a las agresiones y confundir a los agresores. En ello estamos.


Saludos a tod@s

 

Dedicado a Montoro ou cómo explicar porque está en risco o pago de nóminas

De seguido podedes ler un correo dunha funcionaria da TGSS denunciando un máis, entre moitos, dos gastos absurdos nos que incurren as administracións públicas, detraendo funcións dos empregados públicos e otorgandollas a empresas privadas. ¿Ainda non saben por onde comenzar os recortes? Queren acabar co servicios públicos. Non o podemos permitir.


Esta mañana me ha puesto encima de la mesa un compañero  el BOE del miércoles 13 de junio de 2012, en el cual se ha vuelto a licitar la contratación del servicio para la impresión, manipulado y envío de documentos de vidas laborales y bases de cotización del TGSS. El valor estimado del contrato es de: 4.711.640,00 euros. Y nosotros, trabajadores de la TGSS,  sin paga extra de Navidad. ¡FLIPANTE!

Para los que no sepáis cómo ocurrió la “privatización” del servicio de expedición de vidas laborales, os pongo en antecedentes: las vidas laborales y bases de cotización eran un servicio que sólo se ofrecía por la TGSS. De repente decidieron (los de siempre) que se externalizaba el servicio de vidas laborales. Así que actualmente la vida laboral tan sólo se puede conseguir a través de una llamada a un teléfono 901 ( y que envían al domicilio del interesado; domicilio que, si no está actualizado, deben dirigirse a la Administración de la TGSS para su modificación y posterior envío por correo de su vida laboral al domicilio ya actualizado) o a través de Internet. Muy cómodo y funcional. Lo de acercar la Administración al ciudadano ya hace tiempo que se lo pasaron por el forro de la camisa.

Y también se les ocurrió a los lumbreras (los de siempre) hacer una campaña anual de vidas laborales y bases de cotización que envían a “toda la población”, y este es el tema que nos ocupa. Así tenemos que:
-           los que necesiten un vida laboral y se acerquen a una Administración de la Tesorería no podrán obtenerla al momento y, en cambio,
-           los que no la necesiten ni la quieran para nada se les envía igual, para que empapelen la habitación de sus hijos o hagan unos bonitos aviones de papel.

Lo cual me lleva a hacerme unas inocentes preguntas:

-           ¿a qué empresas se les está pagando estas contrataciones para unos servicios que YO, funcionaria de la TGSS,  (y mis compañeros ) perfectamente podríamos y “deberíamos” hacer?
-          ¿a dónde va parte de ese sueldo que me están quitando año tras año? ¿al pago de estos servicios?
-          ¿cómo puede ser que se recorten las necesidades básicas de la población: sanidad, educación, prestaciones sociales, sueldos, subidas de impuestos…… y NO se pare este “despilfarro” de dinero hacia empresas privadas?

No se me ocurre otra cosa que gritar: ¡BASTA YA!

Hago un llamamiento a vosotros, compañeros, para que difundáis esto y cuando digo difundir me refiero a medios de comunicación. Si tenéis conocidos en periódicos, radio, TV, etc. hacérselo llegar.

Lo suscribe: María Isabel Quintana Suárez, funcionaria de la TGSS, con un puesto de trabajo en la Administración ganado a pulso en una oposición hace 20 años y que ve cómo su sueldo se acerca cada vez más al de sus inicios en el año 1992.

¡NO TE QUEDES PARADO! ¡HABLA, CHILLA, GRITA, MANIFIÉSTATE, …..! PERO, POR FAVOR, NO TE QUEDES PARADO. SON TUS DERECHOS.

luns, 16 de xullo de 2012

CONTRA OS RECORTES: CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓN EN VIGO O XOVES 19

Como todos sabedes , o día 19 de xullo de 2012, todas as organizacións sindicais presentes na Xunta de Persoal da Área de Vigo, temos convocados mobilizacións en contra do inxusto, aberrante e carente de sentido decreto de recortes . Agora máis que nunca, temos que dar unha resposta contundente aos nosos gobernantes e facer oir a nosa voz.
Preme no cartaz, para amplialo.

