sábado, 30 de xuño de 2012

O Goberno busca aforrar cos soldos dos funcionarios

Segundo publica o xornal "La Vanguardia", o Goberno busca reducir a masa salarial dos empregados públicos. Para logralo trataría de evitar a cobertura de vacantes, non só por oposición senon tamen por promoción interna. Estudia, por outra banda,  retornar o cómputo das pagas extras de mediados dos noventa, co que éstas se limitarían o salario base. E non son as únicas medidas, outras posibilidades que se barallan son tocar os complementos que perciben os funcionarios por destino ou productividade, sen descartar un recorte lineal de soldos. Finalmente, tamén está sobre a mesa a reducción de plantillas, que, nun primeiro momento só afectaría os interinos. Neste senso compre recordar que a presidenta da comisión de Economía do Congreso, Elvira Rodríguez, avisou onte que a rebaixa salarial non é suficiente e  "á forza haberá que eliminar empleos". Podes consultar a nova completa na seguinte ligazón:


venres, 29 de xuño de 2012

Acceso a asistencia sanitaria para maiores de 26 anos que non traballan

Como todos sabedes, o RD-Lei 16/2012  modificou entre outros aspectos, quen posee a condición de asegurado recollida na la Ley 16/2003. Nesta última, todos os españois tiñan dereito a asistencia sanitaria. Agora eso mudou. Para ter a condición de asegurado tes que ser traballador por cuenta allea ou propia, pensionista, perceptor dunha  prestación periódica ou parado. Tamén terán esta categoría os cónxuxes ou «persoa con análoga relación de afectividade», os excónxuxes a cargo do asegurado e os fillos que sean «menores de 26 anos ou que teñan unha discapacidade  en grao superior ou igual o 65%». ¿Qué sucede cos maiores de 26 anos que non traballan nin estudian?. Preme na seguinte ligazón, para ter máis información:


xoves, 28 de xuño de 2012

Onde está o estudio xeotécnico da parcela do novo hospital de Vigo

Segundo publica o xornal "El Pais", os autores del proyecto constructivo atribuen os sobrecostes na edificación a que o Sergas non  facilitóu á concesionaria da obra o estudio xeotécnico da parcela. O Sergas afirma que sí o entregou. O concelleiro Jose Manuel Figueroa comprométese a recabar e comunicar a data en que tal entrega tivo lugar. Non obstante, non o comunica e califica como "exercicio de transparencia" do Sergas a inclusión dos sobrecostes no proxecto, ainda que o Sergas non se vai facer cargo de él. 
Preme na seguinte ligazón, e consulta a nova no xornal "El País":

Queixa formal ante o "Defensor del Pueblo" contra os recortes do Real Decreto-Lei 16/2012.

Hoxe, xoves, 28 de xuño,  CSI-F, UGT, CC.OO e Satse, sindicatos máis representativo do sector sanitario van presentar   ante o "Defensor del Pueblo" unha queixa formal contra a reforma sanitaria do Real Decreto-Lei 16/2012. Para ampliar esta información preme na seguinte ligazón:

mércores, 27 de xuño de 2012

CSI-F propón un pacto de estado para modernizar a Administración e preservar o sistema de Servicios Públicos.


O sindicato lanza un Observatorio para combatir os despidos de empregados públicos en todo o Estado
Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), sindicato maioritario nas AA.PP, ofreceu hoxe un Pacto de Estado ao Goberno e o resto de administracións, forzas políticas e organizacións sindicais, para modernizar a Administración, preservando o sistema de Servicios Públicos, o noso modelo de Estado do  Benestar e a calidade no emprego público.
Para saber mais consulta a web do sindicato premendo na seguinte ligazón:    http://smlk.es/LcUZ3R

martes, 26 de xuño de 2012

CSI-F reuniuse coa Ministra de Sanidade para analizar o RD-Lei 16/2012.

O presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), Miguel Borra, o presidente do Sector Nacional de Sanidade, Fernando Molina e o Secretario de Negociación, José Luis Guerrero, reunironse hoxe coa ministra do ramo, Ana Mato, para analizar o real decreto lei (16/2012). A dita xuntanza igualmente asistiu a Secretaria Xeral Pilar Farjas.
Podes ampliar a nova na web do sindicato CSI-F premendo no seguinte link:

Video explicativo do Real Decreto Lei 16/2012

Como todos sabedes , o día 1 de xullo de 2012, ponse en marcha unha das medidas incluidas no Real Decreto Lei 16/2012, o novo copago farmacéutico. Se queres saber como nos vai afectar esta e as demais medidas recollidas no citado RD Lei  accede a un resumen do mesmo no seguinte vídeo elaborado polo consello estatal de estudiantes de medicina (ceem):

>

luns, 25 de xuño de 2012

Sobrecostes e recortes na edificación no novo hospital de vigo

Segundo publica o diario "El País" a construcción do  novo hospital de Vigo rexistra uns sobrecostes de preto de 8 millóns de euros. A ausencia dun estudio xeotécnico obrigou a modificar a cimentación e a construcción de un vial. Todo isto provocou un desfase nos custos ademáis de un retraso na construcción.
Por outra banda, no mesmo artigo se refiere unha merma importante na edificación, segúndo denuncia a Plataforma en defensa da sanidade publica. Podes consultar o artigo na seguinte ligazón:

Coa Sanidade non se xoga

As organizacións sindicais máis representativas do sector sanitario (FSS-CCOO, FSP-UGT, CSI·F y SATSE) únense fronte á reforma sanitaria que o Goberno aprobou tras o RDL 16/2012 e anuncian unha serie de movilizacións, encabezadas por unha campaña de recollida de firmas. Baixo o lema ‘Con la Sanidad no se juega’, podes asinar unha petición para amosar o rexeitamento desta política do Goberno central, na web das organizacións sindicais ou na seguinte ligazón: 




xoves, 21 de xuño de 2012

PSX, celadores e auxiliares da función administrativa: Nova xeración de listas.

Como xa comentamos nunha entrada anterior, as titulacións de FP2 da rama administrativa e comercial non se catalogaron como mérito na baremación do grupo auxiliar administrativo. Por outra banda, os servizos prestados noutra categoría en institucións sanitarias do SNS na mesma área funcional so foi aplicado nun área funcional pero non en todas as previstas para cada categoría. Estes erros, segundo informa o SERGAS xa foron correxidos. Debido o gran número de persoas afectadas  e sen agardar as listas definitivas (como se dixo nun primer momento), mañá venres día 22 de xuño, vaise proceder a unha nova xeración de listas de admitidos e excluídos e unhas novas listas provisorias de baremación das categorías de PSX, celadores e auxiliar da función administrativa. Na Resolución que se publicará no DOG ese mesmo día, reábrense os prazos de reclamacións ou recurso no seu caso. Podes consultar dita Resolución na ligazón que figura a continuación:

Renuncia condicionada á participación no concurso de traslados.

O Servizo Galego de Saude ven de remitir un correo no seguintes termos: 

Recibidas consultas sobre a posibilidade de renuncia á participación no concurso de traslados, en supostos de participación no mesmo de dous cónxuxes ou parellas de feito debidamente acreditadas, estimamos que ao abeiro das bases da convocatoria, e dentro do prazo de presentación de instancias, é posible a realización dunha renuncia condicionada a que o outro cónxuxe non resulte adxudicatario de todos o algún dos destinos solicitados.

Esta renuncia condicionada deberá realizala cada un dos cónxuxes respecto da súa solicitude inicial, debendo presentar un escrito dirixido á unidade de validación á que se dirixa a instancia de participación e na que se indicará con claridade os termos da renuncia Tal solicitude de renuncia deberá presentarse, xunto coa instancia a que modifica ou copia desta. Deberá aportarse copia del libro de familia ou certificado que acredite a condición de cónxuxe ou parella de feito.

Informe anual del Sistema Nacional de Salud 2010

Na web do Ministerio de sanidade, servizos sociais e igualdade ven de publicarse o informe anual do Sistema Nacional de Saúde correspondente o ano 2010.
Para consultalo preme na seguinte ligazón:

mércores, 20 de xuño de 2012

Comentarios ao Real Decreto 836/2012, de 25 de maio, sobre transporte sanitario por estrada.

Ante as dúbidas xurdidas tras a publicación do Real Decreto 836/2012, de 25 de maio, relativo ao transporte sanitario por estrada, especialmente os relacionados cos conductores, adxuntamos documento con aclaracións ao respecto na seguinte ligazón:

martes, 19 de xuño de 2012

Instruccións para a aplicación dos complementos de IT no SERGAS.

Na ligazón que figura nesta entrada podedes atopar as Instruccións do 24 de maio de 2012, para a aplicación ao persoal de institucións sanitarias do SERGAS e das entidades ádscritas ao SPS de Galicia dos complementos de incapacidade temporal previstos na Lei 1/2012, do 29 de febreiro.


luns, 18 de xuño de 2012

BOE: Regulación transporte sanitario por estrada.

No B.O.E. do pasado dia 8 de xuño publicouse o Real Decreto 836/2012, de 25 de maio, polo  que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
Os novos conductores das ambulancias asistenciais, as que proporcionan soporte vital básico e/ou avanzado, deberán posuir ol título de FP de Técnico en Emerxencias Sanitarias. (Artículo 4 e Disposición transitoria 2ª, punto 1).
Os conductores que actualmente están traballando poderán seguir no seu posto de traballo e incluso aqueles que cumpran unha serie de requisitos poderán obter un certificado individual de habilitación. (Disposición transitoria 2ª, punto 2 y 3).

Non é imprescindible a existencia dun médico nas ambulancias de soporte vital avanzado, só "cando a asistencia a prestar así o requira". (Artículo 4 apartado c).
Se queres consultar o Real Decreto preme na seguinte ligazón:

http://smlk.es/6KaGt9

venres, 15 de xuño de 2012

Grupo Auxiliar da Función Administrativa: Baremación como mérito de FP 2ª grado,, rama administrativa e comercial

Dende a Subdirección Xeral de Xestión e Políticas de Persoal do SERGAS, informannos que se ten detectado  un erro, xa subsanado, na catalogación como mérito de FP 2º grado, rama administrativa e comercial. Esta titulación debe computar como mérito noutras actividades nas categorías de G. Auxiliar da F. Administrativa e PSX, e por un erro de mecanización, non aplicou como mérito á categoría de Grupo Auxiliar da Función Administrativa. 
Debido o  gran número de persoas afectadas e ante as dificultades para a xeración dun novo listado enmendado, informan as persoas interesadas que xa foi subsanado na aplicación e que sairá baremada dita titulación nas listas definitivas.

Grupo Auxiliar da función administrativa, PSX e celador/a: Publicadas as listas definitivas de admitidos i excluidos e a baremación provisional.

 Con data 14 de xuño de 2012 ven de publicarse a Resolución de 6 de xuño de 2012 pola que se publican as listas definitivas de admitidos i excluidos e a baremación provisonal das seguintes categorías:
  • Auxiliar administrativo
  • PSX
  • celadores.
Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet. 
Temos dispoñible modelo de reclamación contra a puntuación obtida. O prazo é de 10 días naturais a contar dende o 14 de xuño. Para poñerte en contacto connosco pode envíar un mail a Csif.Chuvi@sergas.es.

Podes consultar a Resolución na seguinte ligazón:

Publicada a Resolución pola que se abren as listas de contratación para determinadas categorías de persoal facultativo.


Tal e como vos adiantábamos con data 14 de xuño foi publicada  a RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

De acordo co punto 1.4.5 do pacto citado, como consecuencia dos importantes cambios organizativos e de carácter técnico que supón a aplicación do expediente electrónico a procesos de selección, formalízase o inicio do proceso de inscrición para as listaxes seguintes:
1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.
6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

AS PERSOAS INTERESADAS EN FORMAR PARTE DAS LISTAXES DEBERÁN INSCRIBIRSE NOS MODELOS FORMALIZADOS DE INSTANCIA E A TRAVÉS DO CURRÍCULO PROFESIONAL HABILITADO ELECTRÓNICAMENTE NA PÁXINA WEB DO ORGANISMO WWW.SERGAS.ES, NA EPÍGRAFE FIDES/EXPEDIENT-E, IMPRIMIR O FORMULARIO EN PAPEL E FORMALIZAR O REXISTRO ADMINISTRATIVO.

Na inscrición farase constar expresamente a/s categoría/s á/s que opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición.

AS LISTAS XERARANSE COAS PERSOAS INSCRITAS ATA O 14 DE XULLO DE 2012. OS MÉRITOS QUE SERÁN TIDOS EN CONTA NESTA PRIMEIRA XERACIÓN DE LISTAXES SERÁN OS CAUSADOS ATA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2012 COA PUNTUACIÓN E NÚMERO DE ORDE QUE RESULTE DA APLICACIÓN DOS BAREMOS OPE 2008/2009 E DAQUELES QUE SE DETERMINAN PARA AS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS NON INCLUÍDAS NA REFERIDA OFERTA PÚBLICA E QUE FIGURAN NA PÁXINA WEB DO ORGANISMO: WWW.SERGAS.ES

Podes consultar a RESOLUCIÓN na seguinte ligazón:

mércores, 13 de xuño de 2012

Apertura listas de contratación persoal facultativo

O día 14 de Xuño, publicarase a Cuarta convocatoria de listas para as categorías seguintes. O prazo de solicitude abrirase o día 15 de Xuño a través do formulario do apartado de procesos no expedient-e.

ü  Persoal  Médico de familia
ü Persoal Médico de urxencias hospitalarias
ü Pediatra de Atención Primaria
ü Médico/a coordinador/a do 061
ü Médico /a asistencial do 061
ü Médico/a Especialista en medicina do traballo


Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes dende o día  15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas

Para calquera dúbida ou incidencia podedes contactar con nos: Csif.Chuvi@sergas.es


Listas de contratación auxiliares administrativos, PSX e celadores Sergas

O día 14 de Xuño publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluídos de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais e celadores. Así tamén a baremación coa puntuación e número de orde provisional. Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet.

Facilitaremos modelos de reclamación por si fora de utilidade para formalizar as posibles reclamacións contra a puntuación obtida. Ter en conta que o prazo é de 10 días naturais  a contar dende o día 14 de Xuño.

Contacto: Csif.Chuvi@sergas.es


CURSO OBTENCIÓN GRAO PARA FISIOTERAPEUTAS AFILIADOS A CSI-F

CSI-F Sanidad e a Universidade Europea de Madrid rematan de asinar un convenio para facilitar o acceso aos afiliados de CSI-F que sexan FISIOTERAPEUTAS á oferta de estudios de formación Profesional, Grao y Postgrao , con precios e condicións especiais.
Para ampliar a información, así como para realizar a matrícula, os interesados debedes de contactar con Pablo Buron, que vos indicará os pasos a seguir. Podes ver o cartel do curso coa información de contacto na seguinte ligazón:


    O CURSO COMENZA O VINDEIRO DÍA 30 DE JUNIO DE 2.012.

martes, 12 de xuño de 2012

Acordo sobre xestión das listaxes "pool" nas institucións sanitarias do SERGAS.

Como ben sábedes, o día 30 de maio publicouse no DOG a Resolución  da Dirección de RRHH, pola que se publica o acordo sobre a xestión das listaxes de vinculación temporais de curta duración no Servizo Galego de Saúde. Na ligazón que figura na parte inferior podedes acceder a dita Resolución

luns, 11 de xuño de 2012

O personal laboral fixo público terá prioridade de permanencia en caso de despido

 

Segundo publica na sua edición do fin de semana o diario económico Cinco Días , o Grupo parlamentario popular no Senado introduxo o xoves unha enmenda a reforma laboral instando a que o persoal laboral fixo teña prioridade de permanencia en caso de despido. Se ben non evita a posibilidade de despedir a este colectivo formado por 700000 persoas, tal e como demanda o sindicato CSI-F.
Para ver a nova completa pulsa na seguinte ligazón:

CSIF reúnese con PP e PSOE no Senado para evitar os despidos de empregados publicos na reforma laboral

 

Se queres mais información pulsa na seguinte ligazón.