CSI-F CONVOCA FOLGA XERAL NO SECTOR PUBLICO PARA SETEMBRO

En resposta os gravísimos recortes impostos polo Goberno Central, mediante o RD-Lei 20/2012, de 13 de xullo, CSI-F tomou a decisión de convocar unha FOLGA XERAL a finais do vindeiro mes de setembro. Amplia esta nova na seguinte ligazón:
http://smlk.es/HMExzy


ROTUNDAMENTE NON!!!! Resumo dos recortes

Tras os anuncios do Presidente do Goberno ao Congreso, no BOE do 13de xullo de 2012 foi publicado o Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantizar a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade. Entre os graves recortes de dereitos económicos e sociais aos Empregados Públicosque inclúe, figuran os seguintes:

  • Supresión da paga extraordinaria de Decembro de 2012.
  • Eliminación de tres días de asuntos propios.
  • Eliminación de calquer día de vacación adicional que proveña do pacto. (Esta medida e a anterior, segundo a disposición transitoria 1ª  entendemos que son de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2013)
  • Modificación da prestación por IT.
  • Xubilación forzosa aos 67 anos. 
  • Suspensión de acordos, pactos e convenios.
Podes ampliar esta información na seguinte ligazón:  http://smlk.es/oTxP6p
Para consultar o RD-Lei  preme o enlace que figura a continuación: http://smlk.es/9wn74h


xoves, 12 de xullo de 2012

CSI-F, xunto ao resto de sindicatos levantouse a tarde de onte da Mesa Xeral de Negociación.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato maioritario nas Administracións Públicas, manifestou hoxe o seu rexeitamento “frontal” á imposición do Goberno e promoverá xunto ao resto de organizacións sindicais do sector medidas de presión conxuntas contra o decreto de recortes anunciado polo presidente do Gobierno, Mariano Rajoy.
CSI-F, xunto o resto de sindicatos da Función Pública, acordou levantarse esta tarde da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, “ante a imposición e a falta de vontade de negociación” amosada polo departamento que dirixe Cristobal Montoro.
Podes ampliar esta nova na web do sindicato, premendo na seguinte ligazón:

Ética en tempos de crise, por Adela Cortina.

Hoxe, que foron anunciados polo Presidente do Goberno as novas medidas de recorte, quero traer a este blog un artigo de Adela Cortina, publicado no xornal "El País", no que reflexiona sobre o papel que a ausencia de valores éticos na vida pública xoga nesta crise. Recorda como,  para moitos economistas, a ausencia de valores éticos non ten influencia na actual crise, xa que para eles a economía segue o seu curso independentemente da mesma (o que non son contas son contos). Sen embargo, para a autora parece díficil pensar que  a desmoralización, no senso orteguiano do termo, que se ten instalado nos españois non teña nada que ver co mal que se teñen feito "as contas", senon tamen co feito de que se teñen disfrazado con contos perversos (contabilidade creativa, controladores que non sacaron a luz os erros no que supostamente controlaban, concesión de hipótecas a quen non podía pagalas, mentiras públicas, falta de transparencia, etc). Argumenta que si, ademais, "as presuntas solucións veñen de recortar empezando polo máis debiles, polos que menos responsabilidades teñen na catástrofe, parece dificil creer que a falta de ética non ten que ver con todo isto é que só a mala sorte económica nos ten levado a onde agora estamos". Por contra aboga por emprender urxentes medidas para cambiar o rumbo das cousas,  como optar pola verdade e a transparencia, poñer tasas as transferencias financieiras, apostar pola exemplaridade, non como algo excepcional, senon como un sobreentendido, non comezar por recortar onde é máis fácil, ós débiles, senón por exixir a devolución do roubado y reducir os soldos dos implicados na mala xestión, protexer os máis vulnerables, aos enfermos, os inmigrantes, os dependentes, os países en desenrrolo, os nenos, acometer medidas de crecemento, xeneradoras de emprego e tratar de recordar o que nos une e respetar o que nos separa.
Recomendable artigo que podes consultar na seguinte ligazón:

mércores, 11 de xullo de 2012

CSI-F anuncia mobilizacións en xullo e agosto e non descarta unha folga no mes de setembro.

Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato maioritario nas Administraciones Públicas, manifestou hoxe a sua indignación e oposición frontal ante as medidas anunciadas polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, no ámbito das Administracións Públicas.
Neste sentido, anunciou a convocatoria de paros parciais no conxunto das administracións durante os meses de xullo e agosto, entre outras mobilizacións, e non descarta convocar una folga no mes de setembro. O alcance destas mobilizacións decidirase este mesmo venres pola Comisión Nacional do sindicato.
CSI-F considera que o novo recorte nas condicións laborais dos empregados públicos responde as novas medidas restrictivas impostas a España pola Unión Europea, como consecuencia do axuste no sistema bancario, unha situación que –segundo CSIF-- non ten nada que ver co funcionamento do noso sector público e o traballo diario de preto de cerca de 2,7 millones de empleados públicos de este país.
Podes ampliar esta información na seguinte ligazón:

martes, 10 de xullo de 2012

Listas provisionais de Enfermería, E.061, Matronas, Logopedas, Traballador social e Psicólogo clínico.

Hoxe, martes 10 de xullo ven de ser publicada no D.O.G.  a Resolución pola que se publican as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as das seguintes categorías:
-         Enfermeiros/as
-         Enfermería do 061
-         Matróns/as
-         Logopedas
-         Traballador/a social
-         Psicólogos/as clínicos

Os excluidos poden consultar a causa de exclusión no seu expediente-e. Os que non figuren nin admitidos nin excluidos, supostamente, é por causa de presentar a documentación despois do 26  de abril, polo que tal é como establece o novo pacto sairán na seguinte xeración de listas.
O prazo de emenda son 10 días naturais dende o día seguinte á publicación no DOG.
Se queres consultar a Resolución, preme na seguinte ligazón:

As listas admitidos e excluídos de técnicos superiores e de grao medio de prevención, non se publicarán previsiblemente ata despois do verán por algún problema de titulacións que están pendentes de resolver.

luns, 9 de xullo de 2012

Publicada no BOE a reforma Laboral (Lei 3/2012 de 6 xullo)

O abaratamento do despido, o despido dun traballador por faltas de asistencia ao traballo que estén xustificadas, o despido de empregados públicos, os traslados e cambios de funcións aos traballadores, as modificacións das condicións de traballo, a non aplicación dos convenios cando concurran causas económicas, técnicas, organizativas ou de producción,  son algúns dos aspectos incluidos na Lei 3/2012, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a  reforma do mercado laboral que foi publicada o venres día 7 de xuño de 2012  no BOE. Ainda que xa estaba en vigor desde febreiro por ser aprobada como RD-Lei, foi obxecto de modificacións na súa tramitación parlamentaria.
Na barra lateral esquerda deste blog podes ver o estudio comparativo realizado por CSI-F entre a lexislación anterior e a establecida  por esta nova Lei. Se queres consultala no BOE podes facelo premendo  na seguinte ligazón: 

sábado, 7 de xullo de 2012

Autorización de prórroga no servizo activo do persoal estatutario: publicada a orde que o regula.

No D.O.G do venres 6 de xuño de 2012 ven de ser publicada a ORDE de 3 de xullo de 2012 pola que se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario e se modifica a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.  Para consultala, preme na seguinte ligazón:
http://smlk.es/JRC4n3  

 Por outra banda, segundo informan dende o Sergas, en próximas datas tamén será publicada no DOG a Orde reguladora de prolongación no servizo activo do persoal funcionario da escala de A. Primaria e A. Especializada.

mércores, 4 de xullo de 2012

Incremento nas listas de espera do Sistema Nacional de Saúde


A axencia Europa Press recolle na súa web que o número de pacientes en lista de espera cirúrxica do Sistema Nacional de Saúde (SNS) aumentou un 17,2 por ciento no pasado ano, pasando de 392.072 pacientes en 2010 a 459.885 a data  de decembro do 2011. Estes datos foron aportados polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade e aprobados para a súa difusión no Consello Interterritorial do SNS do pasado mércores. As especialidades nas que se produciu o maior incremento no 2011 foron  Traumatoloxía donde se rexistraron 26.367 pacientes de diferencia con respecto ao 2010. Ciruxía Xeral e Dixestivo e  Oftalmoloxía, tamén superaron ampliamente o número de pacientes con respecto ao ano anterior (14.095 y 12.266, respectivamente).
A espera en consulta, por outra banda, tamén aumentou, pasando a porcentaxe dos que agardan con data asignada a máis de 60 días do 35 ao 38 por cento no 2011. Neste caso as especialidades máis demandadas son Oftalmoloxía, Traumatoloxia e Dermatoloxía.
Podes consultar o informe na seguinte ligazón:

martes, 3 de xullo de 2012

Medicamentos excluidos da prestación farmacéutica

¿Qué teñen en común os medicamentos seguintes, Omeprazol, Fortasec, Almax, Voltaren, Inacid, ou Mucosan? Que son algúns dos 426 fármacos excluidos da prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde e polo tanto deberán ser financiados na sua totalidade por aqueles que os necesiten. Na seguinte ligazón podes consultar a relación completa:





luns, 2 de xullo de 2012

Novo modelo de prestación farmacéutica

Onte, día 1 de xullo entrou en vigor o novo copago farmacéutico, se queres coñecer a porcentaxe, os topes máximos de aportación, e quen esta exenta de ela coa nova regulación, preme na ligazón que ven a continuación:

domingo, 1 de xullo de 2012

Aprobada polo Congreso dos deputados a reforma laboral

Tras catro meses de tramitación, o RD-Lei da reforma laboral convertiuse en Lei co apoio, ademáis do PP, de CiU, UPN e Foro Asturias. Os cambios introducidos foron, en todo caso para endurecer ainda máis a Lei, tal e como denunciaron os deputados da oposición. Podes ampliar esta información na web do xornal "El País" premendo na seguinte ligazón:
 http://smlk.es/-S84vQ

Compartelo con tus amigos:
 


Gestiona tus Links

Escribe el codigo asociado: